Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013/2014) Aprendemos a facer unha solicitude

As nenas e nenos de 4º, aproveitamos a clase de lingua castelá para aprender a facer unha solicitude.

Explicamos o significado da palabra "solicitude" e, posteriormente aclaramos dúbidas como: que é unha solicitude?, para que serve?, como se redacta? ou a quen vai dirixida?...

Unha vez solucionadas todas estas cuestións, comezamos o noso traballo e, xa que estamos a traballar cos grupos cooperativos, imos facelo en equipo!

Para comezar, cada un dos grupos ten que buscar un sinónimo da palabra "solicitude". Para elo utilizamos diversas fontes: a rede, os dicionarios...

Xa por fin conseguimos os nosos sinónimos!

Bueno, pois agora chegou o momento de empezar a redactar as nosas solicitudes. O primeiro que temos que facer e decidir, cada un dos grupos, que é o que imos demandar. Para elo pensamos nun problema real do noso centro para requerirlle ao noso director que lle busque solución.

Agora xa sabemos o que queremos pedir, con que fin e a quen vai dirixida a nosa solicitude: ao director!!

O grupo dos "Gladiadores" pensamos nas canastas do patio, non están ben suxeitas e son perigosas...

O grupo dos "Linces galegos" decidimos solicitar que arreglen  o tellado do pabillón, cando chove mete auga...

"Os vencedores" pedimos unha cuberta na entrada do cole, cando chove poñémonos a pingar...

E... como non! o grupo dos "Animais" como amantes dos mesmos, acordámonos dos animais... eses cans que nos visitan as veces á hora do recreo e que morren por entrar a saudarnos...

Vale, pois unha vez redactados os nosos requerimentos, chegou o momento de expoñelos ante o director.

Recibiunos no seu despacho e escoitounos con agrado e atención!

Tras manter unha interesante conversa con nós, despediunos prometendo que ía ter moi en conta as nosas demandas e que, pronto teriamos noticias ao respecto.

Chegamos á clase emocionados e contámoslle á profe a nosa experiencia, fantástica!

E... uns días máis tarde, para a nosa sorpresa....

Recibimos unha visita na aula: o director xunto con dous operarios do concello diríxense a nós para concretar detalles e, explicarnos que ían poñerse mans á obra  para empezar a solucionar aquelas cuestións que nos inquietaban.

NON PODIAMOS CRELO, ESTABAMOS SENDO ESCOITADOS DE VERDADE!! Sorprendido  Sorprendido  Sorprendido

Foi fantástico!

Sentímonos realmente IMPORTANTES!!  Chulo

María Sabarís

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.