Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

Traballando en E.F no primeiro trimestre

Quen dixo que en educación física non se traballa moito? Que volo conten os nenos/as de primaria!. Durante estos primeiros meses de curso estivemos a traballar unha gran variedade cousas; dende dinámicas de clase, xogos para coñecer o noso propio corpo e aprender a coidalo, xogos de equilibrio, coordinación e multitude de aspectos divertidos que lles axudaron a sentirse máis sanos, fortes e activos/as.

A continuación deixamos algunhas fotos das sesións que tivemos ao longo deste trimestre.

 

Bo Nadal a tod@s!!!

 

(2017-2018) Cross escolar 2017!

Un ano máis os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participaron no cross escolar cos compañeiros/as doutros colexios da zona de terra de montes. Darlles a miña noraboa a todos os nenos/as por participar a pesar do mal tempo, e por acabar en moi boas posicións nas diferentes categorías. Con todo; o importante non é gañar, é participar!

Deixamos algunha que outra foto da xornada, pero recordade que as podedes ver todas no álbum do cross escolar 2017 na sección de E.F.  

(2017-2018) Xornada de xogos durante o magosto

 

O pasado venres celebramos o magosto dun xeito moi saudable e en contacto coa natureza. Fixemos unha pequena ruta de sendeirismo polo monte ata o alto de San Antonio de Penalba, xunto cunha xornada de xogos populares organizada polo alumnos/as de sexto. Aproveitar para felicitalos por tan bo traballo.

Para o ano máis!

 

 

Traballando a Expresión Corporal en 1º e 2º

Fai unhas semanas estivemos traballando a expresión corporal cos nenos/as de 1º e 2º. Ao longo das clases fomos dramatizando, representando, imitando e botando unhas cantas gargalladas cas diferentes formas expresión dos nenos e nenas.

Sen dúbida resulta un contido moi interesante e gratificante para os nosos cativos, pois axúdalles a expresar e desenrolar a súa creatividade.

Que ben o pasamos! 

Velaquí algunhas fotos das nosas sesións...

 

 

 

 

 

Deporte escolar contra Tenorio

O pasado 5 de Maio participamos na última xornada do deporte escolar. Nesta ocasión xogamos contra os compañeiros/as do colexio de Tenorio. 

Bonita mañá de práctica deportiva nun ambiente de participación, compañeirismo e xogo limpo.

Depedimos o Xogade ata o ano que vén con algunha foto da xornada.

 

 O banquillo esperando para saír a xogar...

Esta sí que é unha foto de equipo...

 Menudo equipazo!!!

 Foto de equipo cos compañeiros/as de Tenorio

Deporte escolar contra Soutelo-Cerdedo

Continuamos cos campionatos escolares contra outros colexios da Terra de Montes. Nesta ocasión tocou enfrentarse contras os compañeiros/as dos centros de Soutelo e Cerdedo. Bonita e entretida mañá na que os nosos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º gañaron prácticamente tódolos partidos xogados. 

Agradecer a todos os participantes a súa colaboración, tanto profesores como alumnos/as.

A continuación algunhas fotos das xonada:

  

 

 

 

 

Para a semana máis e mellor contra Tenorio... 

Xornada de deporte escolar (Forcarei)

O pasado venres, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, asistiron a unha xornada de deporte escolar na que competiron contra outros nenos/as nas modalidades de baloncesto, balonmán e fútbol sala.

En canto aos resultados houbo de todo, gañamos algúns partidos e perdimos outros, pero como decimos nas nosas clases..."O importante non é gañar, é participar".

Velaí algunhas fotos da xornada:

 

 

 Antes de voltar para o colexio os nenos e nenas xogaron un pouco neve que aínda quedaba.

 Algúns era a primeira vez que a tocaban...

 

XINCANA DE XOGOS DURANTE O SAMAÍN PARA TODO O COLEXIO!

O pasado Samaín organizamos unha gran Xincana de xogos tradicionais, retos e xogos con castañas na que participou todo colexio, dende os máis pequechos ata maiores e profsores/as. Pasámolo xenial!!

Felicitar especialmente ao grupo de alumnos/as de 6º curso pola súa gran labor como coordinadores das actividades.

A continuación podedes ver algunhas das fotos da xornada...Para o ano máis e mellor!!!

 

(2014/2015) Fin de curso en EF: Búsqueda.

Como remate de curso na área de EF o alumnado de sexto representou para os demais nenos e nenas do centro a diferentes personaxes relacionados co descubrimento de América, os cales os irían guiando por distintas probas as cales os levarían a atopar o tesouro final.

Todo comezaba... sentándose na máquina do tempo que prepararamos para o Salón do Libro e teletransportándonos !

De seguido apareceu diante nosa un home que se facía chamar Cristovo Colón, co seu globo terráqueo no que tiña marcado o percorrido dunha viaxe que soñaba con facer.

Contounos que tiñamos que axudarlle a convencer aos Reis Católicos , que poderiamos atopar a Doña Isabel  no salón principal do castelo. Despois de pensar decidimos buscala na sá de mestres; e alí estaba!

