Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2013-2014) Retratámonos con alambre

Seguimos a traballar o retrato.
Xa o fixemos de varias maneiras, como vos contamos nunha entrada anterior; mais desta vez... probamos cunha técnica nova.
Fixémolo, coma non, ao estilo Calder: con alambre!

Sandy (Alexander Calder)

fixo un feixe de retratos

empregando para elo este material.

Dende animais, personaxes de circo,

amizades e famosos da súa época.

Na nosa clase probamos a facelo con nós mesmos. (Se clicades nesta imaxe accederedes a unha revista con todos os nosos retratos.Quen será quen?)

- Primeiro debuxamos os nosos retratos de frente ou perfil. A única condición a respetar foi a de facelo cun único trazo (técnica que xa practicaramos o curso anterior).

- Despois, tentamos facelo cun anaco de fío de alambre. Resultou un pouco máis difícil, sobre todo porque ao facer unha parte movíasenos o que xa tiñamos listo. Algúns decidiron pousar libros nas partes rematadas para así fixalo.

E mirade... ao final non quedaron tan mal.

É que somos uns artistas!

E este último cun aire picasiano, non vos parece?

(2013-2014) Durante o mes de outubro...

Durante este segundo mes de curso...

- Sumouse a nosa aula unha alumna nova: Uxía. Benvida!!

-Redactamos CONTOS. Neles o protagonista é o corvo Coco e a antagonista a urraca Lili (mascotas reais "e faladoras" de Dani Campos). Os dous tiñan que pelexar por unha castaña (xa que chega o tempo do Magosto) e a acción acontecer nun día de Samaín. Resultaron 11 boas historias que expusemos no corredor metidas nunhas follas que colgan dunha árbore escura.

 

Todo arrodeado de corvos que voan ata o pote do mural da entrada do colexio.

-Algún tivo que quitar algunha chamada de atención. Para elo ...

.tróuxonos información dun libro que atopou na casa sobre como se fan os retratos ( xa que en plástica estabamos a traballalo)

. lemos información sobre Alexander Calder que atopou en Internet.

. e outro día deunos un cursillo acelerado de taichí e ???

Por suposto que llas borramos!

. Tamén trouxeron traballos relacionados co artista que estamos a traballar en plástica. Así Dani fixo o debuxo do avión que el diseñara, Laura unha cabaza con alambre e Virginia unha figura dun elefante e o móvil do peixe que preparou con axuda do seu avó. Alucinantes!!

 

- Preparamos decoración para a aula de Samaín. Fixemos unhas marionetas de bruxas e bruxos decorándoas con anacos de papeis, teas e cores.

 

- Fíxonos unha visita a orientadora do centro para explicarnos e darnos consellos sobre como debemos estudiar.

- Participamos en actividades que nos propuxeron dende a biblioteca:

.  decorando unhas follas nas que escribimos palabras referidas aos distintos tipos de xéneros literarios que estamos a estudar en lingua.

. e debuxando castañas que metesen medo!! para pegar na pota da bruxa

- E, por suposto, desfrutamos coa celebración do Samaín e Magosto!

.traendo cabazas decoradas:

E , entre elas, a máis votada polos nenos  e nenas no terceiro ciclo foi...

 ...a cabaza de Jose! Aquí está xunto as demais gañadoras.

.participando nos talleres de Samaín: de curtos de medo, de debuxo e maquillaxe, de xogos e de contos.

.e, como remate, papando as castañas quentiñas!

Un bo mes, non si?

(2013-2014) Diseñando o pintado do noso coche

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, andamos a traballar na nosa aula na hora semanal de plástica coa obra do gran escultor Alexander Calder.

(Clicade aquí para acceder a ela)

Unha das actividades que nos propuxeron facer na webquest que traballamos sobre el foi o diseño do pintado dun coche.  E así fixemos!

1º Preparamos os nosos debuxos. Algún tiña diferentes modelos onde elexir...

2º Démoslle unha base branca ao coche para logo poder decoralo mellor.

3º Perfilamos as distintas partes e démoslle cor.

A idea era que o pintado final fose o que deseñaramos no papel.

 

Non quedaron tan ben coma o de Calder, pero... é que aínda nos quedan anos de experiencia!

Se clicades sobre a imaxe accederedes á revista dixital dos feitos na aula.

