Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2013-2014) Festexando:Entroido, Paz, San Valentín...

Ademais de traballar e traballar

tamén temos tempo para festexar:

Día da Paz, Día de San Valentín,

 Dia de Rosalía, Entroido...

Imos mirar cara atrás...

- O último día de Xaneiro celebramos no centro o Día da Paz.

Para elo participamos xunto cos demais nenos e nenas do colexio na preparación dun bonito mural, no video sobre as apertas que acompañaría á canción dese día e desfrutamos da representación do alumnado de primeiro.

 

Ademais  tamén preparamos na aula uns traballos murais sobre o tema que expusemos no corredor.

- Xa a mediados de mes chegou o Día dos Namorados, este curso sobre o tema da prehistoria.

Ademais de mandarnos notiñas de todas as cores, traballamos unha noticia que trouxo Jose sobre uns pingüinos. Eles si que protagonizan unha boa historia de amor.

- Tamén o pasado xoves participamos nun acto na biblioteca sobre Rosalía de Castro. Todos os cursos preparamos un poema dela que recitamos, cantamos,...

- E , como peche de mes, o ENTROIDO

Xa dende o luns comezaron os disfraces. O MECO, vestido de troglodita, foi mandando cada día o que tiñamos que traer. Que se de praia, gorros, co que quixeramos,cos pixamas...

 

ata chegar o venres, cando todos tiñamos que disfrazarnos de trogloditas.

Tamén , para esta ocasión, tiñamos gardada unha noticia que días atrás trouxera Dani á clase. Aínda non a leramos pero sabiamos que con ela fariamos algo importante.

 

E así foi... "Braña 1", que así se chama o protagonista da noticia, serviríanos de inspiración para prepararnos para o día do entroido.

Na clase de plástica decidimos preparar cada un o seu disfraz: traxe e peluca.

  

Para saber mais ou menos como tiña que ser Antía ensinounos un libriño e fotos que fixera no Parque Arqueolóxico.

 

Xa ía tendo "boa pinta"

Cada un tamén preparou a súa "tarxeta identificativa" co seu nome: Braña 2, Braña 3, Braña 4...

 Tamén miramos como tiñamos que maquillarnos ( seica Braña era moi moreno e cos ollos azuis) Os complementos traeríanos cada un da súa casa.

E así foi como participamos no desfile e xantar dos postres típicos desta festa.

E aquí vos deixamos ata o Entroido que ven. 

 Debeu de ser de tanta choiva que a unha das parellas da nosa tribu aclaróuselles o pelo!

(2013-2014) Preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro

Un curso máis na nosa aula imos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Para elo temos que preparar un traballo sobre o tema deste ano que desta vez é...

Apetitossssso!

Desta vez decidimos traballar "as recetas", mais dun xeito un pouco especial, coma a ocasión o merece!

Cociñaremos cadros de pintores famosos, en concreto bodegóns.

Xa que pouco, ou máis ben nada, sabiamos sobre o tema, comezamos preguntándonos o que sabiamos sobre o que era "bodegón". Veredes o que saiu ...

Despois dunhas pequenas pistas para centralos un pouco no tema, decidiron que querían atoparlle resposta ás seguintes preguntas...

Repartímonos o traballo e... mans á obra. Gracias ao diccionario, algunhas fotocopias con información sobre o tema, fotos que algún trouxo de cadros da súa casa, traballos de plástica feitos en cursos anteriores e , sobre todo, aos ultraportátiles, deseguida comezaron a aparecer as primeiras respostas.

 

Íamolas anotando en papeis de cores co número da pregunta respostada e pinchándoos no taboleiro.

Para que así os demais compañeiros os puidesen ir anotando no seu dossier onde recollemos cada un de nós toda a información que imos traballando sobre o tema.

Xa ben sabido o que era un bodegón, a mestra repartiunos a cada un cadros nos que pintores famosos pintaran alimentos. (Goya, Velázquez, Frida, Andy, Clara Peters, Botero, "Mercedes Ricoy", ...)

 

Con eles, e axudados polos cociñeiros e cociñeiras das casas, libros de receitas e un pouco de imaxinación...comezaron a sair as primeiras e saborosas recetas!

Xa correxidas pasámolas a limpo na plantilla coa que formaremos o noso recetario de arte.

Cada unha delas vai acompañada da ilustración dos oito pasos a seguir no seu proceso de cociñado. Posto que ademáis de bos cociñeiros tamén somos bos artistas!

