Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Abrindo maletas... para coñecernos mellor.

Ó igual que outros compañeiros e compañeiras do colexio (ver entradas de e) , nós tamén participamos na actividade proposta polo departamento de orientación (ver aquí) para coñecernos mellor.

 

Abrindo as nosas maletas:

Cada quen preparou a súa maleta, na que ía incluír aqueles aspectos máis característicos da súa personalidade (gustos, preferencias e sentimentos). Deste xeito iamos coñecernos mellor a nos mesmos e os demáis nos coñecerían mellor.

 

Dentro da maleta, cada quen reflexionou a resposta ás cuestións que se plantexaban.

 

A MIÑA COMIDA PREFERIDA É:

"Pulpo", patacas, carne, peixe... cada un expresou os seus gustos cun debuxo.

 

 

UNHA PERSOA QUE ME QUERE MOITO:

A miña nai, o meu pai, o meu irmán..  para facernos conscientes da importancia que temos para os demáis.

 

O MEU LUGAR FAVORITO:

Onde amosamos os nosos gustos e preferencias,  facendo partícipes ós demáis compañeiros e compañeiras de lugares fantásticos onde pasalo ben.

 

DIVÍRTOME MOITO XOGANDO CON:

Para facernos conscientes de que precisamos ós outros para "pasalo ben", e coñecer os nosos gustos á hora de xogar. Que mellor que coñecer os gustos dos nosos amigos para poder xogar con eles :)

 

Coa maleta rematada, e despois de facer partícipes os demáis compañeiros e compañeiros do contido da maleta de cada quen, chegou o momento de levala para as nosas casas e contalo ás nosas familias.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.