Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2015-2016) Preparando a festa do Entroido

Este ano decidimos disfrazarnos de arañas, xa que estiverámos investigando sobre elas.

Decidimos que sería de viuda negra, que a todos nos ten fascinados.

A profe propúxonos que este ano invitásemos ás familias a axudarnos a confeccionalos e tamén nos gustou moito a idea.

 

ELABORACIÓN DAS INSTRUCCIÓNS- PASOS A SEGUIR

Para axudar ás familias na confección, elaboramos unhas instruccións,e resultounos moi doado, xa que ésa fora unha das preguntas da investigación e fixéramos un traxe para a obra de teatro do festival.

Escribimos unha lista co material necesario

    

                        

                     

(1 bolsa negra, 4 calcetíns, ironfish vermello, lá, papel de xornal, papel de pegatina branca e negra, goma eva negra, goma).

E escribimos os pasos a seguir,mentres os iamos realizando

e fotografiando cada un dos pasos

como as instruccións que nós escribimos, eran moi breves e podían quedar cousas sen explicar, dictamos á profe unhas onde explicabamos máis cada paso e esas foron as que utilizamos para os obradoiros

Pero tamén deixamos as nosas xunto cos disfraces da profe Ángela e Merce, que foron os que elaboramos antes.

Así as familias terían os disfraces listos para botar unha ollada e facerse unha idea.

 

ELABORACIÓN DAS PANCARTAS E OS INSTRUMENTOS

Para desfilar ademáis dos traxes tamén levaríamos unhas pancartas identificándonos, Infantil 1, e "arañas arañeiras". Así o decidimos entre todos.

Creamos unhas teas de araña con tea branca. Primeiro probamos nós sós, nos equipos

aínda que finalmente necesitamos axuda da profe, pois ensegida se desfacía o feito e ademáis ela tiña que ir pegando con silicona,...pero todos tiñamos ben claro cómo facelas, igual que as arañas, xa que o investigáramos tamén.

Con estas teas decoramos as nosas pancartas, ademáis de con debuxos, fotos da información das arañas, e os nomes que decidiramos, escritos.

 

Para elaborar os instrumentos, podíamos elixir entre facer maracas e outro instrumento feito cunha caixa de queixiños e contas de madeira que a golpeaban, coma se fose un pequeno pandeiro.

Despois de probar os dous, cada un decidiu cal faría.

Para facer as maracas, metíamos dentro dos botes de yogur líquido (que tiñamos gardados de hai tempo, das merendas) seis contas de madeira e decorábamos con gomets e papeis adhesivos de cores.

 

Para facer os nosos "pandeiros" pintamos dúas teas de arañas coas que decoramos a caixa polos dous lados.

Logo enganchamos dúas contas de madeira nos extremos dunha goma

e con axuda de Ángela, as atábamos a un pao de madeira que ía pegado dentro da caixa.

    

Só había que pegar a caixa por fóra con celo e listo!!!

 

Este ano non seguimos as ordes do Meco na escola, pero o día anterior ó desfile, puidemos vir disfrazados como quixéramos, aquí vos deixamos unha foto de grupo.

Pero qué guapos todos e canta felicidade neses sorrisos....!

O día da celebración do Entroido, ademáis, a maioría das familias colaboramos aportando un postre para degustar despois de desfilar.

Qué boa pinta tiñan todos!!! E qué ganas de comelos xa!!

(2015-2016) Así nos foi no mes de decembro

No pasado mes de decembro, antes de dar comezo as vacacións de Nadal, aconteceron moitas cousas na aula. Algunhas delas xa volas contamos en entradas anteriores:

-A celebración dos cumpreanos.

-Proxecto das arañas.

Preparación do festival de Nadal.

 

Ademáis de adicar algúns momentiños da xornada a decorar o corredorio de Infantil, tamén colaboramos co resto de compañeir@s do cole,  na decoración da entrada á escola, confeccionando unhas enormes bolas que penduraban do teito cuberto.

