Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro

Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprían anos MARTIÑO, NORA e YARA, quenes foron os encargados e encargadas de escoller unha tarta do noso libro de receitas

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

   

Xunto aos compañeiros e compañeiras de cadansúa aula, prepararon as camisetas de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

     

Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    


  

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.

  

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz", "parabés para ti" e "Happy Birthday to you". 

  

  

     

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado e  ashomenaxadas repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.

   

Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir. 

 

   

(2023-2024) Un novembro cheo de cor violeta, castañas, xogos rupestres e moito máis!

Menudo mes de novembro! Entre a celebración do 25N, o Magosto, a elaboración dos xogos rupestres, as rutinas, a búsqueda das letras... e moitas outras cousas máis, o mes pasou voando. Vamos a intentar facer un resumo, pero seguro que se nos queda algo atrás. Comezamos!

Este mes terminamos de buscar as vogais, o que significa que podemos comezar coas consoantes. Como podedes ver nas fotos, as letras poden aparecer en cada curruncho da escola. Pero iso non e toda, pois traen consigo toda clase de olores e sabores novos e coñecidos que son todo un reto adivinar. E por suposto, complementamos este traballo do gusto e o olfato, tamén co oído, pois cada semana aprendemos unha canción nova para afianzar o aprendizaxe de cada letra.

Outra das celebracións deste mes, foi a do "Día Mundial da Infancia" o día 20 de novembro. Cada clase elaborou un globo onde describimos os distintos dereitos da infancia. Esta actividade supuxo unha charla sobre os mesmos, e unha posta en común de toda a escola, onde aprendemos sobre aquilo ao que temos dereito polo feito de ser nenos e nenas. Podedes ver máis sobre esta actividade aquí.

Nas clases de alternativa a relixión, continuamos a expresarnos artísticamente con distintos materiais. Entre outras actividades, unha das nosas favoritas foi esta, na que pintamos un fantasma con témpera e pompóns. Foi moi divertido, e por suposto puxémonos ata arriba de pintura.

Para os que vichedes a entrada do blog do mes pasado, sabedes que estivemos a preparar uns xogos rupestres para o calendario de advento do Parque Arqueolóxico. O mes pasado elaboramos o puzle, e este mes nos centramos en outros dous xogos. Un deles era un xogo de abalorios rupestres, así que usando barro, moldes e rodillos; fixemos unha réplica de pezas para facer collares imitando o efecto de prata, ouro e bronce. Por outraparte, tamén fixemos un xogo de estampado, para facelo pintamos follas e as estampamos para facer un debuxo nunha camiseta. O resultado foi chulísimo, estamos desexando que os nosos compañeiros e compañeiras poidan velo.

Tamén celebramos o cumple de Mario, que cumpliu 5 anos. Como podedes ver nas fotos, pintamos unha camiseta de Chase como agasallo e preparamos unha deliciosa tarta que desfrutamos na súa festa de cumple. Para máis fotos da celebración podedes consultar a entrada que dedicamos aos cumples do mes de novembro aquí.

Tamén incorporamos unha nova rutina as tarefas de encargado, e consiste en sumar e restar. Cando realizamos o conteo da cantidade días de sol, choiva, nubes... que levamos ao longo do mes, escollemos dous deles para tomar de referencia para sumar. Para facelo máis visual, apoiamonos dun xogo para facilitar a comprensión destas operacións simples.

Por suposto o calendario segue a sorprendernos cunha chea de xogos tan divertidos como o mahjong ou o aforcado; actividades de manexo do rato; a exploración de distintas rexións do noso mundo... En resumo, cada vez que traballamos o calendario, nos levamos unha sorpresa co que sexa que esconde. E por suposto non nos podemos olvidar das nosas "Revolucionarias", pois a estas alturas de curso xa coñecemos a vida de máis de quince mulleres que cambiaron o mundo.

