(2012-2013) Os deportes alternativos: o ULTIMATE
Neste terceiro trimestre o alumnado do terceiro ciclo estamos a coñecer deportes alternativos: ultimate, kin ball,...
Rematada a unidade de Expresión corporal (na que traballamos a dramatización, mimo, expresividade do corpo, desinhibición,...) xa tiñamos ganas de máis movemento.
Así foi como esta 1º semana comezamos a coñecer a través de só dúas sesións o Ultimate: quen o creou, onde e como xurdiu, os equipos que temos en España e, o máis importante, como se xoga!
Para que afondedes máis neste deporte tan entretido aquí vos deixo o enlace á wikipedia .
Clicade na imaxe do disco voador:
Para entender mellor o seu reglamento, técnicas,... preparamos esta presentación coas fotos do alumnado durante estas sesións.
Ánimo! Agora que xa sabedes case todo sobre el... a poñerse a xogar, que xa (tamén xa era hora) parou de chover e podemos disfrutar do aire libre ou incluso da praia para pasar un bo rato con este novo deporte!