Despois de contarlle Colón as súas pretensións, e de ver que estaría axudado por tan boa tripulación..., decidiu axudarnos dándonos as moedas de ouro necesarias para embarcarnos en tan longa viaxe.

Para atopalas tivemos que buscar no seu marido...

Xa coa bolsas de moedas puidemos ir buscar ao enxeñeiro naval para que nos preparara as tres carabelas para zarpar.

Encargaunos conserguir telas para as velas, cordas, madeira,....

Pagámoslle polo seu bo traballo e xa só nos quedaba encher os barcos de víveres para soportar os días de viaxe. Ata as bodegas do barco baixamos co mariñeiro para buscar e gardar alí porcos, galiñas, sal, auga,...

-Xa con todos os víveres embarcados comezamos a nosa viaxe ata a India!

Xusto antes de que flaqueaxen as nosas forzas  logramos chegar a terra. Alí atopamos a unha indíxena un pouco especial. Non falaba a nosa lingua e vestía de maneira diferente. Asombráballe calquera cousa nosa o que aproveitamos para cambiarlle as nosas pulseiras, papeis, chaquetas polas que tiña ela na súa cesta.

Así foi como logramos : ouro, animais e froitos exóticos,  alimentos e especias que non coñeciamos...

Olvidóusenos contarvos que levábamos na nosa tripulación unha famosa bióloga da época. Xa que neste tempo non contabamos con cámaras fotográficas nin nada parecido, a única maneira de recoller todos os novos animais, froitos, persoas, ...que íamos atopando para logo contar ao noso regreso era debuxándoos.

E a iso nos puxemos, tantas cousas novas ...entre todos lle botamos unha man!

Tan cheas trouxemos as nosas bodegas que deseguida os piratas comezaron a aparecer. Atacábannos a cañonazos. Non podiamos despirtarnos nin un só momento!

Despois dunha longa viaxe de volta logramos chegar a España. Empezouse a correr a voz de todas as cousas que acadáramos na nosa viaxe e os comerciantes da época comezaron a facer a súa fortuna ao igual que nós con todos estes produtos.

Aquí tedes a señora burguesa ofrecéndonos un feixe de cartos por toda a nosa mercancía.

Cando rematamos de venderlle todo pediunos se podiamos axudarlle a un neno que non paraba de chorar alí cerca. Fomos ata el.

Dicía ser o fillo de Cristovo Colón. Tiña unha carta escrita en galego na que o seu pai, ademais de dicirlle o moito que o quería, deixáballe todas as súas pertenzas e tesouros.

Mais para atopalos tiñamos que descifrar o mapa que alí debuxara. Listos como somos non tardamos en atopar a resposta: na bandeira do barco pirata que teñen os pequenos no parque infantil!

                 

 

Foi unha longa e dura travesía mais valeu a pena!

Toda unha aventura!

 

Gracias ao esforzo dos maiores do cole!

Eles tamén tiveron o seu premio final: un refrescante xeado e algo doce...

Bo verán!

(2014/2015) Fin do proxecto sobre o xogo popular

EN EDUCACIÓN FÍSICA,DENTRO DO PROXECTO DE CENTRO SOBRE O ARTE,

TRABALLAMOS O XOGO POPULAR

 

Para elo seguimos os seguintes pasos:

 

1º Debatimos sobre que era un xogo popular e que os diferenciaba de outro tipo de xogos ou deportes.

2º Fomos anotando e practicamos algúns dos que xa coñeciamos.

3º Algún deles non tardou en invadir o noso patio!

4º Tamén xogamos a outros que non coñeciamos.

5º Recollemos información sobre eles nunhas fichas coas que prepara un dossier de xogos populares.

6º Entre todos preparamos unha pequena exposición con todos aqueles que fomos traendo das casas.

7º Tamén coñecimos a influencia que tiveron no mundo do arte, estando presentes en numerosas obras de artistas coma o noso Francisco Goya, Monet, Gauguin, Fragonart,... e Brueguel el Viejo (chegou a pintar 86 xogos diferentes na mesma obra!), os que pusemos decorando as paredes da nosa exposición.

 

8º Cada aula elexiu dous deses xogos que preparou para representar na celebración do Día das Letras Galegas no escenario: corda, agachadas, boliche, palmas, goma, lombas, trompo, aro de guiar, zancos, pasemisí, diábolo e aros.

9º Tamén cada neno e nena debuxou os dous xogos da súa clase, os cales empregamos para decorar ao redor das fotos da actuación e poñer na corcheira de EF da entrada do centro.

10º Eleximos os máis vistosos de cada un deles para pintar unha zona das paredes da sala de usos múltiples do centro (producto final do proxecto).

Pouco a pouco todo o alumnado vai pasando para dar a súa aportación de color aos debuxos gañadores.

Así de chulo vai quedando a parte do noso mural!

A partir de agora ...

de seguro que non imos dubidar

da importancia do xogo popular!

(Todas as fotos destas actividades podédelas atopar na galería fotográfica da nosa web ou nas diferentes entradas do recanto de Educación Física da mesma )

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.