Tamén incorporamos unha sesión semanal ao xogo sensorial con area; e tamén ao traballo con puzles. Unha forma divertida de estimulación sensorial, e tamén do desenvolvemento do razonamento lóxico. Pouco a pouco ampliaremos con máis actividades para traballar ambos aspectos, aínda que por agora parece que a area chega para quedarse, a todos os nenos e nenas encántalles!

Para os habituais do noso blog, sabedes que a pintura é obligatoria todas as semanas. Tanto podemos colorear un cadro de un artista, como podemos poñernos o mandil, ou a chaqueta, e expresarnos artísticamente con diferentes soportes. Este mes experimentamos moitos, e ademais de pintar cos "sticks de témpera", tamén pintamos con sal, continuamos traballando a técnica do collage e o recortado; e como xa teredes visto os que nos seguides en Instagram; fixemos unha actividade de Land-Art que foi todo un éxito.

Non nos olvidamos doutra data importante, o 25N ou "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", onde levamos a cabo a actividade "Poesía por e para elas" (podedes ver en que consistiu esta actividade aquí). Pero antes de actividade, nos decidimos reunirnos para compartir as nosas poesías e falar sobre a violencia,e porque as mulleres son as principales víctimas desta problemática. Sen dúbida un momento de reflexión que nos permite entender que o cambio está nas nosas mans.

Tamén atopamos tempo para afianzar os aspectos de conciencia léxica, silábica e fonémica; e o fixemos con xogos tan chulos como estes. Educación Infantil e o momento perfecto para sentar as bases, e deste xeito chegar a Primaria cunha boa base para a lectoescritura. Así que dende a clase, imos traballando de acordo ao nivel de cada neno e nena para chegar ao seu máximo potencial neste aspecto.

Outra actividade que surxiu, foi a de aprender máis sobre o noso corpo. O fixemos coa canción de Migallas sobre o noso esqueleto, un filtro de Tiktok e unhas tesoiras. Puidemos aprender máis sobre como é o noso corpo por dentro, e o mellor e que o fixemos da forma máis divertida que hai, cantando e bailando!

Fixemos varias visitas a biblioteca, como xa é costume, para ler, debuxar e incluso participar en algún que outro xogo de reforzo da lóxica-matemática. Ademáis de retomar a mochila viaxeira que, semana a semana, o Porco Espín Serafín prepara con moito agarimo xunto a unha resposta aos mensaxes que lle deixamos na súa libreta.

E por último pero non por iso menos importante, temos o Magosto. Unha das nosas festas favoritas, para as cales preparamos as nosas cestas de castañas, recollimos follas, trouxemos castañas, participamos en toda clase de xogos... Un día moi divertido, sobre o que podedes ver máis fotos en esta entrada.

Sen dúbida un mes do máis completo. Recordade que se queredes ver máis fotos, as podedes atopar na galería fotográfica da escola. Ata a próxima vez!

(2023-2024) E ademais... no mes de novembro

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Participamos nas activiades organizadas no centro polo 25N "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Lendo poesías ao respecto que trouxemos da casa

  

Participamos nas activdades do aniversario da "convención dos dereitos do neno e da nena", escribíndoo algúnd eles en globos e léndoos, xunto co dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

    

Continuamos a completar a noso dicionario xigante (e individual), empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

    

   

Asistimos, en Pontevedra, a unha fantástica actuación musical no edificio de "A Fundación"

     

Comezamos a levar para casa, por quendas, os venres a mochila viaxeira. Grazas ao Beebot sorteamos a orde en que as iremos levando ao longo do curso. 

   

Despois de debuxar a silueta do profe entre todos e todas, convértimola nun monstruo, no que fomos pegando os nosos medos.

   

Desenvolvimos as nosas habilidades creativas pintando con témpera, seguindo as consignas acordadas, poñéndonos dacordo dentro de cada equipo cooperativo.

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, como por exemplo nas rutinas do encargado que continuamos a desenvolver cada día, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

(2023-2024) Experimentamos cun fluído non newtoniano... Queres saber como facelo? Mira o vídeo que creamos

Para o primeiro experimento deste curso empregaríamos o seguinte material: Maizena, auga e un bote...

