Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

MAGOSTOSAMAÍN

MAGOSTOSAMAÍN Sorprendido

XA SE ACERCA O DÍA QUE TODOS E TODAS ESTABADES AGARDANDO, EU TAMÉN, XA VOU TENDO FAME...

 

Este ano parece que hai unha momia solta

 

 pero que ten moita marcha.

 No colexio parece que se están a escoitar ruidos raros cando lle dades á cisterna e tamén se ven cousas pegadas polas paredes dos corredores....

  

Vese que tendes ganas de festa.
O mural da entrada quedou moi bonito e xa non teño tantas ganas de comervos.
Teño comida dabondo para todo o ano que queda e para o que vén. A verdade é que me preparastes un bo menú.
Menos mal que non hai froita que me produce indixestión. 
Indixestión de Samaín.
PREPARÁDEVOS, MAÑÁ VAICHE SER BOA.....
Mirade detrás, a ver quen está.... 
 
Pasádeo ben no Magostosamaín.
Bueno, a festa xa rematou e parece que non se coumeu a ninguén, estades todos e todas.Non falta ningunha orella, ningún nariz...
  
pois non, vese que estades todos e todas moi cansos e cansas pero con todo no seu sitio...
Pois eu tiven moito traballo, tamén teño que dicir que é o único día do ano que traballo
en realidade estou detrás destas cortinas... lembrades...?
Como andivestes daquí para alá pois non puiden botarvos o dente a nada.
Vou lembrar o que andivestes a facer tódolos nenos e nenas do cole e as mestres e os mestres tamén.
A ver; tivestes taller de maquillaxe e algún e algunha estaba bastante horripilante, máis ca min
Bueno aquí non se aprecia pero estabades moi feos e feas e dabades medo que eu tiven moito....
 
mirade como quedei...
Tamén tivestes contos de medo e terror na biblioteca
Estabades moi atentos e atentas e non me atrevín a botarvos o dente...
Tamén vos adicastes a meter sustos e a verdade é que o fixestes moi ben...
 
e quedaban poucas ganas de pasar pola vosa beira...
Cando xa ía sendo a hora de comer resulta que vos fostes para o pavillón e alí xogastes a xogos de terror competindo co magosto non sei ó final quen gañou, como comprenderedes; onde non podo comer non me quedo.
Tamén debuxastes os vosos medos que deron moito medo....
vistes curtametraxes de medo pero díxome un paxariño que non pasates "nadita" de medo, iso tería que velo eu...
E como non fun quen de comer nada decidín marchar desta escola e funme a vivir a vida a outro colexio onde puidese comer pero nada, ó final comín unha ensalada.
 
Que aproveite.
 Agora que xa quedamos tranquilos e tranquilas, desde o blog de normalización imos a contarvos o que queda por ensinar.
A exposición de cabazas que foi moi bonita e terrorífica:
Sodes uns artistas.
Aquí tendes a s cabazas que vós votastes como gañadoras..
Son unha auténtica obra de arte.Os nenos e nenas que as fixeron foron:
E.I. Jessica Naya Martínez
1ºciclo: Andrea Valiño Amestoy
2º ciclo: Aroa Fraga Silva
3º ciclo José VázquezFerreiro
Logo houbo entrega de diplomas ás cabazas máis orixinais, aquí gañastes moitos.
Cantamos a canción da MOMIA.
e para rematar fixemos O Samaín.
Pódese dicir que foi un día completo.
Ata o ano que vén veremos se teremos máis sorpresas ou non, quen sabe , cada unha e cada un que pense o que queira pero que non dea moito medo.
Chau!

LETRAS GALEGAS 2013

 

O venres 16 de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Este ano é adicado a Roberto Vidal Bolaño.

Durante toda esa semana fixemos traballos relacionados co autor: murais, investigamos na web, etc.

Tamén fixemos o maio entre tódolos nenos e nenas do centro; desde infantil ata 6º. distribuímos o traballo e o resultado foi este:

O venres fixemos un pequeno festival no que tódolos nenos e nenas participaron.

Os nenos e nenas de 6º prepararon un power point con catro autores e autoras destacados que foron:

   .Rosalía de Castro

   .Castelao

   .Cunqueiro

   .Roberto Vidal Bolaño

 

Os Nenos e nenas de E.I. fixeron baile que se chama " O bolero" e os nenos e nenas de 2º ciclo cantáronlles.

 Os nenos e nenas de 1º ciclo bailaron "O galandún"

 Todo o centro cantou Os maios.

E os nenos e nenas de 3º ciclo tocaron o Himno Galego

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Material da Xunta

 

Aquí tendes unha serie de recursos que mandou a coordinadora territorial EDLG sobre Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño

 Aqui tendes o anlace do Seminario Galán para poder traballar nas aulas.

 Fai click na foto para acceder.

SAN VALENTÍN

 

O día de San Valentín foi o 14 de febreiro pero aquí no noso colexio ímolo a celebrar hoxe 18 de febreiro.

Puxemos un buzón no que tódolos nenos e nenas que quixeron dicirlle algo a un amigo, amiga, namorado, namoradaRindo, puideron facelo empregando as cores que xa todos e todas saben a qué corresponden:

vermello: mensaxe de amor

amarelo: mensaxe de amizade

branco: mensaxe de paz.

 

FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN

 

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O Entroido deste ano foi unha entroidada.

Houbo disfraces para tódolos gustos; con caroutas, sen caroutas, con perrucas, sen perrucas, con saias, con barrigas, con sombreiros, con pantalóns hasta os pés, con mono, con varas, con puros, moi feos, bastante guapos.....esto recórdame a un anuncio que había na tele que era para os baixos, para os altos.........

Como son moitas fotos, o mellor é que vaiades á galería e alí están todas, así non nos esquecemos de ninguén.

O ano que vén veremos qué nos trae o entroido, que nos traia alegría e ganas de festa.

O MECO MANDA...

 

ENTROIDO

Todos e todas a poñer as mellores galas máis estrafalarias .

Este ano xa temos O MECO preparado para darnos as ordes que temos que cumprir se queremos ser entroidos de categoría.

Mañá,venres é o noso día de ENTROIDO.Xa sabedes que tendes que vir todos e todas de CHOQUEIROS e con moitas ganas de festa.

 O xoves, os compañeiros e compañerias de 3º ciclo decidiron que traiamos a cara pintada e tamén un disfraz posto.

 

 

O mércores,os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º decidiron que traiamos algo ó pescozo para lucir ben.

Martes, os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º decidiron que veñamos todos cunha gorra na cabeza. 

 

 

Xa sabedes que a partir de hoxe venres comezan as ordes do meco de obrigado cumprimento se queremos entrar o luns no cole.

A primeira é moi doada, escollida polos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil:

O LUNS TEMOS QUE VIR Ó COLE TODOS E TODAS VESTIDOS DE AZUL.

 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O ENTROIDO

 

A semana que vén celebraremos O ENTROIDO.Hai que ir preparando o disfraz e mentres o imos pensando, aquí vos deixamos unhas actividades para que vos vaiades divertindo e tamén aprendades cousas sobre esta festa tan popular.

Fai click sobre as imaxes:

 

 

CANCIÓN -KARAOKE:"EU NON PEGO"

KARAOKE:

 O 30 de xaneiro celebramos no centro o día da PAZ.

Durante a semana realizáronse actividades.

Fixemos un mural que se titula:A resposta está no vento.

 Durante este día léronse polas aulas libros nos cales se resaltou a importancia dos valores; visionamos un vídeo titulado:Mudar o mundo e cantamos a nosa versión de Eu non pego.
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.