Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2015-2016) "El ojo de Horus"

Este misterioso e atractivo símbolo exipcio, captou o noso interese, e así, aproveitamos para facer unha pequena tarefa na área de matemáticas.

O primeiro foi investigar o significado deste máxico símbolo que o exipcios usan como amuleto protector. Collemos os nosos portátiles e repartimos o traballo. Ao tempo que investigamos, empezamos a ilustrar a imaxe.

 

Temos que ir atopando a resposta a unha serie de preguntas: 

A primeira de todas era, por suposto, descubrir o significado deste enigmático "ollo". Pero ademais...

Como eran os números exipcios...

Ou como representaban as fraccións...

Incluso se os maias coñecian as fraccións...

Puxemos moito empeño no noso traballo!!!

Foi unha tarefa realmente interesante!!!

E os traballos quedaron así de ben!!!

        

María Sabarís

(2015-2016) Elaboramos caligramas con bonitas mensaxes...

Cada un dos grupos cooperativos, elabora un caligrama  con mensaxes de paz, xustiza, amor...Facendo unha pequena parada para reflexionar neses valores que de cando en vez convén recordar...

O primeiro e pensar na nosa mensaxe e ir trazando o deseño da forma que lle queremos dar.

Trátase de pensar en dúas palabras ben bonitas e, a partir delas, facer unha mestura da que sairá un "palabro" ao que nós teremos que darlle un significado.

Isto pinta ben...

E pasámolo ainda mellor...

E quedaron así de bonitas!!

Que cheos quedamos!!!!

 

María Sabarís

(2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca

A retroalimentación é un proceso a través do cal o alumno comproba o aprendido, así coma o nivel no que se atopa, ao mesmo tempo que afianza os seus coñecementos.

Así pois, este proceso axuda ao alumno a reafirmar os coñecementos aprendidos ao tempo que  comprende os novos, unha vez demostrado o dominio do acadado anteriormente. Define o grao no que está, o que lle servirá de base no próximo nivel para ser utilizado como coñecemento previo.

Reforza e leva ao alumno a unha realidade na cal chega a ser consciente da súa capacidade e tamén do nivel acadado.

Co obxecto de poñer en práctica este proceso, as titoras de 3º e 5º cursos, cos nosos respectivos alumnos, preparamos un encontro na biblioteca. Ademais, os alumnos 5º viñan de ter a mesma mestra que agora teñen os de 3º, un "factor común" a ter en conta.

Deste xeito, xuntámonos nun acolledor recuncho e comezamos a nosa experiencia.

Preparámonos para ler:

Trátase de que os alumnos vaian lendo alternativamente, 5º e 3º cursos, un fragmento dun texto que eles mesmos escolleron entre os seus libros favoritos.

Empezamos por un dos maiores:

Agora tócalle a un dos pequenos:

E así sucesivamente...

   

 

 

Todos escoitamos con atención...

Os alumnos recoñecen e explican os déficits en lectura que recoñecen nos máis pequenos (fluidez, entonación, vocalización, comprensión...). Eles mesmos pasaron por esa etapa de dificultades, polo tanto son conscientes de todo o proceso que os levou ao nivel actual. Síntense satisfeitos e orgullosos de si mesmos... e... queren opinar!!!

A profe tamén lles fai preguntas!

Agora son capaces de recoñecer as distintas dificultades que se dan na lectura dos alumnos de menor nivel, facendo unha comparativa entre a calidade lectora destes pequenos e a que eles, ou algún dos seus compañeiros, presentaban, pois é unha fase pola que eles mesmos xa pasaron.

Foi unha dinámica moi enriquecedora para ambos grupos, os de terceiro comprendendo, co modelo lector dos maiores, que tamén eles con esforzo chegarían a ler así de ben e, os de quinto, sentíndose orgullosos dos seus progresos ao tempo que gozaron dun intre no que actuaron como "mestres lectores" dos máis pequenos, dándolles consellos para atallar as dificultades que tiña cada quen, baseándose na súa experiencia previa.

María Sabarís / Susana Batallán

(15/16) Ciencias 6º: Webquest sobre os Parques Nacionais de España.

 

Aquí tedes unha webquest coa que traballaremos diferentes contidos sobre os Parques Nacionais de España. Poñémonos mans á obra!

http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_derecha_w.php?id_activida...

Aquí tedes tamén o enlace ao vídeo sobre eles ( o que atoparedes na webquest dá erro)

 

 

 

(2015/2016) CIENCIAS 6º: Espacios naturais galegos.

Aquí tedes o enlace a unha presentación sobre

os Espacios protexidos de Galicia

Agardo que vos sexa de gran axuda para preparar este traballo. 

(2015/2016) Reforzo da competencia lingüística en 6º

Este curso temos dentro do horario unha sesión semanal adicada a mellorar a nosa competencia lingüística.

Para elo como primeira actividade deste curso preparou cada un de nós un MINICONTO:

-O primeiro paso foi falar e anotar cada un de nós un recordo do verán, o primeiro que nos apareceu na nosa mente. Anotámolos nun anaco de papel.

-Despois  noutro anaco escribimos cada un dúas cualidades positivas que pensa que ten: coidados@, amable, curios@, falador@,...

