Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

(2022-2023) Curtametraxes de medo para o obradoiro de Samaín

De seguido podes atopar as ligazóns a diferentes curtamentraxes, para empregar nos obradoiros do Samaín:

        

(2021-2022) Celebramos un entroido “De cómic"

Este curso, para celebrar o Entroido, cada curso escolleu un cómic, como tema para o seu disfraz.

Os de infantil convertíronse en "Súper López"

 

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 1º escolleron disfrazarse de "Lucky Luk e os irmáns Dalton".

  

A clase de 3º e 4º convertiuse na aldea de Asterix e Obelix.

 

   

Os pitufos de 5º e 6º pasaron todo percorrido escapando de Gárgamel.

   

Percorrimos as rúas do Concello cos nosos disfraces.

   

Se te perdiches o desfile, podes velo de seguido, neste vídeo.

 

Podes ver tódalas fotografías da celebración do Entroido na seguinte galería fotográfica:

(2021-2022) Álbum: Entroido de Cómic - febreiro 2022 

    

Lembra visitar os diferentes  blogs recantos, para atopar máis entradas publicadas sobre os traballos previos para facer posible este desfile.

  

(2021-2022) O porcoespín Serafín manda...

Ó longo desta semana de entroido o Porcoespín Serafín manda que tariamos.... 

Revisa esta páxina para ver as actualizacións.

LUNS (Proposta de Educación Infantil)

        

MARTES  (Proposta de 1º e 2º)

    

MÉRCORES  (Proposta de 3º e 4º)

   

XOVES  (Proposta de 5º e 6º)

    

VENRES

Desfile do entrodio polas rúas do Concello.

(2021-2022) Celebramos o Samaín participando en obradoiros e cunha exposición de cabazas terroríficas.

Coa chegada do Samaín decoramos os corredores do centro que quedaron "terroríficos".

   

O día do Samaín, para celebrar unha das festas que máis nos gustan, organizamos unha serie de obradoiros nos que paticiparon tódolos nenos e nenas:

   

OBRADOIDO DE BAILE:

No que cada un dos grupos grabou un vídeo dunha coreografía, "terrorífica", que ensaiaran co profe Paulo.

Podes ver como quedaron os vídeos dos bailes de cada unha das aulas na seguinte ligazón:

(2021-2022) Bailes terroríficos na celebración do Samaín [VÍDEOS]

        

OBRADOIDO DO FOTOMATÓN TERRORÍFICO:

No obradoiro do fotomatón terrorífico, grazas a un chroma verde, foron escollendo que fondo querían usar, para "posar" dando moito medo.

   

Fai click sobre a imaxe de cada grupo para ver tódalas fotos tomadas, por cada aula, no fotomatón.

INFANTIL:

1º e 2º                                               3º e 4º:

5º e 6º:

        

OBRADOIRO DE MANUALIDADES:

No obradoiro de manualidades desenvolveron a súa creatividade máis terrorífica:

       

OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES DE MEDO:

Na biblioteca visionamos varias curtametraxes "de medo".

    

Podes ver moitas máis fotografías do que fixemos nos diferentes obradoiros, na galería fotográfica, na seguinte ligazón:

(2021-2022) ÁLBUM DE FOTOS - Obradoiros e celebración do Samaín

   

Tamén organizamos a nosa tradicional exposición - concurso de cabazas do Samaín que, gracias a colaboración das familias, quedou así de fantástica.

             

Despois de que cada quen votase ás súas cabazas favoritas, e tras un reñido reconto...

     

...  por fin se deron a coñecer as máis votadas de cada unha das aulas.

       

Tamén se entregaron diploma ás cabazas máis orixinais. 

     

Podes ver moitas máis fotografías da entrega de premios e diplomas ás cabazas da exposición, na galería fotográfica, de seguido:

(2021-2022) ÁLBUM DE FOTOS - Obradoiros e celebración do Samaín

   

(2021-2022) Xa podes ver as imaxes terroríficas, que tomástedes no obradoido de Fotomatón do Samaín

No obradoiro de "fotomatón", durante a celebración do Samaín no colexio, o 29 de outubro, creástedes todas estas imaxes.

Fai click sobre a imaxe de cada grupo para ver tódalas fotos tomadas por cada un.

INFANTIL:

    

1º e 2º:

   

3º e 4º:

    

5º e 6º:

    

Lembra que podes ver todo o que fixemos durante a celebración do Samaín no colexio, nas diferentes entradas publicadas ó respecto neste mesmo blog.

(2020-2021) Homenaxeamos a Xela Arias no Día das Letras Galegas.

Celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Xela Arias e recuperando cantigas tradicionais en galego.

Ademáis creamos un programa de radio especial sobre a autora homenaxeada.

Podes ver todo isto no seguinte vídeo.

Lembra que este programa de radio está tamén dispoñible en "Radio O Cervo", á que podes acceder desde a parte superior da web.

(2020-2021) Instrucións de Serafín o porcoespín para a semana do Entroido.

O LUNS:

"Se te quedas a durmir, cun pixama tes quev vir"  

Escollido por E.I.

   

O MARTES:

"Do pescozo para arriba, podes traer o que queiras: maquillaxe, lazos, sombreiros ou viseiras"

Escollido por 1º e 2º

   

O MÉRCORES:

 

"Se guapo queres estar, garabata, paxariña ou lazo, terás que levar"

  Escollido por 3º e 4º

  

O XOVES:

"Se a Serafín queres compracer, disferaz libre tes que traer".

Escollido por 5º e 6º   

 

   

O VENRES:

Celebración no centro con disfraces elaborados por eles nas aulas.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.