 

 

Desde a biblioteca, Dora lectora pediunos que, con axuda das familias elaborásemos unha felicitación de Nadal, e vos amosamos algunhas delas, moi orixinais e creativas.

Tamén, como todos os anos, elaboramos a nosa tarxeta de Nadal para as familias.

Estampando a pegada da nosa man na cartolina e pintando a neve,

engadimos gomets de estrelas e pintamos as caras dos bonecos de neve, que eran cada un dos dedos da man.

Ademáis de escribir a nosa felicitación.

 

Tamén continuamos co diccionario, introducindo novas letras, que con distintos tipos de propostas e actividades, logramos interiorizar mellor e familiarizarnos con elas, sobre todo os máis pequenos.

 

Este mes, na clase de psicomotricidade tivemos ocasión de facer xogos e actividades co paracaídas, que tanto nos gusta.

 

Tamén nos visitaron algúns compañeiros de primaria para facernos unhas lecturas de Nadal, moi interesantes.

 

E entre todos puxemos cor a un enorme mapa mundi que os profes debuxaron. Mapa no que localizaremos as distintas cidades dos coles cos que nos empezaremos a cartear.

De feito xa localizamos un dos coles, que se chama igual que o noso, e está en Buenos Aires.

 

E continuamos coas nosas rutinas, momentos de especialistas e de xogo, relación, expresión e creación.

Agora sí damos a benvida ó novo ano, que nos traerá moitas experiencias que contar!!

(2015-2016) Investigamos sobre as arañas

Neste primeiro trimestre comezamos un proxecto de investigación sobre as ARAÑAS.

Inicialmente todos plantexamos sobre qué nos gustaría investigar, e despois de realizar varias votacións, eliminado as opcións que menos votos tiñan, tivemos que decidir entre TIBURÓNS E ARAÑAS, obtendo máis votos finalmente as arañas.

Como sempre comezamos cos proxectos, plantexamos os coñecementos previos que tiñamos

 

A continuación plantexamos o que nos gustaría saber, descubrir sobre as arañas

 

E coma sempre, pensamos ónde podemos atopar toda esa información, levando unha nota ás familias, solicitando a súa colaboración na búsqueda de información ou calquera tipo de aportación que teña relación.

Así, nos vai chegando de todo un pouco:

 

Libros

 

 

Arañas de xoguete.

Aproveitamos para contarlle a todas elas as patas, e así confirmar que teñen 8 e non 4 como dicía un compañeiro.

 

 

 Información sacada de internet.

 

 

E outra información elaborada coas familias.

 

   

  Un visor de bichos con lente lupa para velos máis ó detalle.

 

E toda esta información de papel a colocamos no mesmo espacio para tela a man cando a necesitáramos.

 

A través dos equipos cooperativos e con todo este material máis algún outro que se atopaba na web do cole no apartado de proxectos, dimos atopado todas as respostas.

-Algunhas léndonos nas fotocopias a profe e anotando o que nos parecía importante: cómo morden?/ cómo fan as teas de araña?/ cómo é o seu corpo?/ de ónde sae o fío?

-Outras mirando algúns destes videos, e establecendo diálogos ó final para chegar á resposta que buscábamos: cómo poñen os ovos?/ cómo se fai un disfraz de araña?

No caso desta pregunta, buscamos en gran grupo, videos en google e fotografías para decidir qué disfraz nos gustaba e qué materiais necesitaríamos.

 Despois cofeccionamos o disfraz con estes elementos e tamén o anotamos no noso dossier individual.

 

-Outras cómo Cáles so os tipos de arañas?, a partir da informació que trouxo Lara F. de catro tipos de araña dos que nos falou

 

e despois de ver algunhas outras moi curiosas que Nayra trouxo tamén,

 

por equipos cooperativos nos encargamos de escribir sobre unha cada equipo.

 

 

 

 

Pouco a pouco  e a través dos equipos fumos completando o mural, coas respostas ás preguntas

 

 

contándolle aos compañeiros o que anotáramos no mural

 

e si conseguimos facelo de xeito cooperativo, é dicir, colaborando todos.