Nos próximos días amosaremos o resultado final do recetario! Polo momento temos posto algunhas das páxinas no taboleiro do noso corredor.

Ademais deste traballo para o Salón do Libro, aproveitamos o tema para traballar outros contidos coma:

-os textos en estilo indirecto: conversando cada un de nós co artista que pintara o seu bodegón.

-a acentuación en interrogativos, ao plantexarnos as cuestións que queriamos resolver.

-a descripción de persoas: neste caso dos nosos pintores e pintoras.

-o debuxo do noso propio bodegón con material escolar.

-a comprensión de textos: dunha lectura sobre un dos artistas traballados, Botero;

-e dunha noticia de prensa sobre o gran cociñeiro español Ferrán Adriá sobre a súa exposición de pinturas dos seus platos de cociña no Drawing Center da Gran Mazá de New York

-a búsqueda de información: cada un tendo que atopar resposta a catro preguntas sobre o seu pintor, coas que cubren unha tabla coa información de todos eles.

-  situar nun planisferio a cada un dos pintores e pintoras

-...

Nin nos imaxináramos que un bodegón puidese dar tanto de si!

 

(2013-2014) Polo Nadal no sexto curso...

Durante o mes de Decembro, na aula de 6º, andivemos a preparar cos nosos mestres algúns traballos, manualidades, bailes, ... para poder celebrar unha das nosas festas preferidas: O NADAL

Así...

- axudamos a decorar a entrada do noso colexio : aportando cada un de nós un cd decorado para formar, xunto con todos os demais dos outros cursos unha gran árbore de nadal. Ao final quedou así de bonita...

-Preparamos tamén na aula a decoración da nosa Porta de Nadal, como cada clase do colexio, tendo que empregar nela material de refugallo. Despois de preparar en parellas varios bocetos de como pensabamos que quedaría mellor eleximos o de María e Daniel Camiña. Ademais dunha árbore decorada con bolas con cartóns de leite ou o felpudo de entrada,...

 

 ...incluimos nela fotos de algúns de nós que nos trouxeran bos recordos; así, como exemplo, Antía trouxo unha co seu irmán pequeno no colo e outra vestida de Virxe María no Belén vivinte, Jose un día na neve ou Dani cunha foca no circo)

Podedes disfrutar de todas as do colexio no seguinte enlace: Portas de Nadal

- Cada un de nós na clase de plástica, fixemos un adorno navideño para pendurar no pomo da porta dos nosos cuartos. 

- E tamén reciclando varios envases de iogur e botellas nos que pegamos papeis de cores decoramos unha das árbores da entrada do centro.  Durante este día tivemos a visita e gran axuda de Manoli  (mestra en prácticas que estivera con nós durante o pasado curso)

 

Ao igual que coa mestra de Relixión os aproveitamos para preparar as figuras do Belén.  (Imaxes que saen no enlace anterior das Portas de Nadal)

- E xa para o último día preparamos varias actuacións musicais para o Festival de Nadal:  

. Entre elas fumos os encargados de facer as presentacións das distintas actuacións, todo elo montado coma se fóxemos presentadores dun telexornal.

   

dúas actuacións coa mestra de música cos compañeiros de ciclo  

e o baile da canción "Kiss you" do grupo "One direction".

   

Aquí podedes ver aos catro protagonistas en plena actuación!

(Podedes ver o resumo de todo o festexo no xeguinte enlace...Festival de Nadal) 

- Tamén para este último día andivemos preparando cada un de nós o seu agasallo para o seu amigo invisible.

Primeiro fixemos unha pequena merenda navideña na aula coas cousas que trouxeramos da casa e logo fixemos as entregas. Foi moi emocionante! 

Tiña que ser algo preparado por eles, a poder ser sen gastar nadiña. Desta vez si que fumos quen de gardar ben o segredo de quen lle tocara a cada un! 

Aínda que a algún de nós o "amigo invisible" lle tiña aínda máis sorpresas que entregar polo Nadal. Menuda sorte Alex! Felicidades familia!

Xa para o próximo Nadal só participaremos neste festexo como público.  

Que duro ás veces é ter que medrar!!!

(2013-2014) Patrimonio cultural

As nosas parroquias e aldeas onde vivimos están cheas de historia, monumentos, igrexas, construcións, lugares, obxectos, pedras,...dun grande interese. Nalgunhas apenas reparamos. Os restos arqueolóxicos falan de que estas terras levan ocupadas dende hai máis de 3.200 anos antes de Cristo.

