Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2012-2013) Na aula de 6º

A nosa imaxinación non ten límites...e pensamos que sería unha boa idea, xa que estamos no xa afamado outono, facer animaliños coas follas das árbores...

E, como o ratiño nos saíu tan ben, atrevémonos cun esquío, que aínda nos saíu mellor...

E un día que paseabamos polo patio, atopamos unhas follas que nos recordaron a un mouchiño, que nos quedou desta maneira!!!!!!!!!!

 

Este foi o resultado final...Que vos parece?

Nós estamos encantados!!!!

 

 

 

(2011-2012) Aburrídesvos? Non vos virá mal un repasiño.

No apartado da dereita da vosa web que pon "Recursos educativos e ligazóns", se pinchades en outras ligazóns teredes 4 enlaces a páxinas cun montón de tarefas relacionadas coas distintas áreas que traballastes.

-Por exemplo, nesta tedes dividido por etapas educativas os distintos contidos a traballar.

Ánimo! Bo verán!

 

-JUEDULAND: Se queredes outra páxina moi completa con todo tipo de actividades referidas aos contidos traballados en todas as áreas...

PINCHADE AQUÍ !!!

 

- Ademais destas outras dúas máis refrescantes

(2011-2012) Deixámosvos

 Esta será a nosa última páxina que subamos á nosa web.

 Rematou o noso paso por Primaria, e por suposto... como todos somos boísimos... aprobamos e marchamos ao Instituto!

Neste último día no "cole" fixemos unha pequena festa na clase con música, aperitivos, ...

Tamén abrimos as nosas notas.

Algún de nós non lles sacaba o ollo de enriba. Aínda non vos credes os bos que somos? Pois xa é hora!

 Tamén aproveitamos para falar e estar a gusto cos nosos mellores amigos. Despois de hoxe non nos veríamos tan a miúdo.

 Tamén tivemos un mimo coa mestra. (Non tiñades por qué! Xa bastante agasallo foi o ter a sorte de disfrutar con vós destes dous anos)

Saímos o recreo, o noso último partido na pista. Hoxe sí que nos tocaba a nós!

 Algunhas aproveitaron para botar o último baile

Xa ao regreso do recreo esperábanos a nosa despedida na sala de usos múltiples. O director explicoulles aos demais nenos e nenas o que ía a pasar.

Sentámonos no escenario para ver unha presentación "sorpresa" que nos preparou a mestra con imaxes do noso paso por a escola

 Emocionámonos bastante ao ver todas as cousas que levamos feito xuntos.

Nós tamén tiñamos preparado un vídeo moi divertido con bailes referentes a cada mestre que nos dera clase. Aquí xa comezamos a rir un rato.

E o final cada un de nós foi dicindo unhas palabras aos demais

e recibimos un agasallo por parte do colexio.

 

Ao chegar a clase fomos despedíndonos dos demais e...

 Aínda tivemos tempo para deixar polo colexio mensaxes tan bonitos coma este que apareceu pegado na pizarra dos compañeiros de quinto.

 Hoxe tamén foi a nosa última fila, e ... quen tocaría o timbre de saída por última vez?

 Roberto e Ani !  Aínda medio emocionados. Moita sorte!

 O colexio queda un pouco triste sen vós, que envidia me dan os mestres e compañerios do Instituto.

Mirade... así quedou agora a vosa clase.

Voltade pronto de visita... por favor!

 

(2011-2012) A voz de sexto: xornal coas noticias deste ano escolar .

Como remate deste curso voltamos a facer dende a nosa aula un xornal.

 Nel atoparedes un pequeno resumo de todas as noticias que consideramos máis importantes que foron sucedendo ao longo do ano.

Se queredes ollalo facede clic no seguinte enlace:

A VOZ DE SEXTO

(Debido ás presas de última hora quedaron pequenos partados sen rematar. Pedímosvos disculpas. O tempo non dou para máis. Temos que marchar xa para o Instituto)

(2011-2012) Alá imos!

Dado que xa estamos a un mes do remate das clases e xa non nos queda nada para o paso ao instituto, aquí tedes as páxinas dos centros nos que vos ides a seguir preparando para chegar a ser o que querades o día de mañán.

Informádevos ben e atopade resposta a todas as vosas dúbidas e preocupacións nelas

I E S XUNQUEIRA 1 de Pontevedra

C P I SANTA LUCÍA  de Moraña

(2011-2012) Celebración das Letras Galegas

Para a celebración do Día das Letras Galegas:

-preparamos unha obra de Teatro titulada "O semáforo"

Nela ao alcalde ocúrreselle inaugurar o primeiro semáforo de Campo Lameiro xusto o día deste Festival. Por problemas coa luz verde os distintos personaxes van quedando atascados sen poder cruzar para o colexio , ata que chega o xuiz que resolverá este lío.

- Tamén en galego preparamos un traballo sobre Valentín Paz Andrade

-Como os anos anteriores elaboramos o maio, encargándonos de colocar o fiuncho.

 

para logo con el bailar e cantar as coplas que elaboramos todos os nenos e nenas do colexio.

Incluso saímos na prensa! 

 

-Cos compañeiros de quinto preparamos un conto coa palabra elexida en galego por cada un de nós. Os da nosa aula elexiron a que máis lles gustou de cadansúa camiseta do traballo do libro de Fina Casalderrey "A lagoa das nenas mudas" 

Cada un ía engadindo unha oración coa súa palabra ata completar a historia. Lémola no festexo.

- Tamén tocamos o himno galego xunto cos compañeiros de ciclo.

-Por último asistimos á actuación dun contacontos...

