Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

O CAZO DE LORENZO: Reflexións sobre a diversidade

Na aula de PT, e dando continuidade ó recurso maiormente empregado este curso co alumnado, as Tics, seleccionamos un videoconto moi interesante que me gustaría achegar porque supón, unha reflexión, dende o meu punto de vista á visión sobre a diversidade.

O videoconto que igual moitos de vós coñecedes titúlase

" O cazo de Lorenzo" e está baseado no conto de Isabelle Carrier, autora entre outros tamén do conto" Por cuatro esquinitas de nada" adorables, ámbolos dous.

Podedes acceder ó videoconto dende aqui:

http://www.youtube.com/watch?v=JnIaqH0ms10

Neste caso, e tras o visionado do conto, decidimos reescribilo na aula de PT, creando un cómic, que nos quedou chulísimo, e, do que vos poñemos os pasos ou procesos de elaboración.

Viñeta a viñeta, fomos creando a nosa propia versión do "Cazo de Lorenzo", facendo o "story board", deseñando, dibuxando, facendo os "bocadillos"....un cómic en toda a súa dimensión en fin...

Pero, o máis interesante de todo isto son algunhas viñetas e "bocadillos" que seleccionei, como os seguintes:

Posteriormente visionamos o videoconto con outros compañeiros e compañeiras de aulas da escola, para sacar conclusións respecto a que era ese "cazo" que arrastra o neno da nosa historia e que lle dificulta tanto a vida.

Os nenos e nenas, chegaron a varias conclusións, cadaquen as súas, como así debe ser, e incluso fixemos algunha actividade na que, se plantexaba que sustituisen ese "cazo" por algunha outra cousa, problema, situación que lles afectase.

A conclusión final foi que, Lorenzo sí que "arrastra" un cacharro tras súa, que se traduce en dificultades de cara a desenvolver actividades da súa vida cotiá, pero que, si se atopa ás persoa/s que lle axuden, isto cambia, millora e incluso se " disimula" o cazo, meténdoo nun bolso moi práctico.

Esa é a finalidade de esta actividade, que cheguemos todos xuntos/as á conclusión de que....todos/as en algún momento podémos atoparnos con algunha dificultade e que o prioritario é que haxa persoas que nos axuden a palialo, a atopar os nosos puntos fortes, valorar as posibilidades que temos, e sobre todo estar apoiados.

A diversidade somos cada un/unha de nós, non se lle debe ter "medo" e....pensándoo ben....todos e todas arrastramos " un cazo"...ou quizás " unha ola exprés"???

Vivamos a diversidade porque con ela, medraremos por dentro e por fóra....e isto vai para profesorado, alumnado e familias....Felices vacacións¡¡¡¡Sorinte

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.