   Os alumnos de sexto, facendo un percorrido polo concello de Campo Lameiro, aportamos algunhas imaxes que dan conta destas construcións espalladas por diferentes currunchos das nosas parroquias.

Petroglifo en Fragas

En As Fragas, a parroquia onde vive Dani Campos, hai numerosos petroglifos como este da foto; un dos máis importantes é o da "Pedra da Boullosa", no que destaca unha grande serpe de máis de catro metros de lonxitude, sen cabeza, que parece que está reptando pola rocha. Tamén ten unha figura humana, cervos, motivos circulares...A maioría destes gravados son da Idade do Bronce, arredor duns 2.000 anos antes de Cristo. Se queres saber máis consulta http://www.campolameiro.com/petroglifos_as_fragas_gal.html e fai unha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

De Santa Mariña de As Fragas son tamén Carla, Alex, Virxinia e Dani Camiña, que nos traen as imaxes que veñen a continuación.

Adro da Igrexa de Santa Mariña

 

   O adro da igrexa é lugar  de reunión dos parroquiáns, onde se xuntan por mor das celebracións relixiosas (moitas persoas, sobre todo homes, permanecen nel de conversa, mentres se celebran  as cerimonias no interior do templo), enterros, vodas, festas...Está cercado por un muro e rodeado de carballos e abetos. Ao lado temos o campo da festa.

Portada principal

A Igrexa de Santa Mariña ten unha fachada dun grande mérito por ser románica do século XII. Está enmarcada por dúas columnas adosadas. No tímpano de medio punto represéntase a tres personaxes: un bispo dando a bendición e dous curas, o da esquerda cun libro e o da dereita cunha cruz. Os capiteis están decorados con temas  historiados e talla de follas. 

Cruceiro de Fragas

Preto da igrexa hai un fermoso cruceiro. Elevado sobre unha plataforma cuadrangular de catro chanzos, conta cunha peza cúbica sobre a que hai unha columna circular, capitel decorado e unha mesa para as ofrendas.

Hórreo en Redonde

Este hórreo está cerca da casa de Virxinia, en Redonde. Construído en pedra e madeira, está levantado sobre columnas que rematan nunhas pezas cilíndricas que se chaman "tornarratos" porque evitan que estes roedores e outros animais suban ao interior a comer o millo.

Jose, Antía e Laura aportan estas tres imaxes de pezas que, no pasado, foron fundamentais na vida agrícola que se desenvolvía nas nosas aldeas.

Roda de carro do país

O carro de bois ou de vacas, utilizouse ao longo da historia para tarefas agrícolas e transporte de mercadorías por toda Europa durante máis de 3000 anos. Os elementos fundamentais dun carro de eixo móbil eran  chedeiro e rodado. O rodado deste tipo de  carros era totalmente independente do chedeiro. Estas rodas de madeira e borde de ferro, aínda que eran moi fortes, rompían frecuentemente, por iso había que ter rodas de reposto que se podían cambiar facilmente.

Roda de muíño de auga

Os muíños de auga son moi antigos, teñen centos de anos. Construíanse no curso de ríos e regatos e servían para moer cereais e facer fariña.As pedras durminte e volandeira (tolva), son as que moen o gran por efecto da acción de rozamento das dúas pedras xirando pola forza da auga.

Forno e pía na aldea de Morillas

Aquí temos un antigo forno onde se cocía principalmente pan (de millo, trigo, centeo...) pero tamén outros alimentos como castañas, asados...Normalmente eran de pedra, pero tamén podían ser de laxe ou ladrillo. Podían ser privados, formando parte da casa ou ó lado dela (como o da foto), ou comunais, igual que as adegas ou os muíños. Os fornos comunais, moito máis grandes, eran usados "ás roldas" (pasando de veciño a veciño) e as fornadas eran máis grandes para que durase o pan ata que volvese a tocala quenda. Este fornos eran construídos por toda a aldea ou por tódolos veciños que o utilizaban.

Na foto, ó lado do forno, vemos unha pía de pedra, dunha soa peza, que servía para que comesen ou bebesen os animais.

Fonte en Alende

En Alende, onde vive Uxía, temos esta fonte de pedra que, aínda que non é tan antiga, si que nos parece bonita e valiosa pola súa orixinalidade e monumentalidade e, sobre todo, pola súa situación no medio da estrada.