Que poderíamos facer con todo iso?.

A través do diálogo fomos plantexando diferentes hipóteses sobre o que sucedería ao mesturalos.

     

Exploramos sensorialmente as características físicas da Maizena.

    

Mesturamos os materiais, ata conseguir unha pasta.

   

Descubrimos que se lle dabamos un puñetazo forte quedaba "súper duro", pero se o facías frouxo era "súper brando"

   

Miramos tamén un vídeo no que encheron unha piscina con este "fluido non newtoniano", que así se chamaba segundo nos dixo o profe. Podían camiñar sobre el se daban pasos fortes, pero se daba pasos despacio afundían.

 

   

Nesta ocasión correspondeunos aos compañeiros e compañeiras de INFANTIL 2 crear o vídeo do experimento. Por sorteo correspondeulle ao equipo LEÓN.

Os integrantes do equipo de modo coordinado e acordado, elaboraron o panel dos materiais, que se usaría no vídeo e repartiron que faría e diría cada un na rodaxe do vídeo.

Así quedou o vídeo unha vez rematado, para que poidas repetir os pasos na túa casa. 

  

Tan só nos restaba anotar o observado no experimento, no noso caderno de campo individual.

   

Podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

   

 

(2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso

Por fin chegou o gran momento, tiñamos que decidir entre todos e todos cal sería o tema da nosa primeira investigación deste curso.

Despois de varios diálogos, e a través dunha choiva de ideas, fomos escribindo unha lista de posibles temas, indicando para cada un deles que é o que queríamos descubrir, ou porque considerábamos que ese tema sería interesante.

   

A partir desta lista despois dunha serie de votacións sucesivas, quedámonos con estes 4 temas posibles.

   

Chegou entón o momento de participar da votación final, nunha papeleta que elaboramos, cada quen foi elixindo "en secreto" o seu tema favorito.

   

Vixiados pola "presidenta da mesa electoral", KARINA que era encargada ese día, todos e todas fomos votando, metendo o noso voto na urna. A "presidenta" foi tachando na lista quen votaba, identificado/a polo seu carnet QR, para que non o puidera facer dúas veces.

      

Rematada a votación comezou o momento máis emocionante, o reconto de votos.

   

Despois dunha axustada votación o gañador foi o tema do "PEIXES" con 5 votos.

   

Xa co tema elixido comezamos a preparar o mural da investigación.

  

Nel anotamos o título do proxecto e "os productos finais da investigación", que acordamos que serían: "crear un documental" e "facer un álbum de peixes".

   

Así quedou anotado, entre todos e todas, no mural da investigación.

       

Comezamos a plasmar tamén no mural,  as diferentes fases do proxecto.

Fomos dicindo e anotando todo que xa sabíamos, ao final do proxecto, xa coas respostas atopadas, voltaremos a consultar quen estaba no certo ou non, ou que coñecementos estaban incompletos.

    

Tamén anotamos o que queremos saber, plantexando as preguntas que investigaremos no proxecto. Todos xuntso e xuntas cordamos como redactar as nosas preguntas sobre o tema.

 

   

Pouco a pouco fomos completando as primeiras partes do noso novo proxecto no mural. 

    

Tan só nos quedaba anotar "en que fontes de información" poderíamos buscar as respostas.

 

   

Escribimos unha nota para pedir "axuda" na casa, coa procura de información.

 

     

Ao día seguinte, xa comezamos a recibir o primeiro material para engadir no noso recanto da investigación.

   

Nas vindeiras semanas continuaremos a recibir información e comezaramos a buscar as respostas ás primeiras preguntas.

Poderedes estar ao tanto da nosa investigación neste mesmo blog.

   

  

 

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro

Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos MARIO, quen foi o encargado de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

    

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

    

Xunto aos compañeiros e compañeiras das súa aula, prepararon a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

    

Cos ingredientes que trouxera, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

  

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.

  

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

 

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz"

    

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado repartise a tarta entre os seus convidados e convidadas.