Ademais agora temos coches de xoguete na aula únicos e orixinais!

(2013-2014) Descubrindo a Alexander Calder

ALEXANDER CALDER

Durante este mes de outubro estivemos a traballar nas clases de plástica cun gran e divertido artista.

(Que raro todo en vermello... non? Todo ten un por que...O vermello era a súa cor favorita!)

que fixemos foi preguntarnos se o coñeciamos. Nin idea... (Como non foxe o pai de Alexandre o de clase).

O foi traballar en grupos cunha pequena webquest que nos preparou a mestra. Cos ultraportátiles entramos nela e comezamos a resolver as distintas cuestións plantexadas no seu proceso.

Así foi como...

...... Escribimos a súa biografía (traballada en lingua castelá). Algúns dos datos que máis nos sorprenderon dela foron: -que o primeiro agasallo que tivo de pequeno fora un taller.

-que estudiara inxeniería.

- que o seu pai e avó fosen escultores e a súa nai pintora.

- que fose o INVENTOR dos móbiles ( non dos teléfonos!) e precursor do arte cinético.  (Xusto na clase xa tiñamos dúas obras deste tipo: o móbil que fixeramos o curso pasado na nosa visita ao Salón do Libro e a "escultura cinética" que preparara Daniel Camiña durante o proxecto dos inventos.)

- que fose moi amigo de Joan Miró (artista español do que algo xa averiguamos xunto con Picasso)

...... Recopilamos un feixe de obras súas que gardamos na nosa carpeta do ultraportátil e visionamos algún vídeo. Logo tamén reproducimos algunha.

(Poderedes atopar todas elas no enlace á Fundación Calder. Está na nosa web no apartado de recursos e ligazóns de sexto)

....... Diseñamos o pintado do noso propio coche, tal como fixera Calder con coches e avións.

 

...... Fixemos o estudo dos nosos retratos e despois de facelos nun só trazo de frente e de perfil, pasámolos a facer con alambre.

 

 ...... E ,coma non, preparamos os nosos propios móbiles.

 

Ademais...tamén algún de nós foi traendo información sacada de internet sobre el, outros prepararon reproduccións dalgunha das súas obras e lemos un libro que a mestra trouxo da biblioteca pública sobre a súa obra.

 

 Todo o que descubrimos dun home do que ninguén na clase sabía nadiña!

Esto de informarse.... é alucinante!!!!!

Todas as imaxes son obras deste artista.

As nosas irémosvolas mostrando nos próximos días, a medida que as vaiamos rematando. De momento seguimos no taller traballando!!

A ver se nos da o tempo para montarvos unha pequena exposición con todas elas na aula. Algún de nós formarase como guía do museo Calder para informaros na visita. Avisarémosvos do día de apertura. Deica logo!

(2013-2014) Retratando!

O curso pasado debuxáramos as nosas mascotas traballando a escala.

Agora tocábanos a nós e retratámonos. Como?

Para decorar a aula con algo novo, orixinal e persoal, preparamos uns autorretratos un pouco especiais.

Para facelos marcamos nun papel a silueta da sombra do perfil da cara de cada un de nós. Escurecemos a clase e enfocamos o proxector nos nosos perfiles. Un compañeiro ía trazando a liña da sombra nun papel pegado na  parede.

Logo continuamos facendo líneas curvas seguindo a marcada polo noso perfil ata encher toda a nosa cara e coloreámolas.

A ver se dades averiguado quen é cada un. Algúns recoñécense bastante ben.

E seguindo cos retratos, tamén estivemos a debuxar diferentes modos de facer caras, emocións,...

Primeiro todos debuxamos 4 formas diferentes de cara e as distintas maneiras de facer narices, ollos, bocas e cellas.

Combinando todas elas fóronnos saíndo personaxes do máis variado e divertido.

Xa só nos queda darlle un pouco de cor e debuxarlle os complementos que acompañen mellor a cada un deles.

A ver se desta vai e xa deixamos de debuxar aos monicreques sempre do mesmo xeito.

É ben fácil e serán máis divertidos e orixinais! 

(2013-2014) Primeiros días do último curso

Por fin chegamos ao último curso de Primaria!

Xa fai unhas dúas semanas que comezamos.