Ábside de a Igrexa de San Miguel do Campo

Atópase no lugar de A Igrexa, parroquia de San Miguel, a que pertence Nuria. O ábside, románico do século XII, semicircular, é o que se conserva do antigo templo. Está decorado no seu exterior por canalóns de tipo normando, como moitas igrexas de peregrinación espalladas por toda a Península e, no seu interior, con capiteis tallados con motivos vexetais e figuras humanas. A portada é de estilo ranacentista e foi construída no ano 1.636.

Hórreos de Parada

Parada é a aldea onde vive María. Aquí temos este magnífico conxunto de hórreos típicos galegos, de cantería e madeira con cuberta de tellas. O hórreo é unha construción de uso agrícola destinada a secar, curar e gardar o millo e outros cereais antes de quitarlles o gran e moelos. A existencia deste conxunto de hórreos en Parada, un lugar pequeno, lévanos a pensar en que era unha zona rica na que debeu haber moito millo e cereais que gardar.

Estas son algunhas das moitísimas cousas que temos no concello de Campo Lameiro. Outro día publicaremos máis para que as coñeza todo o mundo.

                                                                       

 

 

(2013-2014) -TERREMOTO EN CAMPO LAMEIRO

O pasado domingo, dia 8 de decembro, ás 19:57, tivo lugar un terremoto con epicentro en Campo Lameiro, a 24 quilómetros por debaixo do monte de San Antoniño. Acadou unha intensidade de 3,2 graos na escala Richter e apenas durou uns tres segundos, pero asustou a motísima xente de gran parte do norte da provincia de Pontevedra e sur de A Coruña. Era o quinto seísmo que se producira na xornada, pero este foi o máis forte de todos. Tamén o notaron os de Cotobade, Poio, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vilanova, Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Estrada, Pontevedra,...e tamén en lugares fóra da nosa provincia,  como na vila ourensá de O Carballiño  ou  en Noia e Porto do Son, en  A Coruña. 

A xente alarmouse e moitos chamaron á Garda Civil. Ao día seguinte, luns, cada un contou na escola como vivíu na súa casa esta experiencia. Así foi:

Dani Camiña: Eu non o sentín e iso que estaba en Pontevedra nun cuarto piso.

Alex: Eu estaba na casa, vendo a película "El Llanero Solitario" e sentimos uns golpes. Ao primeiro pensamos que explotara a gasolineira.

Virxinia: Estabamos na nosa casa cando escoitamos algo raro, pensabamos que era un coche que batera contra a casa; o meu gato fuxíu cara a fóra.

Antía: Ía paseando por Pontevedra cando o chan empezou a temblar. Mirei o móbil e vin que houbera un terremoto que empezou en Campo Lameiro.

Uxía: Moita xente pensou que era un accidente de coche ou unha lavadora que centrifugaba mal, pero na miña aldea, Alende, non o sentimos.

Carla: Eu estaba na casa dos meus avós e unha botella de auga que estaba enriba da mesa empezou a tremer despois de escoitar un ruído raro. Meu pai e miña avoa saíron fóra pensando que caera algún muro, menos mal que non pasou nada. Cando prendemos a televisión dicía que o terremoto tivera o epicentro en A Lagoa, xusto no centro de Campo Lameiro.

Laura: Estaban conmigo meus padriños e puxéronse a buscar en Internet. Eu nunca sentira un terremoto e foi unha experiencia "importante". Gustoume que Campo Lameiro saíra na tele, ver o concello, á xente que coñezo de sempre comentando a noticia...Espero que Campo Lameiro saia máis veces na tele e nos xornais, pero por cousas bonitas.

 

Jose: En Campo Lameiro nunca pasara nada parecido. A miña veciña, Mercedes, que estaba a ver a televisión, dixo que sentira un temblor e que pensou que fora un coche que se estrelara contra a súa casa.

Nuria: Eu non estaba na casa nese momento. Entereime por meu irmán. El pensou que entraran na casa a roubar. Tamén o sentíu miña avoa que nun primeiro momento tamén pensou que fora un camión. Enterámonos pola televisión. Sergio, meu irmán, dixo despois que lle parecera raro que os cans da veciña empezaran a ladrar tanto antes do seísmo. Seica os animais perciben os terremotos antes de que pasen.

