Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Antes das vacacións de Nadal "unha gran actuación teatral"

Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, aínda nos quedaban varias cousas por facer: escribir a carta a Papa Noel ou os Reis Magos, facer o noso boletín "as novas da escola" e sobre todo "actuar no Festival de Nadal".

 

PREPARAMOS O BUZÓN PARA AS CARTAS DE PAPA NOEL E OS REIS MAGOS:

Como queriamos escribir a carta a Papa Noel e ós Reis Magos, pensamos que deberiamos ter un buzón onde poder meter as nosas cartas, e que tódolos compañeiros e compañeiras do colexio tamén puidesen usalo.

Preparamos un cartel con forma de "FLECHA".

 

E nel escribimos a palabra BUZÓN xunto con PAPA NOEL e REIS MAGOS, para que ninguén se equivocase e soubese onde meter as súas cartas.

 

Así de chulo quedou o noso cartel e o buzón xa rematados.

 

Tan só quedaba escribir a nosa carta...Algúns compañeiros/as da outra aula tamén se "apuntaron" a escribir a súa carta.

 

Tan só faltaba metela dentro do buzón ;)

 

 

FACEMOS A PORTADA DOS NOSOS TRABALLOS E O BOLETÍN "AS NOVAS DA ESCOLA"

Tiñamos tamén que organizar algúns dos traballos que fixeramos este trimestre (xa que o dosier dos dinsaurios o iamos levar para casa en xaneiro porque aínda non o tiñamos rematado). 

Como NOA nos trouxo un debuxo chulísimo de Papa Noel que fixera na súa casa, pensamos que sería boa idea facer así a portada dos nosos traballos.

O primeiro foi facer unha lista das cores que precisariamos para facer o noso "Papa noel".

 

Escribímola entre todos, "analizando" a cor de cada parte, e os pasos que pensabamos precisariamos, para facer o noso "Papa Noel".

 

Empregando a lista, fomos a buscar a témpera das cores que iamos necesitar.

 

Xa só nos quedaba "facer a nosa portada" traballando por parellas para "pintar de branco a nosa man" e facer a barba de Papa Noel...

 

E para axudarnos a poñerlle o resto dos detalles.

 

Fixemos tamén o noso boletín "as novas da escola", para contar na casa, escribindo "pes de fotos", algunhas das cousas que fixemos nestes primeiros meses do curso. Ademáis de "presentalle ós nosos pais/nais a tódolos mestres da aula" ( os de 4 e 5 anos) e debuxarnos a nós mesmos/as (os de tres anos)

Podes ler de seguido as páxinas interiores do boletín "novas das escola" deste trimestre, que acompañaban as realiazadas polos alumnos e alumnas.

Descargar pdf coas páxinas intereriores do boletín "as novas da escola"

Preparamos as nosas fichas e o boletín "as novas da escola" dentro da nosa carpeta, para poder levalos para casa.

 

 

UNHA GRAN ACTUACIÓN TEATRAL:

O último día antes das vacacións de Nadal, o 21 de DECEMBRO, tal como o tiñamos sinalado no calendario da aula, tería lugar a nosa actuación no Festival de Nadal, pero antes tiñamos moitas cousas que preparar para os dous bailes e a obra de teatro, que representariamos xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula.

Para a obra de teatro dos de 5 anos iamos precisar varios utensilios:

Un "tambor" para os nenos de cor negro. Buscamos en internet imáxenes de tambores e escollemos o que máis nos gustou.

 

E decoramos o noso tambor para que quedase igual.

 

Precisariamos tamén un mural con "nenos e nenas de moitas cores", que debuxamos e coloreamos entre todos e todas.

 

E uns abanos para os "nenos amarelos" que decoramos por equipos con diferentes materiais.

 

Traballamos tamén coa letra das cancións e texto da obra de teatro, que iamos representar no Festival de Nadal. (buscando letras do noso nome ou completando palabras que faltaban)

 

Estivemos ensaiando no escenario durante varios días as nosas postas en escea. Despois de varios ensaios xa o tiñamos todo preparado.

 

Uns días antes do Festival o profe ensinounos unha serie de "imaxes" moi extrañas, tiñan letras e fotografías... Para que servirían? Algúns pensaban que eran portadas de libros, debuxos... ata que Diego nos contou que eran carteis como os que el vira cando fora ó teatro.

Despois de dialogar entre todos, chegamos á concluisión de que os números indicaban a data de diferentes actuacións e o prezo da mesma, e as letras indicaban quen actuaba e os nomes dos "actores".

 

Decidimos facer o noso cartel teatral, anunciando as nosas tres actuacións, cos mesmos elementos que os carteis que miraramos na pantalla: o nome das actuacións, a data das mesmas, o prezo e os artistas invitados.

 

Puxemos o noso cartel no corredor para que todos e todas soubesen cando cando era a nosa actuación. Antes de marchar para casa comprobamos que tivera tódolos elementos que miraramos no cartel do ordenador.

 

Ademáis fixemos unha invitación persoal, cos mesmos elementos, para as nosas familias. Nas que ademáis de escribir o nome da nosa actuación tamén indicamos, pola parte traseira, que vestiario iamos precisar. 

 

O día do Festival, as nosas actuacións foron todo un éxito:

"O pitufo Santa Claus" dos compañeiros/as de tres anos.

 

"Santa Claus llegó a la ciudad" dos compañeiros/as de catro anos

 

E a obra de teatro "Meniños de tódalas cores" dos compañeiros/as de cinco anos.

 

Podes ver fotografías das restantes actuacións neste festival de Nadal na galería de imaxes da web, ou directamente desde aquí.

Lembrade que, como cada ano, poderedes ver este Festival no DVD que se entrega xunto a revista "O Cervo" 

 

BO NADAL  e FELIZ ANO 2013 para todos e todas!!


 

 

AdxuntoTamaño
novas_escola_dentro_12-13.pdf4.79 MB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.