Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Cumpreanos de outubro

O venres pasado, día 26 celebramos  os cumpreanos correspondentes a este mes.

No noso calendario tiñamos apuntado este día, e de vez en cando, contábamos nerviosos cántos días faltaban para que chegara. 

Da nosa aula cumpriu 3 anos Iker

e da aula de Infantil 2,

Mara, que cumpriu 4 anos e

 

 Gabriel, que cumpriu 5 anos.

Sí, mirades ben! esta vez o postre elixido para elaborar foron trufas de chocolate.

Días antes, falamos dos ingredientes que se precisaban, que tiñan que traer os nosos compañeiros.

Cando xa os tiñamos na clase, os observamos, vimos qué cantidade había de cada un, e ata probamos algún, e por fin chegou o momento da receita!

 Eles tres foron os encargados de elaboralas, con axuda dos profes, cando era preciso.

Unha vez ben lavadas as mans, comezaron e seguiron estes pasos:

Primeiro- desfacer os sobaos en miguiñas pequeniñas.

Segundo- engadir un pouco de azucre, bastante cacao e un chisquiño de leite.

Terceiro- remexer todo ben para que se mezclase de todo. 

Cuarto- facer boliñas do tamaño dunha albóndiga, ata chegar polo menos a 29, que é o total de nenos e nenas.

E unha vez rematado, e recollido todo, para a nevera a enfriar para o día seguinte!

 

Xa o día da festa, despois de cantar, soprar velas, e dar bos desexos, comimos as trufas e tamén unhas patatiñas e gusaniños que trouxeron os homenaxeados.

agora traballaremos na clase o feito este día, secuenciando fotografías do proceso, escribindo o listado de ingredientes e a cantidade, debuxando.

E xa andamos a pensar "¿qué nos prepararán o próximo mes?".

Iremos tachando os días no noso calendario...

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.