Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Creamos con elementos da natureza e nos achegamos ao LAND ART

Nestas últimas semanas, recordades que estiveramos recollendo materiais do noso contorno, do patio do cole?

Noutras sesións posteriores participamos en experiencias moi variadas e enriquecedoras.

Dende o momento da recollida do material ata a última das experiencias conservamos aos mesmos compañeiros de equipo, para darlle continuidade a estas propostas, que supuxeron todo un proceso.

Clasificamos o material

Cada equipo encargouse de clasificar o seu material recollido.

apartando alquel material que estivese moi estropeado pois seguiríamos a experimentar con él.

 

Xa clasificado o marterial, cada un, individualmente representamos gráficamente en papel a nosa clasificación, tratando de ser observadores e achegarnos á realidade ó mellor posible.

(pendiente de foto)

 

Tamén traballamos coas letras móviles, formando palabras, aquelas máis significativas, dos materiais utilizados, pao, pedra, folla, corteza (neste caso non utilizamos modelo e o fixemos por nós mesmos en función da etapa e hipótese do proceso de lecto-escritura noque nos atopásemos).

 

Creamos composicións prásticas cos elementos naturais.

Noutra sesións, cada equipo tiñamos como misión crear unha composición, máis convencional ou máis abstracta, o importante era tratar de falar e poñerse de acordo e qué facer, cómo, con qué material.

Ademáis de utilizar o material xa clasificado botamos man doutro que temos habitualmente na aula, tamén natural.

Como nun equipo faltou un compañeiro tivemos que compensalo con outro doutro equipo máis numeroso.

 

Noutra sesións diferente, nos reunimos para observar a fotografía da nosa composicion e pensar e decidir un título para a nosa obra. E estos foron.

"RÍO"

"CABAÑA"

"NAVIDAD"

"CUADRO DE LA NATURALEZA"

Creamos na propia natureza. Achegámonos ao LAND ART.

Noutra xornada seguimos a experimentar con todos estes materiais e coa nosa creatividade e imaxinación.

A profe ensinounos na pantalla dixital algunhas creacións que aparecían nunha páxina de internet sobre unha categoría de arte: o LAND ART.

Gustounos moito e nos entusiasmou ver as cousas tan fermosas que fixeran outras persoas na propia natureza.

 

Así, saímos ao patio e nun dos xardíns do cole, tamén organizados por grupos e zonas, fumos creando.

Finalmente acabamos xogando e movéndonos nese espacio tan atractivo creado por nós mesmos e as nosas emocións, intencións e o noso sentir.

Gustounos moito esta experiencia e máis adiante a repetiremos xa con outra perspectiva diferente, coa visión do que non é tan descoñecido para nós e cun chisquiño de experiencia.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.