   

Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir. 

 

   

No vindeiro mes de decembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

(2023-2024) Traballamos e celebramos o Magosto con xogos tradicionais e comendo castañas

O día 13 de novembro, tal como tiñamos indicado nos calendarios online das nosas aulas, tería lugar a celebración do Magosto no colexio.

Tal como lembramos mirando a páxina web do colexio, do curso pasado, participaríamos en xogos tradicionais e comeríamos castañas asadas.

Para poder meter as castañas, creamos un "cesto castaña" feito con pratos de cartón. Así foi como os creamos.

    

Empregamos tamén follas que había no patio para decoralas. Cada unha das aulas organizou o proceso para poder crear estes fantásticos cestos.

 

   

Fomos xuntando, cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, moitísimas castañas, para poder asalas o día da celebración do Magosto. 

   

Cando chegou o día, o profe Paulo foi o encargado de asalas, fomos a visitalo para ver que tal levaba o traballo.

   

Mentras se asaban as castañas, particiamos nunha chea de xogos tradicionais no pavillón, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

   

Rematados os xogos, e xa coas castañas asadas, chegou o momento de comelas. 

Estaban boísimas!!!

 

   

Podes ver tódalas fotografías desta celebración, celebrada no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM - GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2024) Magosto 2023

 

    

(2023-2024) Este mes non paramos nin un segundo, benvidos e benvidas a entrada do blog de outubro!

Rematou outubro. A uns podeu pasarlle rápido, a outros lento, a outros indiferente... e logo estamos nós, que o pasamos traballando un montón. O curso acaba de comezar, pero non temos tempo que perder, pois temos moitas ideas e pouco tempo para levalas a cabo. Así que, ao igual que facemos na clase, toca poñernos mans a obra cunha nova entrada do blog! Esta vez, faremos un breve resumo de todo o que fixemos en outubro. Recordade que estas fotos son só unhas mostras, se queredes ver todas as fotos das actividades do mes podedes facelo AQUÍ.

Comezamos co máis típico do mes de outubro, o Samaín. Supoño que xa todos e todas teredes vista a entrada correspondente a todo o que fixemos para esta celebración. Os que aínda non tivestes a oportunidade, podedes botar unha ollada AQUÍ. Preparamos a decoración coa axuda dos maiores nalgunhas ocasións, pintamos un castelo xigante, e ata compuxemos (os nenos e nenas a historia e o profe a rima) e escribimos un poema en conxunto co que conseguimos un dos premios do concurso de poesía terrorífica.

Este mes comezamos tamén unha nova actividade, a búsqueda das letras. Todos os lunes, as letras do abecedario se esconden por todo o cole para que as busquemos. Xa atopamos a A, E, I e O; pero o curioso é que estas letras levan con elas unha maleta. E isto se debe a que as letras non só sirven para ler... Tamén teñen cheiro! E cada vez que atopamos unha, tentamos adiviñar a que cheira cada letra. Xa descubrimos que a letra "A" cheira a albahaca, que a letra "O" cheira a orégano... En conclusión, comezamos a semana a tope buscando estas letras tan viaxeiras.

Celebramos o "Día da Non Violencia" cunha asamblea onde falamos das consecuencias e alternativas a violencia, ademáis de preparar e xerar uns carteis que repartimos por toda a escola para amosar que na nosa escola non toleramos ningún tipo de violencia.

Tamén retomamos o traballo cos nosos diccionarios xigantes e pequenos. Os maiores xa son uns expertos, así que estamos traballando de forma coperativa, de xeito que os maiores titoricen aos seus compañeiros e compañeiras pequenas en canto a como facer este traballo. Por agora está funcionando moi ben, seguro que dentro de nada os máis pequenos e pequenas xa o poderan facer por si mesmos.

Pero o movemento no para nin cando os compañeiros e compañeiras teñen clase de relixión. Durante a hora de alternativa estamos facendo toda clase de actividades artísticas. Pintamos con espuma, con moldes de plastilina, con esponxas... Ata pintamos cos pés! Sen duda unha das horas máis divertidas de toda a semana.