Aspecto que tamén evaluávamos ó rematar a actividade

 cos paneis analóxicos de autoavaliación.

 

As respostas están atopadas e anotadas no mural e no noso dossier individual as reflexamos tamén. Pero aínda nos queda unha segunda parte, coa que seguiremos completando o mural do proxecto, con moitas outras propostas relacioadas coas arañas.

Esta segunda parte a relacioaremos co salón do libro Infantil de Pontevedra que este ano titúlase "Canta bichería".

Pero isto volo contaremos máis adiante! Ata pronto!

(2015-2016) Vos contamos algunhas cousas que sucederon no mes de novembro.

No mes de novembro, como continuación das tarefas levadas a cabo polo samaín, afondamos un pouco máis no tema do "medo" e os "medos" de todos nós.

Levamos a cabo unha serie de diálogos, partindo de contos como "Onde viven os monstros" ou "A bruxa regañadentes", para acabar falando dos nosos medos: 

-Bruxas, zombis, monstros, vampiros.

-A morte.

-Os cans, o meu can que ladra moito, os cans que non son meus.

-Os lobos.

-Os toros.

-As serpes.

-As arañas.

-Dinosaurios.

e algúns máis...

A profe propúxonos preguntar aos compañeiros/as de primaria polos seus medos, anotándoos, e facer unha estatística para rexistrar e comprobar a qué lle teñen máis medo na nosa escola.

Pareceunos boa idea e millor idea aínda o de visitar a clase dos maiores para ir contarlles o que íamos facer.

Unha vez recopilados todos os medos, os limos e axudamos ós profes a buscar en internet imaxes para cada un deles.

E o último paso foi rexistralo no mural do corredoiro. Pegando un cadrado verde no medo correspondente, escrito por cada neno/a.

E..sabedes qué?  iso o qué máis nenos/as lle teñen medo son...os vampiros!!

Ademáis, tamén creamos caras monstruosas, debuxadas en pratos de cartón

E como o conto do "Sacapenas" nos gusta tanto, un compañeiro propuxo elaborar sacapenas para nós e para outros nenos do cole, para axudar a facer frente a eses medos.

E alí os puxemos tamén, xunto coas caras monstruosas, para quen quixera levar algún.

No mes de novembro tamén continuamos con algunhas tarefas rutinarias como:

 *O diccionario

*xogos co beebot, (neste caso tiñamos que conducir ó beebot a un tipo de can-das tarxetas que temos feitas doutro proxecto no que participamos- que un compañeiro nos dicía e logo buscar a súa parella e levar onda ela ó beebot).

*completar o calendario cos feitos máis destacables do mes, para logo contalos na casa.

*xogo e interacción cos compañeiros

*pintando coa témpera

no noso block de debuxo, seguindo unha serie de consignas 

(debuxar tres círculos cunha plantilla, escoller catro cores, pintando cada círculo dunha cor distinta e o fondo do folio coa cor restante ou facendo un camiño con ela).

Ou pintando nun mural conxunto, como facemos nalgunhas ocasións, coa única consigna de respetar o feito polos compañeiros. Esta vez escollimos cores otoñais

                    

Coa obra resultante, decoramos a nosa mesa dos proxectos e da natureza.

*sesións de psicomotricidade

Levando a cabo diversos xogos e exercicios de coordinación, coas pelotas de tenis.

                      

con pelotas de baloncesto,

     

desprazándonos de distintas maneiras e con distintas posturas

facendo percorridos arrastrándonos e gateando, alternando perna e brazos contrarios, para potenciar a coordinación xeral e a lateralidade.

Seguindo percorridos e circuitos, a través de historias fantásticas relacionadas co traballado en cada momento.

 

*Sesións de intercambio de grupos por idades

manipulando coas regletas, para facer letras con elas, como a letra I.

contando distintos elementos manipulados

e emparellando os pratos coa mesma cantidade

reforzando os conceptos máis cantidade, menos..xogando coas cartas da baralla

clasificándoas por paos

 

compretando a serie numérica en cada un dos paos.