- No terceiro e último anaco tiñamos que inventarnos un superpoder que nos gustaría ter: o de volverse transparente, o de saber o que están a pensar os demais,... (Algún pasouse co seu superpoder...xa leeredes) 

Como remate mesturamos e repartimos os anacos. Cada un tivo tres cos que inventar unha pequeniña historia. Primeiro nun borrador, que despois de releída, correxida e reformada, pasámola aos minicontos que preparáramos pregando varias veces un folio.

 

Debuxamos e coloreámoslle en Plástica as distintas páxinas, pensamos nun título, deseñamos a portada e...listo!

 

Expuxémolos todos xuntos no taboleiro da clase!

A maioría das historias quedaron un pouco tolas, mais por iso aínda nos gustan máis.

Invitámosvos a lelas!

Adiantámosvos unha delas...

 

 

(2015/2016) CIENCIAS 6º: Sociais e a xeografía europea.

Como comezo de curso en Ciencias Sociais estivemos a falar de países europeos

Rapidamente démonos conta de que pouco sabiamos co que decidimos poñernos mans á obra para darlle solución a este problemiña:

-despois de falar do que era un mapa e a diferencia entre os mapas políticos e físicos, deseguido tivemos cada un de nós nas nosas mans un pequeno mapa político europeo. Cada un elexiu un país. (Algún pedía investigar sobre Australia!  En Europa! Falta nos faría traballar ben este  tema...)

Detrás do mapa fomos anotando os distintos temas que nos parecían interesantes para investigar sobre eles: bandeira, coste do billete de avión ata el, personaxes importantes dese país, himno, ...

Tivemos dúas sesións cos ultraportátiles da aula para recoller información sobre o mesmo.

 

Toda ela teríamola que plasmar nun folio Din A3 a modo de mapa conceptual para logo mostrarlle aos nosos compañeir@s da clase todo o que averiguamos. Costounos traballo, mais algúns quedaron moi ben! 

 

Agora tócanos poñernos a aprender os datos máis importantes sobre este continente: ríos, montañas, países e capitais, illas,... Será duro pero moi interesante!

Para axudarnos a facelo máis levadeiro temos no apartado de axendas escolares o seguinte enlace no cal traballar todos estes datos de maneira máis lúdica: 

(2015/2016) Comezamos Plástica no 6º curso.

Acabamos de rematar o primeiro mes de colexio e xa temos un feixe de cousas que contarvos dende a área de Plástica:
-a 1º actividade na que andivemos a enredar foi crear as ilustracións duns minicontos que fixo cada un de nós o primeiro día de clase. Debuxo, cor, deseño de portada,...  
- a 2º foi crear cada un de nós a nosa carpeta na que recoller os traballos plásticos que vaiamos facendo.
Nela falamos do collage e tentamos empregar esta técnica: cada un colleu unha das revistas que trouxemos da casa e buscamos zonas nas que poder recortar cada unha das letras do nome desta materia que tivesen imáxenes relacionadas con cada unha delas. Logo de ter todas pegámolas na nosa carpeta. Así de chulas quedaron!
 
- Na 3º empregamos as témperas e pinceis para completar un gran círculo cromático. Partindo das cores primarias acadamos completar cada unha das súas partes mesturándoas en distintas proporcións.
Tamén relacionado co mesmo tema, mais empregando as ceras duras, completamos cada un dos depósitos dun laboratorio cromático. 

-Na 4º sesión  dividimos o círculo cromático que pintaramos en dúas partes. Por un lado deixamos as cores frías e por outro as quentes. Separamos as ceras brandas en cada un destes grupos e mans á obra!
Despois de repasar a silueta das nosas mans e de dividir o papel de traballo cada un coa súa trama elexida, fomos dándolle cor. As partes interiores da silueta da man coas cálidas tentando que non se repetiran dúas cores iguais seguidas e as zonas exteriores coas frías.
Aínda non a demos rematado mais polo momento así de atractivas van quedando!
- Para reforzar todo o que ímos traballando temos no apartado de axendas escolares da nosa web o seguinte enlace:
Somos uns artistas...non si?
E máis o seremos ao rematar este curso con todo o que deamos traballado e aprendido! 

Sociais 6º: Recurso para traballar os mapas físicos e políticos das diferentes zonas xeográficas.

Agardo que vos sexa de gran axuda este enlace que aquí tedes no cal poderedes comprobar os vosos coñecementos e reforzalos xogando coas probas de acerto e puzzles das diferentes zonas xeográficas da Terra.

Ánimo!

(2014-2015) Pintamos o salón de usos múltiples

Unha vez rematada a nosa tarefa relacionada coa  arte abstracta contemporánea, centrámonos no proxecto común de centro, no que cada curso se dedica a un artista diferente e, cuxo produto social relevante será o pintado do salón de usos múltiples, alí,  cada curso plasmará unha obra do artista traballado.

Nós, xunto co alumnado de 6º curso, pintaremos "O cabalo" de Granell.

Comezamos por preparar a pintura...

E mentres uns van mesturando pinturas, outros van xa pintando...

A cousa "pinta" ben....

E por fin, o resultado non está nada mal!!!

O traballo mereceu a pena!!!! 

  María Sabarís

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.