No que se refire as letras, non só as buscamos e as cheiramos, tamén xogamos moito con elas (os pequenos cos maiúsculas, e os maiores coas minúsculas). Deste xeito, reforzamos aspectos como a identificación, os sons e os trazos; e deste xeito afianzamos un proceso de lectuescritura máis sólido. E por suposto, o pasamos xenial aprendendo!

E como xa somos bastante maiores, as clases non se reducen ao espazo de aula, senón que nos imos movendo por todo o cole. Un dos nosos espazos favoritos e a biblio, que ademais de usar para ler contos, tamén visitamos para buscar información, pintar, aprender... Sempre coa axuda da profe Zaira, que sempre nos fai todo moito máis sinxelo.

Nos pouxos ratos que temos libres, continuamos desenvolvendo a percepción sensorial con materiais de distintas texturas. Por agora estamos traballando con plastilina, area de cores e pasta de letras. Nalgúns casos xogamos de forma libre, outras con obxectivos marcados e outras simplemente ocurren cousas tan chulas como o día que conseguimos facer todas as vogais en maiúscula e minúscula con plastilina! Estes rapaces e rapazas están feitos uns campeóns!

Por suposto, o noso proxecto anual de claendario xa está en marcha tamén. Con esta actividade diaria traballamos os números, a temporalidade, historia... en realidade é difícil resumir todo o que facemos cando abrimos o calendario porque as actividades poden variar tanto como facer un cadro con circunferencias, resolver un crucigrama, elaborar o noso propio periódico coa técnica do collage, escoitar a historia dalgún personaxe histórico importante... e este curso, por encima de todo, dar visibilidade as mulleres non sempre visibilizadas, pero si fundamentais para avanzar hacia unha sociedade onde a iguladade sexa unha realidade.

Por se isto non fose pouco, tamén nos metimos de cheo nun proxecto colaborativo co Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. A nosa clase é encargada de facer tres xogos: un crebacabezas rupestre, un set de estampado con follas e uns abalorios para elaborar collares rupestres. No caso do estampado e os collares estivemos practicando antes de poñernos a traballar, o crebacabezas por outra parte xa esta feito e listo para a sorpresa que estamos preparando para decembro.

Os pais e nais dos nenos e nenas de EI1 xa o saberedes porque o teredes na casa, pero tamén fixemos o noso propio horario da semana con recortes. Deste xeito podemos anticipar que faremos cada día e planificarnos mellor no día a día. Quedou chulísimo (casi tanto como traballo costou facelo).

Por suposto retomamos un clásico xa en infantil, que son os nosos xogos de lóxica-matemática. Iso si, como este ano somos un pouco máis maiores, o grado de dificultade aumentou un pouco, de xeito que non quede outra que poñer a cabeza a funcionar as máximas revolucións.

E por suposto, elaboramos as nosas normas. Como xa as acordamos nunha asamblea en septembro, agora solo nos quedaba plasmalas e poñelas nun lugar visible da nosa aula. En verde o que se pode facer, e en vermello o que non; acompañado de fotos que representan cada norma. Xa non hai excusa para non portarse ben no cole!

Tal e como imos facer agora neste blog, que parece que nunca acaba, tivemos tamén algún que outro parón para descansar e xogar ao noso aire porque... hai que admitilo, o profe é un pouco pesado e hai que aproveitar os momentos nos que se pode desconectar e xogar a... a... Todavía non sabemos ben a que estaban xogando nas fotos, así que aceptamos suxerencias sobre que credes que están a facer nas fotos!

Como parte do CPInclúe, na súam odalidade Iguala-T que comezamos este curso, aproveitamos o noso calendario de aula para visibilizar as mulleres destacadas na historia, tal e como vos falamos antes. Así que cada vez que celebramos unha data importante relacionada cunha muller, preparamos unha pequeña lámina-resumo da súa aportación, escribimos o seu nome, e o compartimos fora da aula para dar a coñecer cantas heroínas descoñecidas hai na historia da nosa sociedade.