*visitas á bilioteca do centro

Seguimos asistinto semanalmente á biblioteca, na que escoitamos un conto sobre o que traballamos e desfrutamos dos libros e contos que non temos todos os días na aula. Ademáis, unha vez ó mes tamén levamos prestado un libro para casa.

 

Ademáis tamén pouco a pouco imos iniciándonos no uso dalgunhas ferramentas do noso ordenador, como copiar e imprimir imaxes, como no caso das obras creadas con materiais da natureza

  

que imprimimos e pegamos no noso mural do outono.

 

Tamén asistimos á biblioteca do centro para participar nun contacontos feito por alumnos de 6º de primaria, con motivo da celebración do día da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia de xénero.

Eles nos contaron dúas historias fermosísimas, "Rosa caramelo" e "Artur e Clementina", apoiados pola imaxen coa pizarra dixital, e de marionetas feitas polos alumno/as.

 

E isto é todo polo momento, pero voltaremos pronto a contarvos máis!!

 

 

 

(2015-2016) Experimento do mes de novembro- O papel que non se molla

No mes de novembro comezamos a participar no obradoiro de experimentos, levando a cabo un ó mes, xa que o curso pasado tiveron moito éxito.

Neste caso tratábase do experimento "O papel que non se molla".

Previamente, inferimos qué experimento faríamos cos seguintes materiais: unha gabeta con auga, unha copa de cristal e un trozo de papel de secar as mans.

      

 -Cogemos un poquito de agua y mojamos el papel y vemos qué sucede.

COMPROBAMOS O QUE SUCEDE.

-Se moja el papel, pero luego al sol se seca.

-¿Y si metemos la copa en el agua por la pata?

          

COMPROBAMOS E VEMOS QUE NON SE MOLLA PERO QUE TAMPOUCO É UN EXPERIMENTO, FEITO DESTE XEITO

-A la copa hay que echarle agua con el papel y después ver lo que pasa.

A MAIORÍA DE NÓS SUXERIMOS METER A COPA NA AUGA E O PAPEL APOIADO ENRIBA, CO CAL NON SE MOLLA.


A profe explícanos que hai que meter o papel dentro da copa, apretándoo ben e logo meter a copa boca abaixo na auga, en liña recta; esperar uns segundos e sacala, comprobando que, efectivamente o papel non se mollou.

-Se mojará.

-Se va a caer para fuera.

-Si lo metemos muy deprisa en el agua, no se mojará.

 COMPROBAMOS QUE TANTO METÉNDOO DEPRISA COMO DESPACIO, NON SE MOLLA.

NUN PRINCIPIO TODOS DICIMOS QUE DENTRO DA COPA NON HAI MÁIS QUE O PAPEL, PERO COMEZAMOS A RECORDAR EXPERIMENTOS FEITOS NO CURSO PASADO, RECORDANDO QUE O AIRE TAMÉN OCUPA SITIO.

E POR ESTE MOTIVO NON ENTRA A AUGA, PORQUE O AIRE EMPUXA PARA FÓRA, AÍNDA QUE SI HOUBESE MÁIS PROFUNDIDADE, SÍ ACABARÍA ENTRANDO.

O paso seguinte foi levalo a cabo por equipos.

 

                        

                            Equipo "caracois".

                           Equipo "peixes"

 

                       Equipo  "orcas"

 

                         Equipo  "flores"

 

Posteriormente reflexamos todo o proceso no noso  dossier individual que en fin de curso levaremos para casa coa recopilación de todos os experimentos do curso.


 

(2015-2016) Creando con elementos da natureza

Hai unhas semanas, traballando algúns aspectos relacionados co outono e o magosto, saímos ó patio para observar algúns dos cambios que se estaban producindo coa nova estación e na procura dalgúns elementos da natureza.

Cada equipo cooperativo recolleu aqueles elementos naturais que máis lle gustaron.

