Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2011-2012) Traballando para o Salón do Libro

Un ano máis estivemos a preparar o noso traballo de cara o Salón do Libro deste ano.

 O título é 12+1 e vai de todas esas supersticións que se asocian coa boa ou a mala sorte. (Se queredes saber máis entrade aquí na Web do Salón do Libro 2012)

No colexio participamos os da nosa clase xunto cos nenos e nenas de Infantil e primeiro e a unitaria de Cerdeiras.

Decidimos facer un taboleiro semellante ao do xogo da Oca pero no cal as diferentes casillas serían imaxes das diferentes cousas que se asocian coa boa ou mala sorte. En lugar de ocas habería tréboles, gatos negros, espellos rotos,...

Repartímolas casillas en 5 temas: animais (casillas laranxas), amuletos(de cor violeta), obxectos ( vermellas), números(azuis) e accións ( casillas de cor amarelo). Esta última foi o tema que escollemos os de sexto.

Xa polo mes de novembro recolleramos nunha ficha todas aquelas cousas que se asociaban coa sorte, e tamén preguntaramos nas casas cales delas se facían ou evitaban. Démonos conta de que había máis das que pensabamos nun principio.

Delas escollemos as que implicaban unha acción, e así no noso traballo investigamos sobre as consecuencias positivas ou negativas de facer cada unha das seguintes accións:

-"cruzar os dedos"  e "non pisar as liñas do chan"

-"pisar caca" e " entrar co pé dereito"

-"frotar algo no ventre dunha embarazada" e "derramar o sal"

 

 -"santiguarse" e "bostezar sen poñer a man"

-"abrir o paraugas baixo teito" e "durmir cos calcetíns"

- "pasar baixo unha escaleira" e "tocar madeira"

- e a acción 12+1 que foi "durmir co pixama do revés"

 

 

Nunhas fichas recollemos a nosa acción, a teoría que  explica o por que se di que da boa ou mala sorte, o rexistro do que lle pasou a cada un dos 12+1 nenos da clase, as porcentaxes de casos de boa, mala ou nada, e a conclusión final xunto cun refrán inventado para esa acción.

 

Os resultados plasmámolos en diagramas de sectores e gráficas de barras aproveitando así para traballar dous dos temas de matemáticas: Azar, Probabilidade e Estadística.

Ao final o traballo conxunto quedou así

O próximo venres 9 de marzo temos a saída a Pontevedra para participar nas actividades que organizan para os centros escolares e así tamén ver alí o noso traballo xunto cos dos demais centros participantes.

Como non temos as fotos do resultado final, durante a visita farémoslle as fotos para que o podades ver tamén na web do centro.

Ata entón!

 

(2011-2012) Incumprindo as normas de aula

INCUMPRINDO AS NORMAS DA AULA

 Na nosa clase temos un cadro coas normas de comportamento que decidimos que eran necesarias para que todo funcionase o mellor posible.

Ao lado del hai unha táboa onde anotamos cada mes os fallos que imos tendo cada un de nós nelas.

Hai dúas delas que si incumprimos ás veces: a de non interrumpir cando se está a falar e a de traballar en silencio.

Os que temos ao fin do trimestre o cadro de comportamento sen ningunha erro conseguimos un pequeno agasallo que entre todos decidimos.

Por elo, os que teñen algunha anotación queren borrala.

Así lles pasou ,por exemplo, a Ana e a Xesús.

 

Para recuperar eses pequenos fallos en comportamento poden preparar algo para os seus compañeiros que durante tres minutos como máximo  expoñen diante deles: chistes, cancións, contos, bailes, ... o que se lles ocorra.

Nesta ocasión agasalláronnos con ... unhas deliciosas galletas coa forma da letra pola que empeza cada un dos nosos nomes e a interpretación dunha peza musical

 

Ao remate os compañeiros deciden se merecen ou non borrarlles o punto. Despois de comer e escoitar decidimos...

 

 que....VÓS SI QUE VALEDES!!

O xurado acostuma a ser bastante bo , ainda que de cando en vez aparece un Risto polo medio.

Desta vez, como xurado tivemos tamén a participación do director e a mestra de música.

Algún quedou con ganas de máis!

