Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Cal é o froito do outono que máis nos gusta?

Coa chegada do outono adicamos un mes a ir probando unha chea de froitos que medran nesta estación do ano.

O primeiro foi coñecer o nome de cada un dos diferentes froitos que fomos xuntando na aula, para que non se nos esquecese escribimos o seu nome en diferentes carteis, un para cada froito. 

 

Tiñamos unha chea deles, tan só nos faltaban as castañas... que terían un día adicadas só para elas o MAGOSTO.

Xuntamos: AVELÁS, NOCES, CAQUIS, LARANXAS, UVAS, ALMENDRAS, FIGOS, PERAS, GRANADAS, MARMELO E CASTAÑAS. 

 

Cada día durante a merenda fomos, cheirando, explorándoos co tacto e probando os diferentes froitos que tiñamos na aula, e tras probalos cubríamos unha folla-rexistro na cal tiñamos que indicar se nos gustaba ou non.

Algúns froitos como as UVAS podían comerse directamente coa man.

 

Outras precisaban dun grafo para poder collelas.

 

As que tiñan cáscara dura non eran doadas de abrir, exploramos diferentes ideas para poder comer as noces, avelás, almendras...pero ó final demos coa solución axeitada en cada caso.

 

Outras, como a granada, eran moi raras por dentro... e parecían caramelos.

 

Algunhas froitas trouxémolas da casa como no caso das FREIXOAS ou dos KUMQUATS. Investigamos no ordenador de onde viñan e cal era a árbore da que nacían.

 

Os kumquats eran moi parecidos ás laranxas pero moitísimo máis pequenos, viñeron de China e HABÍA QUE COMELOS COA PEL !!

 

Con cada unha das froitas fomos completando unha folla estatística como esta, na cal se indicaba ademáis do seu nome, se nos gustara ou non. Tamén pegamos unha imaxe da froita, da árbore da que nacían e como era a sú folla, e por suposto tentamos debuxalas.

Os maiores tivemos que "tentar ler" as diferentes palabras da folla de rexistro para saber onde había que pegar cada imaxe.

 

Con tódalas follas do rexistro fixemos cadanseu libro das froitas. Para saber do que se trataba escribimos un título axeitado e noso nome.

 

Os máis pequenos recortaron e pegaron o título do libro das froitas, e por suposto escribiron o seu nome, que cada vez se parece máis ó modelo.

 

Así quedaron todos os libros-rexistro rematados, listos para levalos para casa.

 

No corredor elaboramos unha gráfica cos froitos, para saber cal era o que máis nos gustaba. Cada quen pegou un rectángulo verde ó lado da froita, se tiña anotado no seu libro de rexistros que si lle gustara cando a probamos.

 

Froita a froita fómolas buscando no noso libro de rexistro, aqueles que tiñan anotado que si lle gustara podían pegar un retágulo máis na gráfica.

 

Así quedaron os resultados finais da nosa aula, contamos cantos rectángulos tiña cada froita e descubrimos que as noces foran a froita que máis nos gustou.

 

Engadimos unha nova folla ó noso libro de rexistro, na que anotamos o número que lle correspondería, segundo a gráfica, a algunhas das froitas màis elexidas.

 

Agora só faltaba agardar a que os compañeiros e compañeiras da outra aula engadiran os seus "resultados". Tamén escribimos o nome das froitas, para puidesen recoñecer as diferentes froitas aquelas persoas que leran a nosa gráfica.

 

Así quedou a nosa gráfica de barras unha vez rematado o reconto de preferencias das duas aulas.

 

E ti?... xa sabes cal é o froito do outono que máis che gusta?

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.