Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) -TERREMOTO EN CAMPO LAMEIRO

O pasado domingo, dia 8 de decembro, ás 19:57, tivo lugar un terremoto con epicentro en Campo Lameiro, a 24 quilómetros por debaixo do monte de San Antoniño. Acadou unha intensidade de 3,2 graos na escala Richter e apenas durou uns tres segundos, pero asustou a motísima xente de gran parte do norte da provincia de Pontevedra e sur de A Coruña. Era o quinto seísmo que se producira na xornada, pero este foi o máis forte de todos. Tamén o notaron os de Cotobade, Poio, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vilanova, Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Estrada, Pontevedra,...e tamén en lugares fóra da nosa provincia,  como na vila ourensá de O Carballiño  ou  en Noia e Porto do Son, en  A Coruña. 

A xente alarmouse e moitos chamaron á Garda Civil. Ao día seguinte, luns, cada un contou na escola como vivíu na súa casa esta experiencia. Así foi:

Dani Camiña: Eu non o sentín e iso que estaba en Pontevedra nun cuarto piso.

Alex: Eu estaba na casa, vendo a película "El Llanero Solitario" e sentimos uns golpes. Ao primeiro pensamos que explotara a gasolineira.

Virxinia: Estabamos na nosa casa cando escoitamos algo raro, pensabamos que era un coche que batera contra a casa; o meu gato fuxíu cara a fóra.

Antía: Ía paseando por Pontevedra cando o chan empezou a temblar. Mirei o móbil e vin que houbera un terremoto que empezou en Campo Lameiro.

Uxía: Moita xente pensou que era un accidente de coche ou unha lavadora que centrifugaba mal, pero na miña aldea, Alende, non o sentimos.

Carla: Eu estaba na casa dos meus avós e unha botella de auga que estaba enriba da mesa empezou a tremer despois de escoitar un ruído raro. Meu pai e miña avoa saíron fóra pensando que caera algún muro, menos mal que non pasou nada. Cando prendemos a televisión dicía que o terremoto tivera o epicentro en A Lagoa, xusto no centro de Campo Lameiro.

Laura: Estaban conmigo meus padriños e puxéronse a buscar en Internet. Eu nunca sentira un terremoto e foi unha experiencia "importante". Gustoume que Campo Lameiro saíra na tele, ver o concello, á xente que coñezo de sempre comentando a noticia...Espero que Campo Lameiro saia máis veces na tele e nos xornais, pero por cousas bonitas.

 

Jose: En Campo Lameiro nunca pasara nada parecido. A miña veciña, Mercedes, que estaba a ver a televisión, dixo que sentira un temblor e que pensou que fora un coche que se estrelara contra a súa casa.

Nuria: Eu non estaba na casa nese momento. Entereime por meu irmán. El pensou que entraran na casa a roubar. Tamén o sentíu miña avoa que nun primeiro momento tamén pensou que fora un camión. Enterámonos pola televisión. Sergio, meu irmán, dixo despois que lle parecera raro que os cans da veciña empezaran a ladrar tanto antes do seísmo. Seica os animais perciben os terremotos antes de que pasen.

María: Viñamos de dar un paseo en familia, polos montes da zona de Caroi, onde están os muíños. Ao chegar á casa, con miña irmá, meu irmán e a súa moza, puxémonos a escoitar música mentres se cocían unha pizzas no forno. Foi cando baixaron meu pai e meu tío preguntando se nos pasara algo, porque estaban no piso de arriba e sentiron como temblara o chan. Dicían si rebentara a caldeira ou algo parecido. A idea de que fose un terremoto pasóusenos pola cabeza. Logo enterámonos que fora así e que o epicentro estivo en Campo Lameiro. 

Dani Campos: Foi un gran estrondo que durou uns segundos. Na nosa casa non pensamos nun seísmo, senón no paso dun camión pola estrada xeral. Non notamos que a casa temblara, se así fose estariamos mortos de medo. O noso gato, "Pelucas", de súpeto, púxose moi nervioso e buscou refuxio debaixo da mesa, buscando un lugar seguro.

E así foi como vivimos os de sexto do colexio de Campo Lameiro o terremoto do 8 de decembro de 2013.

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.