(2011-2012) Recollida de tapóns

Fai un par de semanas un neno da nosa clase comentounos que falara co seu pai de por qué non faciamos unha recollida de tapóns no colexio.

Algúns nenos preguntáronlle que para qué e contestoulles que para axudar a nenos enfermos.

Buscamos nese intre en Internet no ordenador da clase e vemos como hai anuncios de familias de nenos con distintos tipos de enfermidades que os recollen para logo levar a reciclar e xuntar pouco a pouco os cartos necesarios para costear os seus tratamentos.

(Se queredes saber máis sobre este tema entrade no seguinte enlace TAPÓNS SOLIDARIOS)

Gustounos a idea de podelos axudar, así que ademais de poñer un recipente na clase para ilos xuntando tamén fixemos un cartel para a porta da clase e que así os demais cursos participaran tamén.

Os nenos e nenas de Infantil enteráronse e en dous días xa tiñan os botes a botar por fóra.

Nunha semana enchemos unha gran bolsa, que o neno que propuxera a idea levou para casa para ir xunto co seu pai a levalos ao lugar de recollida.

E seguimos..

(2011-2012) Celebramos o Nadal

Como remate deste primeiro trimestre, ademais de rematar os temas, facer exámenes, e dar os nosos últimos esforzos estudando e traballando todo o que puidemos; tamén preparamos algunhas cousiñas para a celebración do Nadal:

-Preparamos un mural para poñer no corredor no que debuxamos cubos (xa que estabamos coas potencias en matemáticas) a modo de paquetes de agasallos.

Ao levantarlle o cadrado dianteiro aparecía unha imaxe de cada un de nós agasallándovos algo como: 

                                       apertas e visitas

                                     chistes, risas e caricias

                                    aplausos, ánimos e amizade

                                      tempo con vós e bicos

                                     sorrisos e debuxos

                                       Así quedou ao final:

 

 

- Tamén decoramos o pasillo con recortes de copos de neve xunto cos compañeiros de ciclo.

-De novo, preparamos para o último día o agasallo do amigo invisible. Este ano algún de nós esmerouse de verdade!

De merenda tomamos algún dos postres e doces que trouxemos algún de nós.

- E despois do recreo asistimos ao Festival de Nadal onde  tiñamos preparado un baile e canción coa mestra de música. Algúns deses momentos...

 

 

 

 

Aquí tedes algunhas das imaxes das demais  actuacións:

Actuación dos nenos de Infantil

Baile dos alumnos e alumnas de 1º curso 

 Baile do alumnado de 2º curso

Os nenos e nenas de 3º encargáronse de presentar

 

Baile dos nenos e nenas de 4º 

 

Actuación dos nenos e nenas de 5º

 

 Tamén entregáronse os premios aos gañadores dos debuxos da Postal de Nadal do Concello

 

E comemos os 12 gusanitos da sorte

 

               Que todos teñades un bo ano novo 2012!!

-

(2011-2012) Por fin! Pintamos os xogos no patio cuberto!

TRABALLO FEITO!

O luns desta semana adicamos a clase de Educación Física, a de Cidadanía,... ás prepacións e pintado dos xogos no patio cuberto da nosa escola.

Foi unha mañán diferente na que non paramos: que si barrer, recortar, pintar con xices o chan, encintar, pintar cos rodillos , falar...

Coma sempre aquí tedes algunha das imaxes destes momentos.

Barrendo ben o chan para que pegase a cinta de marcar:

Pintando con xices as formas dos xogos para logo poder encintar e pintar:

Poñendo as cintas e recortes dos números para pasar ao pintado:

Preparando as letras para recortar e pintar nos xogos:

Pintando parte dos xogos cos rodillos:

E , xa pintado, retiramos as cintas que perfilaban os debuxos:

Ao final quedou así de chulo

Aínda falta rematar algúns detalles: coma os números dos xogos, os debuxos das serpes e da diana,... pero na vindeira semana quedará listo.

Como o pintado do patio coincide coa chegada ao colexio do baúl cos xogos populares que se lle pediu á Xunta algúns cursos xa usaron as pintadas do patio para podelos practicar.

Nos recreos tamén podemos usar estes materiais. A pena é que só os deixan durate unha semana.