María: Viñamos de dar un paseo en familia, polos montes da zona de Caroi, onde están os muíños. Ao chegar á casa, con miña irmá, meu irmán e a súa moza, puxémonos a escoitar música mentres se cocían unha pizzas no forno. Foi cando baixaron meu pai e meu tío preguntando se nos pasara algo, porque estaban no piso de arriba e sentiron como temblara o chan. Dicían si rebentara a caldeira ou algo parecido. A idea de que fose un terremoto pasóusenos pola cabeza. Logo enterámonos que fora así e que o epicentro estivo en Campo Lameiro. 

Dani Campos: Foi un gran estrondo que durou uns segundos. Na nosa casa non pensamos nun seísmo, senón no paso dun camión pola estrada xeral. Non notamos que a casa temblara, se así fose estariamos mortos de medo. O noso gato, "Pelucas", de súpeto, púxose moi nervioso e buscou refuxio debaixo da mesa, buscando un lugar seguro.

E así foi como vivimos os de sexto do colexio de Campo Lameiro o terremoto do 8 de decembro de 2013.

 

 

 

 

 

 

(2013-2014) Retrospectiva de nuestras obras sobre A. Calder

Durante esta primera semana de diciembre, en el aula de sexto, hemos inaugurado nuestro "minimuseo" sobre el artista Alexander Calder.

¡Y ya hemos superado los 70 visitantes: las dos aulas de infantil y los de 2º, 3º y 4º!

Tomando como modelo el cartel original del Circo de Calder, decidimos que poner en elnuestro. Para hacerlo nos arriesgamos con una técnica un poquito extraña. Estiramos bien plastilina y escribimos en ella en espejo, como Leonardo Da Vinci, las palabras del cartel. Luego lo pintamos de azul y rojo y presionamos sobre el una cartulina. La impresión no quedó todo lo bien que quisiésemos pero... pensaremos como mejorarlo para la próxima vez. 
    

En la visita al "museo", además de hablar sobre la vida y obra de este especial artista, también mostramos una retrospectiva de todos nuestros trabajos sobre el tema.

Para organizar las exposiciones nos repartimos en parejas, adjudicándose cada una de ellas uno de los apartados a tratar. Y nos pusimos manos a la obra...

Una vez buscada y preparados los paneles informativos sobre cada unos de los temas (pintura, trabajos en alambre, línea de vida, móviles, estabiles), nos pusimos a hacer los primeros ensayos...

-Sobre la vida del artista hablarían Daniel Camiña y Uxía. Para ello elaboramos una línea de vida que tuvimos expuesta en el encerado.

Ellos interpretarían los papeles de Alexander padre y el de la madre. (Alexander niño sería representado por Jose)

-Sobre sus pinturas expondrían Laura y Virginia. Para ello prepararon un mapa cognitivo con todas las informaciones que ellas consideraron que tenían que citar: colores que empleaba, motivos más frecuentes, cuando y por que empezó a pintar,...

También explicaban la temática de nuestras obras y mostraban los diferentes diseños de nuestros coches.

- El uso del alambre en las figuras de animales, personajes de circo y retratos lo explicaron María y Daniel Campos.

Para ello, además de contarnos los distintos contenidos de su mapa conceptual sobre el tema, nos mostraron los diferentes retratos que tenemos colgados sobre los pupitres de cada uno de nosotros.

También Alex y María representaron una pequeñita escena con algunos de los animales hechos con alambre, para con ello recordar el "circo" de Calder.

- Sobre los móviles expusieron Carla y Nuria. Nos dieron información sobre : su nombre, tipos, materiales,...

Apoyándo sus explicaciones conn los que preparamos cada uno de nosotros.

También explicaron el uso de un programa informático con el cual los visitantes podrían preparar sus propios móviles. (Podeis acceder a el clicando en la siguiente imagen)

- Antía y Jose fueron los "guías" que nos contarían las características de las obras más grandes creadas por este artista: los stabiles.

Además de explicar los datos que encontraran sobre ellos, nos mostraron unas imágenes y un vídeo con el que poder apreciar y disfrutar de algunas de sus obras.

-Como despedida , después de contar los últimos datos sobre su vida, el artista "moría". Su mujer, sería la encargada de repartir a cada uno de los visitantes un recuerdo de su marido (al que cariñosamente llamaba Sandy). Con el, podrían preparar cada uno una carita para ponerse en la nariz como con la que Calder aparece en una de sus fotografías.

