Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Fin de curso en E.F.: Búsqueda Olímpica

Como remate de curso dende a nosa área preparamos unha búsqueda do tesouro.

Xa que no 2º e 3º ciclo estivemos a traballar unha unidade sobre todo o referente aos Xogos Olímpicos, escollemos este tema para as probas.

Na porta do pavillón empezabamos. Alí esperábanos unha imaxen de Pierre de Coubertain (impulsor da recuperación dos Xogos Olímpicos de Grecia)

Ao lado dela podiamos ler as explicacións da proba que iamos a realizar, as normas no xogo e... a primeira proba a superar coa pista de onde atopar resposta:
 
1º proba :Saberiades dicirme todos á vez a frase de apertura que pronuncia un atleta no nome de todos os demais antes de dar comezo unha Olimpiada? (Poderedes atopar axuda no medio do estadio) 
  
E alí se ían xuntando todos tentando leela e aprendela para dicirlla a mestra. Algúns, buscando recursos, fixeron "chuletas" nas mans,...  hoxe servía todo!

2º Proba: Noraboa.... Mais falta acender a antorcha olímpica. Os deportistas despois lévana, sen se lle apagar, dende ........ ata.......... Pasándoa de un a outro deportista. A éstes chámaselles.................

Vós teredes tamén que dar unha volta ao estadio sen que se vos apague. (A axuda nesta proba atoparédela onde podemos tamén acender algo para tamén que den comezo as nosas clases de ximnasia) Cunha vela de cumpreanos tiñan que facer o recorrido ademais de completar as palabras que faltaban

3º proba: O primeiro día todos os deportistas participantes, máis de 10.000, agrupados por países, dan a volta ao estadio ólímpico coas súas bandeiras. Mais no estadio, ademais de todas estas tamén ondea unha a maiores; é a bandeira...............

(Axuda: hoxe cedo púxenme a lavala no baño pero escapóuxeme a lixivia e blanqueoume de máis, síntoo.... Poderiades pintala correctamente?

 4º proba: O impulsor de que se celebrasen os Xogos Olímpicos foi.................... El estaba firmemente convencido de que o deporte era fundamental para......

(Axuda: toda esta información poderédela ver a través da ventana do director deste centro)

5º proba: Nunha Olimpiada compítese a numerosos deportes, mais todos eles cumpren unha norma para poder ser olímpicos. Cal é?

(Axuda: dentro de onde podedes atopar con que xogar a estas diferentes disciplinas, se mirades cara atrás, atoparedes respostas)

 

6º proba: Estes xogos xurdiron en........... Entre as diferentes probas había ................................. Tamén estaba a de loita. Para elas os deportistas facían algo especial para poder loitar mellor. Se vós tamén o facedes...seguro que teredes mellores resultados!

(Axuda: atoparedes o necesario no lugar onde se preparaban antes de sair a loitar, coma vós antes de comezar a clase)

7º proba: Cando foron as Olimpiadas en España a mascota foi "Cobi". En Londres serán......... e ............... Teredes que facelas vos mesmos axudándovos do debuxo, modelándoas o mellor posible.

(Axuda: O diseñador delas tamén atopou o material orixinal para crealas no esqueleto do antigo estadio. Dentro e debaixo da entrada do noso atoparedes todo o necesario)

8º proba: Por sorte, hoxe en día, xa non se fai ningún tipo de discriminación entre homes e mulleres. E tamén agora poden participar deportistas con calquera tipo de lesión ou deficiencia. Mais eles e elas participan nas .................... Por certo... a unha deportista, practicando Boccia, perdéuselle un dos seus materiais. Se llo atopades agradeceríavolo un montón!

(Axuda: estaba a xogar por última vez pola zona do horto)

9º proba: Coma fin de calquera evento destas dimensións faise unha festa final, con banquete incluido!. Os gregos facíano con iogur, froitas, zumes,...todo moi san. Eles sí que sabían coidarse!

Pero a vós, hoxe xustamente, iso... coma que non, non?

Se queredes banquete

terédelo que atopar!

E moitas mais pistas

non vos vou a dar

Sentádevos a pensar

que Mirón vos vai a axudar

(Tiñan que buscar algo no que sentarse. Unha vez alí verían a seguinte e última pista)

10ª proba: Eu fixen o Discóbolo inspirándome nos deportistas gregos.

Este colexio fíxose inspirándose en......  SORTE!

E por fin algún grupo foi dando co premio final!

 

No 2º ciclo tamén o atoparon... e leron o que poñía.

Por suposto... foron bos deportistas! 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.