Polo menos as pintadas dos xogos quedarán para sempre!

ABERTO POR VACACIÓNS: infantil, primaria e secundaria

ABERTO POR VACACIÓNS:

Elexide ben  a etapa educativa e a entretervos con todos estas actividades.

Algunha non é tan sinxela...

Poñédevos a proba!

(2011-2012) Non esquecemos o patio

Lembrades que estabamos dándolle voltas a como mellorar o noso patio cuberto?

Medíramolo

, fixeramos un plano

 

, pasarámolo a nosa libreta cuadriculada

 

 e... quedábanos facer os diferentes diseños de como poñer nel xogos populares.

Aquí tedes algúns deles:

 Ide pensando como melloralos, admítense propostas.

Xa queda pouco para comezar a pintalo!

(2011-2012) Celebramos o Magosto

Este curso, celebramos o Magosto dende a nosa aula con diferentes actividades.

-  Unha delas foi a de axudar a mestra de Educación Física a preparar todo o necesario para a xornada de xogos do pavillón , na cal fariamos de monitores en cada un dos 8 xogos. 

Así viñemos vestidos para a ocasión. Representabamos: nenos pequenos, artistas, granxeiros, porquiños, vendimadores,...

    

Aquí estamos a preparar os materiais necesarios para realizar as diferentes actividades dos xogos:

Se queredes ver as imaxes dos xogos entrade no recanto de Educación Física en " Xogos Magosto".

-  Tamén, xunto cos nosos compañeiros de ciclo, preparamos diálogos entre personaxes do Magosto: castañas, vermes, castiñeiros, ourizos, castañeira,...

Representámolos na biblioteca do colexio durante as dúas horas antes do recreo para todos os demais nenos e nenas . Aquí vedes algúns deses momentos:

Quedaron bastante ben e todos botamos unhas risas coas cousas que lles acontecían.

E... coma somos os maiores... tamén nos encargamos de repartir as castañas asadas a todo o colexio.

Ata o próximo Magosto!

(2011-2012) Contos de bruxas e bruxos

Entre as cousas que fixemos dende a nosa aula para a celebración do Samaín no noso colexio foi este traballo conxunto cos compañeiros/as de ciclo.

Dentro deste libriño exposto no noso corredor atoparás as nosas historias sobre bruxos e bruxas. As que nos seleccionamos como mellores foron as de Santi, Arantxa e Martín,... mais todas están moi entretidas.

Pinchade na súa portada e disfrutade.

E aquí rematan as nosas historias de Samaín por este ano

(2011-2012) Celebración do Samaín

Festa do SamaínEnoxadoSorprendidoChorando
O pasado venres celebrouse no colexio a Festa  do Samaín. 
Para este día :
- preparamos uns Contos sobre bruxas e bruxos xunto cos nosos compañeiros/as de quinto, cos que se fixo un libro que temos exposto no noso corredor.
Tamén preparamos entre todos o cartel para o lugar onde se ían expoñer.
Na nosa clase lemos todas as nosas historias.
Logo eleximos as tres que nos parecían mellor feitas ou divertidas. Foi difícil de verdade, pois case todas estaban moi ben. Mais este ano os seleccionados foron:-Santiago :"O bruxo rapeiro"
-Arantxa:"O colexio encantado"
- Martín: "A bruxa pija"
Os nenos e nenas de quinto foron os encargados de escoller entre estas tres historias.
 A gañadora foi Arantxa, co cal tívoa que ler no festival.
Entre as de quinto nós escollemos o conto de Noelia.
 
- Tamén participamos no Festival con actuacións que preparou con nós a mestra de música.
 
-
Todos os nenos e nenas do colexio trouxemos cabazas decoradas para a exposición e concurso.
Na nosa clase saíron tres seleccionadas: a de Ana como a mellor do terceiro ciclo, a de Arantxa como "a máis fashion" e a de Daniel  como "a máis curranta" 
- E ademais  este curso , xa que é o noso último ano no colexio, tocounos a nós encargarnos de darlles os sustos a todos os nenos e nenas cando ían á votación das cabazas.
Como vedes......  non paaaaraaaamoooos!!!! 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.