Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Representación teatral

INVENTOS LUNÁTICOS

 

Como xa vos contaramos, andivemos a preparar unha obriña de teatro co fin de poñer en escena na celebración do Día das Letras Galegas.

(Teatro nas Letras Galegas)

O seu tema central é os inventos e inventores, por suposto... despois de traballar sobre eles durante o segundo trimestre.

Despois de algún atranco chegou a hora de poñela en escena... o venres!

Para elo decidimos preparar un cartel anunciador para que os demais nenos do centro se enterasen do acto. Deseguida Jose púxose no encerado a escribir unha chuvia de ideas con todo aquela información que pensabamos que tiña que mostrar: título, lugar da representación, razón da obra, data e hora, coste da entrada e algunha imaxe ou debuxo.

Entre todos empezamos a preparar as diferentes partes do cartel.

Nun abrir e pechar de ollos... feito! Puxémolo na porta do salón de actos.

Mentres estabamos a traballar a María ocorréuselle que podiamos tamén preparar entradas para repartirlle aos nenos e nenas das demais aulas... Por que non?

Nun pequeno grupo decidiron o que poñer nelas: título, hora, lugar e debuxo. Para este último Alex empregou un caderno de debuxo que trouxera ese día a ensinar na clase o cal explicaba como debuxar algúns animais,...

Quedaban tan ben que fixeron 3 modelos diferentes!

Fixémoslle fotocopias e o venres a 1º hora pasaron por as demais aulas a repartilas. Xa estaba todo listo e todo o mundo enterado!

María sería a encargada de estar na porta do salón recolléndoas

Como nos saería? Nos ensaios ben mais cando se enchese o salón... traicionaríannos os nervios? 

Para nada! Xenial! Fantástico! Sorprendente! Alucinante!

Aquí tedes algúns dos momentos da posta en escena e dos últimos ensaios. (Tedes máis fotos na galería fotográfica)

Presentación de Jose e primeira parte de Borja e Carla.

Entrada de Nuria e o gran científico Daniel

Diálogo dos dous fillos Alex e Virginia

Enfado da súa nai e solucións que pensa o seu pai

Resultado: Dani e Laura, fillos perfectos!

Gran enfado e disgusto da nai.

Visita da científica María. Sorpresa e desmaio.

Condena posta ao científico para solucionar o problema

Última sorpresa: 2 fillos máis. Celebración do grupo.

Despedida e saúdo final

O científico non pode máis!

Temos a gran sorte de que foxe gravada para incluila no cd que irá na revista escolar coas celebracións do centro. Xa estamos desexando poder vela!

Mellorar sempre se pode mellorar.... mais desta vez ben pouco!

Sodes xeniales!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.