Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

Plan Director: concienciándonos en seguridade

Os días 3 e 10 de marzo, leváronse a cabo no centro charlas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.

Tratábase dunhas poñencias que formaban parte de Plan Director, implementado pola Garda Civil, e que teñen como obxectivo concienciar de maneira eficaz ao alumnado en temas relativos á súa seguridade, así como á convivencia no entrorno escolar.

         

Os temas a tratar foron: prevención de drogas, acoso escolar, bandas xuvenís e violencia de xénero.

        

Escoitamos con atención e non faltou tempo para que puidésemos aportar as nosas opinións ou plantexar as dúbidas que ían xurdindo.

Non cabe duda que foi interesante!!!


 

O Entroido na escola

Este ano, e seguindo o proxecto que dende a biblioteca escolar se está a desenvolver, o alumnado de 6º fomos caracterizados como "peruanos". Isto débese a que a nosa mascota da biblio, Dora, este ano vai de cruceiro, facendo escala nos lugares onde se atopan As 7 Marabillas do Mundo. Así pois, cada curso se ocupará de afondar no estudo de cada unha das "marabillas", e nós, adentrarémonos en Cuzco, Perú, para investigar sobre o emblemático e espectacular Machu Picchu.

Tocounos, entón, de ir de "peruanos" , e así lucimos.

Aquí estamos vendo o noso grupo co Machu Picchu por detrás. Impresssssionanteeeeee!!!!

E voltando ao Entroido, como en anos anteriores, o alumnado da escola ao completo, fixemos un desfile polo pobo, caracterizados  como os habitantes dos lugares onde se atopan as 7 marabillas.

E visitamos tamén, como non, aos ao pequechos da Galiña Azul...

Unha xornada divertida e chea de diversidade!!!

A GARDA CIVIL NO COLEXIO

Dentro da programación do Plan Director, solicitamos unhas charlas para os alumnos/as de 5º e 6º organizadas pola Garda Civil, para que nos informaran ben sobre as consecuencias do consumo de drogas, sobre o acoso escolar, a seguridade en internet ou  a violencia de xénero.

Aínda que a primeira vista nos impresionou ver a dous axentes na biblioteca, despois dun anaco xa nos fomos desprendendo dese sentimento, e nos entusiasmamos coas preguntas e as dúbidas que tiñamos...

 

 

 

BO TRABALLO!!!!

 

 

VISITA DA GARDA CIVIL

Dentro da programación do Plan Director están unhas charlas que organiza a Garda Civil para concienciarnos sobre o consumos das drogas, o acoso escolar, a seguridade en internet ou a violencia de xénero.

O día 3 tivemos os alumnos/as de 5º e 6º  a primeira desas charlas...

Estivemos moi atentos ás súas explicacións, e tamén nos resolveron un montón de dúbidas que tiñamos...

 

Con "C" de coraxe: Dian Fossey e Jane Godall

Xa para pechar o curso, imos levar a cabo a nosa última tarefa do ano,  estudaremos a dúas mulleres de bandeira: Dian Fossey e Jane Godall.

Comezamos, comentando, preguntando, especulando... un pouquiño sobre elas, e seguidamente, empezamos a busca de información.

Imos anotando os datos máis interesantes...

Unha vez recollida á información, imos pasándoa a limpo.


   Así van quedando...

Xa rematada a primeira parte da nosa tarefa, busca de información, selección da mesma, redacción dos nosos textos, ilustracións... É o momento de visualizar un vídeo moi ilustrativo sobre a labor destas dúas mulleres!

E agora chega o momento de expoñer o noso traballo ante o "gran público", é o noso produto final!

Para elo, convidamos ao alumnado da escola, dende 1º ata 6º, á nosa aula para, alí, expoñer oralmente o traballo desenvolvido.

Acomodádevos todos!!!

O primeiro é ir explicando todo o que fixemos para, seguidamente, presentar a  interesante vida destas dúas mulleres. Todos os nenos da clase imos facendo a nosa pequena exposición oral...

Para rematar, vemos uns vídeos moi emotivos sobre a vida dos gorilas, con momentos moi divertidos!

Está moi interesante...

Tamén nos amosan un vídeo onde vemos a liberación do chimpancé Wounda, por Jane Godall. Este "tocounos a fibra" especialmente...

E aquí remata o noso traballo!

Bo verán a todas e todos!!!!

María Sabarís

REVISTA DIXITAL " O CERVO"

Ola de novo a tod@s:

Queremos recordarvos a tod@s que este curso foi habilitada na biblioteca unha zona de investigación e redacción para o periódico escolar que por 1º vez se levou a cabo en formato dixital coordinado polo noso grupo de "xornalistas en acción en busca de información".