E xa por último, celebramos os aniversarios de outubro. Na nosa clase estivo de cumple Miguel Ángel, e por suposto lle prpearamos unha camiseta e unha coroa de regalo, ademais de unha deliciosa tarta que se comeron entre todos, mentres os pobres mestres limpaban os pratos. Xa veredes xa cando cheguen os nosos aniversarios...

E con isto rematamos! Se chegaches ata aquí, parabéns. Foi unha entrada moi larga, pero tamén o foi este mes. E non vóos digo nada de outubro, aina temos moito por facer e por aprender, así que estade atentos porque pronto volveremos con máis!

(2023-2024) E ademais, no mes de outubro, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, e outra chea de responsabilidades.

  

Comezamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

       

Comezamos o préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

 

Traballamos o día da "non violencia".

   

Recibimos a visita dunha reponsable do Parque Arqueolóxico da Arte Rupueste de Campo Lameiro, para preguntarnos como fixeramos o noso traballo para eles

Podes ver como che contamos a creación dos nosos xogos rupestes na seguinte entrada:

(2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre 

  

Recibimos novo mobiliario para a aula, e tivemos que acordar onde poñer cada "cousa".

 

    

Participamos nunha formación na "Biblioteca do colexio", a cargo da profe ZAIRA.

 

   

    Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

    Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

    (2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos

    Coa chegada do mes de outubro anotamos no noso calendario online, unha das datas que máis estabamos a agardar: A celebración da festa do Samaín.

       

    Lembramos mirando a web do colexio todo o que fixéramos o curso anterior, para contarllo tamén aos novos compañeiros e compañeiras.

        

    Contamos contos de medo e debuxamos bruxas, pantasmas, monstruos...

        

    Para decorar o noso corredor, creamos estes simpáticos morcegos que penduramos do teito.

     

       

    Estes morcegos estarían dentro do "castelo de Drácula" que pintamos entre todos e todas. 

        

    Así de fantástico quedou unha vez rematado.

       

    En infantil 2 deseñaron e crearon a súa propia cabaza de Samaín.

       

    Tamén preparamos as "notas" paras ás nosas casas, onde se explicaba o concurso-exposición de cabazas, e todo o que sucedería na festa do Samaín no colexio. 

       

    A profe ZAIRA recolleu as poesías teorroríficas que trouxemos da casa, e a que escribimos entre todos e todas.

       

    Pouco a pouco foron chegando a nosas cabazas á clase, listas para engadilas á exposición, xunto ás dos demais compañeiros e compañeiras do colexio.

        

    O día da celebración do Samaín, participamos nos obradoiros xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o centro.

    Pero antes unha foto de grupo, con todos e todas difrazados:

       

     

    Obradoiro de cociña terrorífica, co profe PAULO:

       

    Puidemos comer as "momias que cociñamos" durante a merenda. 

         

    Curtametraxes de medo:

        

    Fotomatón terrorífico:

      

    Podes ver todas as fotos que fixemos facendo click nas seguintes imaxes: 

       

    Manualidades terroríficas, coas profes ZAIRA e MARTA:

     

        

    Participamos tamén na votación das nosas cabazas favoritas.

         

    Podes ver tódalas cabazas da exposición no seguinte vídeo

      

     

    Para rematar a xornada participamos na entrega de premios ás cabazas máis votadas, e dos diplomas en diferentes categorías. 

      

    Tes máis información sobre estes obradoiros na seguinte entrada:

    (2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos 

    Podes ver como foi a celebración do Samaín en todo o centro, cos obradorios e exposición de cabazas, na seguinte entrada:

    (2023-2024) ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Obradoiros do Samaín 2023

      

    Distribuir contido

    Acceso rápido

    Punto Laranxa contra o acoso escolar

    Formación do profesorado

    Proxectos T.I.C. do centro

    Eleccións ó Consello Escolar

    Eleccións ó Consello Escolar
    Infomación do proceso

    Usuarios conectados

    Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.