Xa na clase, despois de manipular e clasificar o que cada equipo traía na bolsa

a seguinte proposta era facer unha composición artística con eses elementos,  como si formase parte dun enorme cadro.

E nos puxemos mans á obra. 

Ó principio custounos moito pois cadaquen ía un pouco ó seu aire, compoñendo individualmente o que lle parecía,

pero pouco a pouco fomos falando e coordinándonos para levar a cabo unha tarefa cooperativa.

 

Estas foron as nosas creacións, ás que lles puxemos título. E prestade atención, aínda que non os vexades, como estamos acostumbrados a velos,  nestas obras hai mar, rios, soles, nubes, choiva e neve, casas, area, árbores...

"Praia"

"Río"

"Casas"

"A barca"

Rematadas as composicións chegou o momento de recoller e aproveitamos para facer un longuísimo camiño con todas as follas que tiñamos.

 

 

Con outros elementos da natureza que tiñamos na aula dun tempo atrás, os utilizamos para decorar a clase, pintándoos primeiro con témperas de cores

estampando con eles no mural do outono

e que agora están pendurados polo teito da aula.

Ademáis tamén prantamos varias landras. As probamos, cheiramos, partimos pola metade...

Para prantala, cada un de nós trouxo unha pouquiña de terra da súa horta ou cerca da casa.

O encargado do día será quen a regue cada mañán.

E coa terra que nos sobrou, faremos algunha que outra prantación.

Ata pronto!

 

(2015-2016) O mes de outubro na aula

No mes de outubro, ademáis dalgunhas experiencias das que xa vos falamos, como os cumpreanos, a gravación do video para unha escola arxentina, a celebración do samaín e o magosto e a formación dos equipos cooperativos, tamén andivemos inmersos noutras tarefas. Pasamos a contarvos.

Comezamos  a traballar co "diccionario xigante", que outros anos era o muro das palabras.

   

Coma sempre, nos reunimos para propoñer palabras para ilustrar a folla correspondente á letra da semana.

Para logo pegalas no diccionario xigante e nos nosos diccionarios indidviduais. Pero para iso, antes temos que buscalas na aplicación da web, para poder imprimilas.

Unha vez propostas, as escribimos no encerado, para logo poder copialas e metelas na aplicación.

 

Engadimos ao recanto do tempo atmosférico iconos ou imaxes novas da choiva, as nubes e o sol e así poder facer un reconto ó final do mes e observar o clima característico ou que máis abundou.

Así, tamén en equipos, nos encargamos de ilustrar a choiva, as nubes e o sol, elaborando vinte iconos cada equipo.

Nesta fotografía, un compañeiro está contando cantos días soleados levamos, aínda que todavía faltaba para acabar o mes.

Continuamos cos rexistros, esta vez sobre a cor dos ollos de todos nós, que nos axudan a observar, analizar, contar e comparar.

Tamén propuxemos outros novos, que quizáis levemos a cabo..

Continuamos coas sesións de robótica, con actividades variadas e adaptadas a cada grupo de idade.

   

-Buscando as iniciais do noso nome os máis pequenos e contando cántas veces tiñamos que pulsar no beebot para chegar á letra.

-Programando ó noso robot para levar a cabo diversos percorridos.

-Tirando os dous dados, sumando cántos dan e buscando o número de castañas que representa ese número. Unha vez atopada a tarxeta, debíamos desprazar o beebot ata outra tarxeta igual, coa mesma cantidade de castañas.

 

Continuamos coas sesións de intercambio por idades para reforzar algúns aspectos

-Traballando e facendo xogos coa serie numérica. Neste caso, ademáis de agrupar a tarxeta co noso nome

polo número de letras, facíamos sumas e restas saltando sobre a serie numérica cara adiante ou cara atrás.

Identificando e discriminando números e cantidades.

Discriminando unhas letras das outras e trazándoas na pizarra dixital.

Facendo series con elementos naturais e da aula.

