Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

5º e 6º xuntos

(2021-2022) Comezamos

Despois dun tempo coñecéndonos, o grupo dos maiores xa estamos a tope. Estivemos aprendendo sobre células e esta semana puxémonos mans á obra para crear os nosos propios modelos.

Deixámosvos unhas fotos de mostra.

Ata a próxima!

(2020-2021) - Obradoiro de arte rupestre

Hoxe tivemos unha visita !!!!!! Tal e como andan as cousas non é o normal, pero tomando todas as medidas de prevención e distanciamento, Tania e Fátima, do Parque Arueolóxico de Campo Lameiro, nos invitaron a viaxar no tempo...

E, despois de coñecer un pouquiño máis sobre esta época da historia, metémonos en faena e ensináronnos a facer un colar...

Primerio démoslle forma, logo debuxamos motivos rupestres nas contas, despois fixemos un buraquiño para meter o cordel, e este foi o resultado:

CHULÍSIMOS TODOS !!!!!!

(2020-2021) ARTE RUPESTRE NO COLEXIO

O vindeiro día 9 de outubro teremos un obradoiro para o alumnado de 5º e 6º organizado polo Parque arqueolóxico de Campo Lameiro.

Esta actividade commezará ás 10:00 h, e leva por título:

" Gravuras e atavíos máxicos ". Despois dunha introducción sobre o megalitismo, cada estudante creará un abalorio (colar) moi similar aos atopados nos monumentos megalíticos.

Xa vos contaremos como vivimos esta experiencia!!!!

(2019-2020) Comezamos a crear o noso xogo de tenis, e a traballar co m-bot, na área de robótica durante este primeiro trimestre.

As compañeiras e os compañeiros de sexto teñen como área de libre elección "robótica". Na sesión están presentes tamén os nenos e nenas de 5º traballando cos diferentes robots.

Comezamos a crear o noso videoxogo de tenis empregando o "mblock", para coas mesmas instrucións aprender a programar os m-bots.

 

Traballamos en equipo para acordar, deseñar, planificar e construír diferentes robots que permitisen superar os diferentes retos plantexados. Empregando diferentes coñecementos lóxico-matemáticos que xa tiñamos, aplicándoos en situacións reais.

  

 

Nunca está mal algunha que outra competición entre equipos, cos nosos diseños tanto de construción como de programación.

 

 

Descubrimos como funcionan algúns dos sensores e aprendimos do erros cometidos.

 

 

Levamos a cabo unha autoavaliación do noso traballo en equip para valorar o funcionamento do mesmo. 

 

Ó longo do segundo trimestre remataremos os nosos xogos e poderedes xogar con eles nesta mesma web.

Tamén comezaremos a traballar no gran reto de fin de curso cos m-bots... pero diso xa vos iremos contando moitas cousas o vindeiro trimestre.

 

Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.

(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.

 

 

 

 

(2018-2019) Planificamos, deseñamos, construímos e programamos os nosos m-bot para a competición robótica

O 19 de xuño tería lugar a gran competición de robótica do colexio. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º, dentro da área de Libre Elección de Robótica, adicaron as sesións deste terceiro trimestre a preparar os seus m-bots.

Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un m-bot para que puidese superar as tres probas plantexadas. 

 

Foi necesario ir probando que deseño era o que mellor funcionaba, buscar solucións ós problemas que ían xurdindo e lembrar todo o que aprendéramos sobre programación ó longo do curso para facelo posible.

 

Cada equipo, incluídos os dos profes, tería que superar tres probas:

  1. Deter o m-bot cando se atopase un obstáculo
  2. Deter o m-bot cando cruzase unha liña negr
  3. Loita con outro m-bot dentro do "circulo negro"

 

Foron precisos moitos intentos, ensaios e erros para dar co deseño e programación máis axeitada para superar os retos propostos.

 

Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso

(2018-2019) Continuamos a afondar no uso do m-bot neste segundo trimestre... xa estamos preparados para afrotar o gran reto de fin de curso.

Neste segundo trimestre, os compañeiros de 5º e 6º, na área de Libre Elección de robótica continuaron a afondar no coñecemento do m-bot, tanto na súa parte de programación como no "tuneado" da súa estructura.

Por suposto primeiro houbo que montalos.

 

Tuneámolos como consideramos a súa estructura, pensando como facer que fose viable para o seu funcionamento. 

 

Así de orixinais quedaron as súas creacións:

 

Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.

Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.

 

[5º e 6º xuntos]  01/12/18: (2018-2019) Aprendemos a programar e a mover o m-bot neste primeiro trimestre nas clases de robótica en 5º e 6º 

(2018-2019) Aprendemos a programar e a mover o m-bot neste primeiro trimestre nas clases de robótica en 5º e 6º

 Este curso iniciamos no noso centro a implantación das áreas de Libre Elección de Centro, adicadas a robótica. A partir do currículum elabordo no curso pasado puxemos en práctica un obradoiro semanal para os niveis de 4º e 6º de primaria, no que que tamén participan os compañeiros de 3º e 5º respectivamente.

No caso dos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º durante este primeiro trimestre, tras organizar os seus equipos cooperativos, para o traballo nos obradoiros, descubrimos todo isto:

Descubrimos como funciona a pirámide holográfica e como crealos e experimentamos se tamén sucedía empregando outra figuras xeométricas en volume.

 

Serías capaz de debuxar un círculo co pro-bot programando distancias e ángulos?

 

Deseñamos un xogo de "penaltis" con m-block para aprender o seu funcionamento e poder usalo para mover o  "m-bot". Cada un dos equipos creou o seu xogo.

 

Se queres ver tódolos proxectos (xogos que creamos) no obradoiro de 5º e 6º, co m-block (scratch) podes facelo de seguido.

Podes atopalos todos no sitio online de Scratch, na conta do colexio:

 

https://scratch.mit.edu/users/colexiocampolameiro/

 

Con estes mesmos códigos puidemos comezar a explorar como se pode mover programándooñ

 

Como último reto cada equipo tivo que seguir unhas instrucións para crear un pequeno "xogo" que cumplise os criterios, acordando os roles dentro do mesmo e chegando a acordos.

 

No seguinte trimestre seguiremos afondando no noso traballo nos obradoiros, encamiñados ó gran reto final de final de curso. Pero antes teremos que "construír" todos estes m-bot que recibimos co equipamento de "robótica educativa" no que participa o centro.

 

 

Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.

Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.