No sabemos si tendréis tanto arte como Calder llevándola!

Menudo artista!

(2013-2014) Móbiles

Sabedes que é CHUPIN?

 (Escultura cinética feita por Daniel, que xira ao poñela sobre o radiador)

É a palabra coa que se denominou aos móbiles nun primeiro momento. Como xa deberiades saber Alexander Calder foi o seu inventor, e por elo un dos precursores do arte cinético. Pretendía que algo tan estático como o é unha escultura puidese ter movemento. E como? Pois coa acción do aire, mecanismos ou a nosa propia acción.

Por suposto que nós non iamos ser menos!Mans á obra cos nosos móbiles.

Media clase faría aéreos e a outra media con base.

Primeiro fixemos o debuxo ou deseño de como pretendiamos que foxe. Seguíndoo fómoslle dando forma ao alambre (cousa non tan sinxela como semella)

Xa sabemos que Calder empregaba neles metais ou anacos de madeira, mais cada un de nós elexiu un material diferente

Así fixemos móbiles con...

-recortes de revistas (Antía) ou de tea (Uxía)

-formas xeométricas de cartulinas de cores (Daniel Campos)

-plumas e bolas de pingpong coloreadas (Virginia e Jose)

- pequenos xoguetes e figuriñas (Alexandre) ou materiais de refugallo: cartón, papel, plástico,... (Laura)

- flores secas e cunchas (Daniel Camiña)

- botóns de cores e tamaños diferentes (Nuria)

- tapóns de plástico pintados (Carla)

- figuras feitas empregando a técnica da papiroflexia (María) 

Agora seguro que tedes ganas de facer o voso propio móbil.

Tamén Jose atopou nun libro na súa casa outros modelos máis de como poder preparar un e Virginia sorprendeunos con...

...tres móbiles. Un preparouno coa magnífica axuda do seu avó. Foi esta preciosa versión da coñecida obra de Calder...
Ademais de estes outros.

Alucinantes! Non si?

Se queredes preparar o voso tédelo ben fácil, pois aquí vos deixamos o enlace ás ligazóns de sexto, onde temos un programa co que poderedes ir practicando.Clicade nesta imaxe:

Esperamos que vos guste!

(2013-2014)Os nosos cadros "Calderianos"

Continuando co traballo de plástica, estes últimos días pasamos á pintura.

O artista Alexander Calder tamén pintou. Case sempre empregando as mesmas cores e formas, e con técnicas semellantes ás dos seus amigos Miró e Mondrian.

Fixándonos nas obras destes tres pintores atopamos bastantes semellanzas.

Así, todos nós empregamos só as cores vermella, amarela, azul e negra para preparar os nosos cadros.

Un dos temas máis "pintados" por Calder foi o do sol e a lúa, xa que durante unha viaxe en barco presenciara unha escena destes que o deixara fascinado.

Cada un de nós tamén elexiu unha temática para a súa obra: algo que lles gustase moito ou algo que acontecera que lles impactara dalgún xeito. Así, por exemplo...

.

Nesta primeira obra Daniel Campos  representou unha viaxe a Madrid, mentras no ceo acontecía un eclipse de sol. Se vos fixades ben incluso se ve Torre España!

.

.

María creou a seu cadro  pintando notas musicais, xa que é algo que lle encanta agora que ensaia na escola de música.

.

.

.

Ou o de Laura, a quen lle encanta patinar e así o mostra no seu cadro.

.

.

.

.

Ou Alexandre, que pintou un fascinante eclipse, cun sol e lúa totalmente calderianos, xa que lle chamara moito a atención, posto que eses días falaban os medios de comunicación do eclipse que ía acontecer.

.

.Todos preparamos unha. Podédelas ver no seguinte enlace á revista dixital titulada...

As nosas obras pictóricas

(Calder sempre firmaba as súas obras cunha C e unha A unidas. Non iamos ser menos, polo que cada un de nós diseñou a súa firma artística para deixala na súa obra. Se vos fixades ben, veredes que todos os cadros están firmados polo artista.)

Agora xa temos na nosa aula distintos recantos onde imos mostrando e desfrutando das nosas obras:

-o dos diseños de pintado de coches.

-o de animais de alambre, coma Calder fixera sobre o circo.

-o de móbiles con base.

-o de móbiles aéreos, pendurados sobre a mesa de plástica.

-o dos nosos propios retratos, pendurados sobre as nosas mesas de traballo.