(2011-2012) Celebración do Día do Libro

 Para celebrar o Día do Libro no noso centro acudimos á sala de usos múltiples para asistir á actuación da contacontos Leo Leíña.

Unha mestura de contos, maxia, cancións,... coas que todos pasamos un bo rato.

 

Tamén trouxemos os nosos libros favoritos da casa, cunha ficha sobre eles coas que , dende a biblioteca do centro, farase unha exposición. 

Ademais tamén estamos a preparar no ciclo unha historia formada  co enlace de textos que vai facendo cada neno coa palabra favorita de cada un deles.

Xa contaremos como queda!

(2011-2012) Xornada de Educación Vial coa DXT

Este mércores participamos xunto cos compañeiros de ciclo dunha xornada de Educación Vial no noso colexio.

Con persoal da Dirección Xeral de Tráfico estivemos na aula de informática vendo uns vídeos relacionados co tema e traballando nos ordenadores cun programa informático co fin de que coñecésemos mellor os diferentes tipos de sinais de tráfico, as funcións dos policías, como se debe comportar un como peón,...

Despois do recreo saimos ao patio onde nos agardaba un garda civil de tráfico co seu coche. Explicounos cal era a súa labor, as cousas que levaba no maletero do seu coche (sinais, bandieras, reflectantes,...) , as luces e serea do teito,... Incluso deixounos subir nel. Algún atreveuse a poñer as súas gorras e falar pola radio.

Tamén nos explicou en que consistía o alcoholímetro e o perigo de ir bébedo ao volante. Por se acaso fíxonos a proba a todos. Demos 0,00 , ningún deu positivo.

¿Sabedes canto é o máximo permitido?

E como remate entramos ao pavillón onde tivemos que poñernos uns chalecos reflectantes, cascos e por turnos fumos pasando a un circuito que nos tiñan montado na pista con semáforos de verdade, rotondas, cedas, stops, pasos de peóns,... Subidos a uns coches eléctricos recorremos o circuito tendo conta de respetar todas as sinais e as indicacións do monitor.

A maioría conducidos tan ben que case xa nos dan o carné. Outros.... despois de varias infracción graves... incluso lles retiraron o coche e non puideron seguir disfrutando do pracer de conducir con responsabilidade. Como na vida real!

(2011-2012) Visitamos o Salón do Libro e participamos nun taller de amuletos

O pasado venres fixemos a Visita ao Salón do Libro no Pazo da Cultura de Pontevedra xunto cos nenos de 1º curso e Infantil.

Ao chegar alí separáronnos en dous grupos. A nós tocounos participar nun taller de amuletos co alumnado tamén de sexto do colexio de Campañó.

Dentro da sala unha mestra , despois de falar sobre as superticións en Galicia, tíñanos preparados materiais cos que poder elaborar os nosos propios amuletos para protexernos ou darnos máis sorte sobre o que nós quixesemos.

Ao final , algúns deles quedaron así de chulos. Por detrás tiñan o seu nome e a explicación, como por exemplo :

- protexer da mala sorte que lle daba o número sete,

- protexer dos medos da escuridade e o silencio,

- dar sorte nos exames e poder así sacar un 10!

- ou para ter sorte e marcar goles nos partidos.

Ao salir dalí unha guía levounos ata as salas acompañados por Orbil, onde nos foi explicando as diferentes partes e vemos os traballos dos demais colexios participantes.

E ,por suposto, alí tamén estaba o traballo do noso colexio. Xa que estabamos cos tenos de Campañó, explicámoslles en que consistía o taboleiro, e o traballo que fixeramos sobre as accións asociadas á boa ou mala sorte.

Coma o  ano pasado, a visita fíxesonos curta e quedamos sen tempo para disfrutar o que nós queriamos de todos os libros que teñen alí relacionados coa mala sorte e máis. Pero para iso podemos ir calquera día pola tarde durante todo este mes.

Xa de regreso, na entrada do Pazo, fixemos a foto de grupo con todos os demais.

Antes de regresar ao colexio, demos un paseo pola Illa das Esculturas ata o novo parque da Xunqueira para alí merendar e xogar.

De recollida, antes de subir ao autobús.

Que pronto chegue a próxima saída!

82011-2012) Celebracións: Paz e Entroido

Neste mes que rematamos participamos en dúas das celebracións que se fixeron no colexio:

 O Día da Paz:

- para o cal fixemos no ciclo coa mestra de relixión uns traballos murais

 - xunto con todo o centro preparamos monequiños representando distintas nacionalidades que colocou cada neno ao redor da bola do mundo.

 - e , no escenario fixemos lectura dunha historia en galego e inglés, miramos o video da historia que leramos "Sadako y las mil grullas de papel", ( se queredes recordalas clicade nelas) e cantamos e bailamos ao ritmo da canción "Celebra la vida" que todos tiñamos preparada

  

no ENTROIDO

Para o Entroido deste curso todo o colexio disfrazouse tomando como tema o Espacio. Así houbo Astronautas (Infantil), Planetas (Infantil de Cerdeiras), Soles e Estrelas ( 1º ciclo), Lúas (2º ciclo) e Extraterrestres (3º ciclo)

Preparámonos nas clases, para cando nos avisaran sair a desfilar ao redor do colexio e logo terminar bailando no pavillón.

 Despedímonos do noso último Entroido no colexio!

 

 

Aquí tedes imaxes de como ían disfrazados os demais nenos:

Os nenos de Infantil:

Os de primeiro e segundo

Os de terceiro e cuarto

 E os de quinto

 Como remate saboreamos os postres típicos de Entroido que algúns dos nenos e nenas trouxeran ao colexio

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.