Escribimos varios artigos tendo en conta as seccións e colaborou con nós xente do entorno, varios persoeiros entrevistados, e as restantes aulas da escola.

Podedes ver a  nosa edición na páxina web da escola, en " O cervo dixital". Colaborou con nós tamén o equipo de dinamización da biblioteca escolar.

Pasámonos á prensa "on line". A ver que vos parece!!!

  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2253

BO VERÁN!!! 

 

 

 

(2015-2016) Emocións na Carballeira

Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, dende a biblioteca escolar proponse facer unha II edición de "Lecturas na Carballeira" , isto é, saímos ao entorno cercano da escola, máis concretamente á praza do concello (Carballeira) e alí facemos pequenas lecturas e actuacións para todo aquel público que se anime a acercarse para escoitarnos.

Os de 5º, decidimos facer lecturas e pequenas dramatizacións de distintas emocións.

Agrupámonos por parellas para escoller unha emoción e traballar nela.

Nunha cartolina grande  plasmamos o significado desta emoción: redactando a súa definición e acompañándoa dunha ilustración ben significativa...

Imos elaborando os nosos traballos...

E... así de emotivos van quedando.

E cando chega o día... Un de nós ocúpase de ler a definición da emoción mentres que outro dramatiza o que vai escoitando.

Imos aló!!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/albums/userpics/10022/SAM_6214.JPG

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/albums/userpics/10022/SAM_6215.JPG

 María Sabarís

(2015-2016) Traballamos co XEOPLANO

Estes días tocounos  traballar a xeometría e, imos facelo de forma lúdica e divertida utilizando o XEOPLANO.

Traballamos os conceptos xeométricos de xeito manipulativo, acadando unha meirande comprensión dos términos abstractos.

O uso deste sinxelo aparello tennos a todos superconcentrados!!!

Representamos distintos tipos de polígonos: triángulos, cuadriláteros, pentágonos, hexágonos... polígonos cóncavos, convexos...

Unha  vantaxe do xeoplano é que non se precisa dunha grande destreza manual para debuxar correctamente, así é moito máis doado!!!

Tamén plasmamos a liña recta:

As paralelas, perpendiculares, ángulos...

Representamos o complementario e o suplementario dun ángulo...

Traballamos tamén a simetría de distintas figuras!

E representamos incluso o eixo de simetría...

Non estivo nada mal!!

 

María Sabarís

(2015-2016) O caracol Martiño vai ao Salón do Libro

Salón do Libro 2016: Os bichos

Este ano, dende a escola, decidimos participar no Salón do Libro elaborando unha bonita árbore chea de bichos!!!

Cada curso escolleu  o bicho que mellor lle parecía e nós, os de 5º, quedámonos co caracol, si, co caracol Martiño!!!

Escollemos un agarimoso poema de Alicia Esain: "El caracol Martín" (mestra e bibliotecaria arxentina) e traducímolo ao galego, facendo unha pequena adaptación.

E ... así de "rechulo" quedou o noso libriño:

 

E aquí loce don Martiño rodeado de bichiños nesta bonita árbore!!!

   

María Sabarís

(2015-2016) A NOTICIA, " A voz da escola" chega a 5º.

Chega a hora de tratar "A noticia" na área de lingua castelá e, como non podía ser doutro xeito, aproveitamos  este feito para desenvolver unha tarefa e convertirnos en xornalistas por uns intres.

O primeiro paso é coñecer a estrutura fundamental dunha nova: o titular, a entradilla, o corpo da noticia, as ilustracións... Para elo, é importante verlle as tripas a un xornal auténtico...

O segundo paso vai ser que cada un dos grupos pense na noticia que quere dar a coñecer e ir facendo un borrador co deseño da noticia.

Para plasmar as ilustracións decidimos que habería dúas opcións: buscar na rede unha imaxe relacionada coa nosa nova, imprimila, recortala e pegala...

Ou ben debuxar nós mesmos o que queremos representar...

Finalmente, o noso traballo como reporteiros quedou ben plasmado!!

O grupo de "Os fieras" descubrimos nada menos que a tumba de Julio César!!!

"Os Super Stars" colámonos nun cohete!! Toda unha aventura!!!

E...."Os cachondos" demos cun matemático prodixioso, un tal "Simpson"...

Ah, por certo! Non faltou a secuencia dunha nova desgranada polo miúdo, "fotograma a fotograma"!!

Xa so nos queda colocar as nosas noticias na corcheira da aula. Aí van!!!

                                                              

                                                               María Sabarís

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.