Aínda que seguimos na mesma aula temos algunha novidade que contarvos.

Por exemplo que marchounos o noso compañeiro Borja, mais no seu lugar contamos no noso grupo cunha compañeira nova: Antía. Agora somos maioría de mulleres.

Ela tamén buscou no noso garabato de aula que fixeramos o curso pasado unha forma ( unha lágrima), coa que preparou unha composición escrita para poñer coas que fixeramos os demais.  Xa pertence de todo ao noso equipo!

As normas de aula deixámolas estar igual. De momento non pensamos necesario engadir ningunha. Seguen penduradas no alto do taboleiro. (A pesar de que están ben clariñas algún xa se esqueceu de respetar algunha delas)

Aumentamos a nosa biblioteca de aula cun andel no que puxemos algunhas lecturas que tiñamos pola casa e nos apetecía que os compañeiros tamén puidesen ler.

Tamén seguimos contando cos ultraportátiles e encerado dixital, ademais de empregar a pizarra tradicional

Temos un pequeno intento de "xardín de aula". Alí deixamos un dos xirasoles que tentaramos plantar no horto escolar. Durante o verán non parou de medrar. Ao que pode chegar en convertirse unha pequena pipa! (foto)

Tamén algún dos nenos trouxo fotos das plantas que conseguiran facer medrar na casa coas sementes que gañaran o adiviñar o pintor do cadro dos xirasoles o pasado curso.

Seguimos a traballar en conxunto nas 3 grandes e apetecibles mesas douradas. Nelas preparamos un "calendario personalizado". Cada un de nós preparou en A3 a folla do mes que lle tocara debuxando nela cousas relativas a el.

Cando as tivemos rematadas, perfilámolas e montámolas.

 

E agora xa temos o noso propio calendario para todo o ano escolar!

Tamén tivemos sorpresas que algún foi traendo: recortes de prensa, microscopios, ecografías!,...

Tivemos a visita de compañeiros que xa están na Xunqueira. Eles faláronos de como era iso do día a día no instituto, para así poder irnos facendo unha idea do que nos agarda dentro de pouco.

E como remate do primeiro mes asistimos cos compañeiros do segundo ciclo a unha contacontos na sala de usos múltiples do colexio.

Coas súas historias algúnha rematou chorando de risa.

Que bo fin de mes!!!

(2013-2014) Visita

Roberto, Santi, Pablo, Martín e Dani, exalumnos deste colexio que xa están en 2º de ESO, fixéronnos unha visita para contarnos como é a vida no IES "A Xunqueira" que nos agarda para o próximo curso.

(2012-2013) APRENDER A COMER BIEN

Baixo o lema " Aprender a comer bien", participamos nun concurso organizado por Nestle, no que diseñamos un anuncio donde intentamos convencer aos demais neno/as do importante que resulta para a nosa saúde o execicio físico e comer sano...

Con un pouco de sorte, ao mellor gañamos unha bicicleta!

Organizámonos en tres grupos:

Grupo 1:

TANIA, FÁTIMA, ISMAEL ESCARIZ E NOELIA

 

O seu anuncio quedou así de chulo!!!!!

O grupo 2:

ISMAEL SERRAPIO, JOSE, UXÍA, ANDREA, MERI...

O anuncio publicitario deste grupo é este:

E, para rematar, o grupo 3:

TAMARA, LARA, XERMÁN, MAICA E ANTÍA...

Queredes ver o seu anuncio?????

Pois aí vai...

( 2012/2013) INTERCULTURALIDAD

Este es un trabajo a través del cual pretendemos fomentar la interculturalidad partiendo de las ventajas, los retos, y los conflictos que suceden en sociedades multiculturales como la nuestra.

Haciendo un recorrido por distintos países, vamos valorando como la diversidad es innegable, y desde ahí, se pretende descubrir la necesidad del respeto como punto de partida.

(2012-2013) QUEN SON?

 

 A través destes collages descubrimos un aspecto importante de nós mesmos: Saber quen somos, e a imaxe que damos aos demais. Aprender a conocernos e a aceptarnos é importante para desarrollar unha autoestima positiva e ser máis felices.

QUEN SOMOS?

 Intentamos dar a coñecer aspectos de nós mesmos, os nosos gustos, os nosos intereses...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.