-o das obras pictóricas, no panel de corcho da aula.

Pouco xa lle falta para semellar un museo. Pronto vos contaremos como remata esta gran historia!

(2013-2014) TERTULIA sobre o libro "O príncipe feliz" de Óscar Wilde.

O martes 12 de novembro desfrutamos na nosa aula dunha actividade moi especial: unha tertulia literaria.

Levouna a cabo "Xavier Iturbe Gabikagoseaskoa" Con estes apelidos... dende onde viría? Pois sí, ides ben; en concreto dende Lekeitio, onde exerce de pedagogo e director da súa escola.

Nela traballan por comunidades de aprendizaxe, temática sobre a cal algúns mestres da nosa escola estanse a formar nun curso. Nel foi onde o noso mestre Tirso coñeceu ao relator Xavier Iturbe, home que tivemos hoxe martes na nosa aula levando a cabo esta práctica.

 

O tema central da tertulia xiraba en torno ao libro de Óscar Wilde titulado "O príncipe feliz". 

Despois de facer lectura dela na clase cada un de nós tiña que elexir o párrafo que máis lle chamase a atención ou lle gustase.

Coa axuda dun moderador, nesta ocasión foi Antía, un a un fomos léndollo a Xavier e expoñendo as nosas razóns da súa elección.

Éstas daban pé a falar dun feixe de temas diversos e interesantes.

Ademáis, tamén debatimos sobre os contos clásicos. Así saíron na conversa títulos coma...

Algúns deles os tiñamos na nosa biblioteca de aula, coma O Quixote , do cal xa falaramos en Lingua e algún de nós trouxera da súa casa; ou Romeo e Xulieta, do cal traballamos un anaco ao falar do teatro.

Outros sonábannos, como a Odisea por Ulises e outros personaxes como Hipómenes e Atalanta de cando falamos sobre os textos mitilóxicos.

Todos quedamos encantados con esta nova experiencia e sobre todo con ganas de expoñer en común as nosas impresións sobre as lecturas que vaiamos traballando.

O único que botamos de menos é ter máis tempo para poder adicarlle a estas experiencias tan enriquecedoras.

(2013-2014) O outono e as castañas

Como tódolos anos neste tempo de outono celebramos a festa das castañas. Para iso decidimos facer un traballo de investigación sobre o  magosto: os preparativos da festa, como se celebra, por que, a orixe dos castiñeiros, zonas de Galicia onde abonda esta árbore, a colleita de castañas... Entre todos, falamos sobre o que sabiamos sobre o tema, consultamos páxinas web, bibliografia diversa, Internet...

Fixemos equipos de dous e mans á obra. Primeiro un borrador no que figuraba a distribución dos diferentes apartados que iamos tratar, ilustracións, titulares, cores...

Antía e Uxía fixeron este traballo. 

Teorías sobre a orixe da palabra "magosto", receitas de castañas, refráns, canción, unha lenda toscana, un conto de bruxas...Tamén investigaron sobre o samaín.

Carla, María e Nuria

Adiviñas, ditos e refráns, paisaxe de outono, poemas e cantigas, un souto...

 

Virxinia e Laura. 

 

Traballaron sobre o San Martiño, refráns e ditos alusivos ós alimentos típicos da época, receitas...rodeando un magnífico castiñeiro.

Dani Camiña e Alex.

Unha cartolina na que figuran catro apartados: paisaxe de outono, cantigas, unha lenda, poemas e refráns. Fermosamente ilustrada con especies de paxaros autóctonos e outra fauna e flora asociadas a zonas de soutos de Galicia.

Dani Campos e Jose. 

A festa da castaña, outros lugares de España onde se celebra, os participantes nela, receitario, cantigas, refráns, adiviñas, asador de castañas e outras ilustracions.

E así de bonito nos quedou cando o colgamos no corredor do colexio para disfrute de todos.

BIBLIOGRAFÍA:

"Magosto".Felipe Senén López Gómez.Edicións Bahía.

"As festas anuais".Colectivo de mestres "Ollo de sapo"

"Magosto". Unidade didáctica editada por S.T.E.G.

Materiais didácticos para Infantil e Primaria. CEIP Galán Oseiro - Arteixo.

Unidade didáctica do CEIP de Armenteira.

Internet e diversas páxinas web e blogs dos E.D.L.G. dos colexios e IES de Galicia. 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.