 

Tamén continuamos a decorar a aula, nesta ocasión utilizando cartóns de ovos, que Ángela recortou dándolles forma de flor, para logo pintalos.

Aquí estamos tentando averiguar cántos hai, despois de facer algunha estimación de cantidade.

Despois de agruparnos por parellas, eliximos unha cor para pintar 7 ou 8 "flores" cada unha.

E despois de pintar, cando secaron, tocou ensartar, por un buratiño que fixemos xusto no centro, cun punzón. Por ese burato debíamos meter a tanza e inmediatamente a profe nos facía un nudo para ensartar a seguinte.

Así de gracioso nos quedou o móbil unha vez que colgamos todas as tanzas.

 

 

 

Tamén tivemos nas nosas sesións de psicomotricidade no pavillón ou na sala de usos múltiples, variadas actividades co corpo e cos compañeiros

  

seguindo percorridos  polas distintas líneas de cores quehai no chan, dirixidos cada vez por un neno distinto e con posturas diferentes.

Traballando con aros distintos conceptos espaciais, facendo carreras entre nós mesmos e o noso aro, a ver quén acadaba chegar primeiro ó outro extremo 

      

Levando a cabo diferentes circuitos

unhas veces individualmente e outras por parellas

sen poder soltarnos da man, téndonos en conta e coordinándonos moi ben, para dar feito todo o traxecto

e sobre todo correndo, saltando, arrastrándonos, gabeando, movendo o corpo con distintos ritmos.

 

E tamén tivemos momentos para o descanso e o xogo, co que tamén aprendemos moito e interactuamos

cos títeres, que tanto nos gustan.

no recanto de construccións.

    

 

   

co bingo de imaxes

 

no recanto da casiña

 

coa mesa de luz

 

montando puzzles

 

  

con xogos de memoria-facer parellas

Aínda nos queda algunha cousiña máis que contarvos, pero isto será na seguinte entrada. 

Ata pronto!!

 

 

 

 

 

 

 

 

(2015-2016) Traballando o magosto e o Samaín.

Neste mes de outubro vivimos varias celebracións características do outono. Nunha entrada anterior de infantil xuntos, explicamos as propostas de centro nas que participamos pero na aula tamén fixemos moitas outras cousas que vos contamos.

Coma sempre facemos, establecemos variados diálogos en torno a estación que comezaba, o outono, recitamos algunha poesía que acompañamos de ritmos corporais e musicais, contamos contos, observamos fotografías na pizarra dixital sobre esta estación e as súas cores, os seus cambios, facéndonos conscientes do paso do tempo.

Tamén observamos fotografías de castañas, ourizos, millo, uvas,....e outros elementos outonais.

Con estas fotografías participamos nunha choiva de ideas, dicindo a primeira palabra que nos viña á cabeza ó observalas.

Posteriormente montamos un pequeno collage coas fotografías, que por equipos ilustramos, e os nomes escritos desas palabras que propuxéramos.

A este mural-collage lle fumos engadindo co paso dos días outros elementos característicos e traballados, debuxos de calacús, estampacións de elementos naturais,...

Coas castañas, necesarias para a festa do magosto, manipulamos, agrupamos, contamos, creamos

Tamén fixemos unha sesión de psicomotricidade con castañas, tratando de levalas en diferentes partes do corpo sen que caísen, e con diferentes posturas, con xogos de puntería, ó xogo do pano pero con castaña,..

e finalmente nolas comimos asadas, o día da celebración. A moitos de nós, iso foi o que máis nos gustou!

 

Tamén celebramos a festa do Samaín, cos calacús de protagonistas..

Recordamos mirando na páxina web do colexio, cómo participamos o ano pasado, ensinamos ós máis pequenos o conto de medo que creáramos, "A serpe terrorífica".

Escribimos a nosa nota ás familias recordando que podíamos participar decorando o noso calacú en casa.

Despois de escribila entre todos na pizarra, a escribimos individualmente para levar a casa.

