Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

SAMAÍN 2012

SAMAÍN 2012

POOORRR FIIIN!.Xa pensaba que este ano non había SAMAÍN,que noutros sitios chámanlle HALLOWEEN!

Eu invitei a algúns dos  meus amigos e amigas, agardo que non vos importe e caibamos todos e todas.

Eu xa teño a miña cabaza preparada, mirade cómo me quedou, son un artista....

Non sei se será o suficientemente fea para que gañe o 1º premio, seguro que vós a faredes máis requerebén e non gaño nin de broma...Chorando

Bueno, xa o veremos, quedades todos e todas convidados e convidadas ó SAMAÍN deste ano.

Será terrorífico.....mirade detrás das portas, non se sabe qué haberá ....

Pois o que houbo aquí o tendes......

calacús de tódolos tamaños e formas.........

    

 fumadoras, vendadas.....

      

e algunha que outra que pasou mala noite.....

hasta as había con cornos e sombreiro...

 

como vedes había de todo como en botica.

Tivemos talleres moi interesantes e que daban un pouco de medo ......

Na biblioteca contaron contos de medooo!!!! e logo tivemos un obradoiro de animación á lectura.

Houbo un taller para facer manualidades de medo....

Participaron todos e todas os nenos e nenas do colexio; é interesante ver en qué se converte unha bolsa de lixo, un prato de plástico.....

Tamén tivemos un taller de visionado de curtos e cancións terroríficas...

bailamos e miramos qué é o que cociñan as bruxas na noite de Samaín.

Como este ano os monstros, bruxas, pantasmas e toda a familia "Monstril" marchou de vacacións, tivemos que pintarnos e disfrazarnos nós para que non se notara moito a súa ausencia e a verdade é que do taller de maquillaxe saíron monstros feos e que daban moito medo...

vaia cara que teñen estes dous, parece que non ven moito o sol...

igual ca todos estes monstros que non deberon de durmir ben pois a verdade meten bastante medo, aínda que me parecen que saíron demasiado guapos e guapas na foto, non vos parece?

Logo de que tódolos e nenos  e nenas, perdón , monstros, bruxas e demais familia, votaran polos seus calacús preferidos...

estas foron as cabazas gañadoras xunto cos seus creadores e creadoras.Aquí os vedes cos seus agasallos, cadanseu libro pois aínda que se sexa monstro hai que ler igual.

Pero iso non foi todo, tamén houbo diplomas para as cabazas máis orixinais...

E colorín colorete pola cheminea saíu un foguete.

Hasta o ano que ven .........

Que elegancia....!

Bicos con sapos, serpes, corvos, ras, tripas de porco....

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.