Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

AULA PT E AULA DE SEXTO: Compartindo experiencias

Durante este curso, na aula de PT estivemos a traballar contidos a través das curtas, de contos feitos películas, de algúns anuncios etc....xa que en youtube podemos atopar de case todo.

Neste caso, compartimos unha experiencia de traballo dobremente gratificante entre a aula de PT e a aula de sexto curso.

Pois ben, a proposta de traballo en esta ocasión foi, traballar a composición escrita, a partir da curta " LA LUNA" de Píxar (podedes vela na seguinte ligazón  http://www.youtube.com/watch?v=OtnN95vff3s).

Na aula de PT, traballamos primeiro, vendo a curta, e despois reconvertiuse o film a libro.

Isto supuxo traballar intensamente durante unha semana, no deseño, estructuración, textos....pero, é, finalmente o  último dos pasos de todo este proceso, o que aquí achegamos.

Finalmente, presentouse ó grupo-aula, a curta, visionárona, todos xuntos, e despois disto, mostróuselles a súa reconversión de peli a texto....aquí quedan as imaxes....e sobre todo, o máis importante...o traballo en competencias que isto supuxo:

- Competencia linguística, cultural e artística, social e cidadá, de autonomía e iniciativa persoal....e sobre todo moito cariño e ilusión....por suposto, e o libroooo....¡ quédase DORA con él, claro ,na BIBLIO do cole...!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.