E diseñamos en gran grupo cómo nos gustaría que fose a nosa cabaza que vaciaríamos na clase.

Pasando a levar a cabo o deseño despois. 

                  

Como un lado da cabaza estaba un pouco deformado, tivemos que recurrir a un punto de apoio para poñela dereita, un cartón que pintamos con témpera.

       

E como eliximos moitas cores para pintala, a nosa cabaza quedou moi graciosa, tivemos que engadirlle as mans pantasmas, gusanos, arañas, e o demáis que propuxéramos para que parecera máis terrorífica.

Por aquí a podedes atopar, xunto coas demáis cabazas que trouxemos os compañeiros para participar no concurso.

O día da festa, case todos viñemos vestidos con disfraces de medo e aquí deixamos unha fotiño para que quede de recordo.

 

 

 

 

 

 

(2015-2016) Os nosos equipos cooperativos deste trimestre

A principios de outubro formamos por fin os equipos cooperativos, cos cales levamos a cabo distintos tipos de propostas e tarefas, tanto dos proxectos como do día a día da aula.

Unha vez agrupados cos nenos/as do noso equipo, nos xuntamos para falar e decidir un nome para o noso equipo.

 

E así nos chamamos:

      

EQUIPO DAS  "ORCAS"

 

      

EQUIPO  DOS   "PEIXES"

 

   

EQUIPO DOS  "CARACOIS"

 

     

EQUIPO DAS   "FLORES"

 

O seguinte paso foi escribir o nome do equipo, montalo con letras móbiles e ilustralo cun debuxo.

 

E finalmente, buscamos en google imaxes relacionadas co noso nome, é dicir, imaxes de orcas, flores, peixes e caracois, tendo que decidir entre todos cal escoller e coa axuda de Ángela, a gardábamos no ordenador e a imprimíamos, ó igual que fixéramos coa nosa de grupo.

Esta imaxen escollida tamén a pegamos no noso folio de equipo.

 

E así demos por rematados os paneis cos cales nos identificamos cada equipo, que son éstes:

     

       

       

     

 

(2015-2016) Colaboramos na creación do recanto dos buzóns de correo.

A semana pasada Ángela amosounos algo que formaría parte dun novo recanto da nosa aula. Tratábase dunhas caixiñas de madeira, moitas..contámolas e eran tantas como nós ou máis.

Xogamos a pensar para qué poderían servir..todos pensabamos que para gardar algo..ata que finalmente alguén dixo que para gardar cartas e así nos enteramos de que serían os buzóns individuais de cada un de nós.

Tamén xogamos a imaxinarnos que se transformaban en algo e sairon moitas ideas: sombreiro, taburete, piano,..

Fixemos agrupacións con elas, de dúas en dúas, tres en tres..

Fixemos unha torre en serie, intercalando as caixas colocadas cara un lado e cara ó outro.

                 

Algúns compañeiros nos medimos coas caixiñas, contando cántas medíamos cada un e comprobando que os máis pequenos sempre medían unha menos como mínimo que os de 4 e os de catro media menos que os máis grandes.

E por último entre todos creamos unha escultura, colocando cada un de nós a nosa caixa ou buzón no lugar que nos apetecía para acabar formando algo conxunto.

      

Reflexionando sobre a qué podía corresponder esta escultura, uns víamos a unha princesa, outros unha torre, un dinosaurio,..

E por fin chegou o momento de pintar cada un o seu buzón, coa pintura de cores da que dispoñíamos: azul, verde e vermello.

 

Agora só nos queda terminar de fixar os buzóns no recanto e colocar a foto e o nome de cada un, para cando nos escribamos cartas. Estará ademáis o buzón de Ángela  e aínda nos sobran dous, para as profes que veñen a clase que se queiran sumar.

(pendiente de foto)

Aínda que todavía non os estrenamos, sí adicamos unha sesión a facer correspondencia cos compañeiros de infantil 2, elixindo cada un a quen escribir e entregándolle a carta en man pois o seu recanto tamén se atopaba en construcción.

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.