Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Semana de Entroido- Meco, preparación de disfraces e desfile.

O venres 28 de febreiro festexamos no cole o ENTROIDO, coma todos os anos facemos, cun desfile e degustando postres típicos destas datas.

Pero temos que contarvos todo o que aconteceu durante esa semana, na que preparamos os nosos disfraces e na que durante eses días viñamos ao cole vestidos dunha forma un tanto disparatada... non, non é que estivésemos todos un pouco toliños; é que o MECO, coma todos os anos, indicaba (decidido polos nen@s das distintas aulas do cole- que se organizaron por ciclos e día) nesa semana cómo tiñamos que vir cada día (roupa ou complementos).

E o MECO tamén estaba disfrazado; como este ano a temática do colexio era a prehistoria, pois así de guapiño estaba

 

 

Nós cada día nos achegábamos ao recanto onde se atopaba o meco, para ler a consigna dese día e despois anotala para informar en casa e así poder levala a cabo.

 

 

aquí lemos que hai que vir con roupa de praia

 

 

noutro día tivemos que anotar "nariz de rato", "sombreiro" "calcetíns diferentes"

Así pois, o luns viñemos todos con roupa de praia- toalla, bañador, gafas de sol,.-

o martes, con pixama, bata, zapatillas..

o mércores, con gorro, nariz de rato e calcetíns diferentes

e o xoves......ai!!! o do xoves o decidimos nós, os nen@s de Infantil!!!

Despois dun debate no que dimos algunhas propostas e de facer votacións....a decisión foi....co disfraz que cada quen quixese

.

aquí estamos escribindo o cartel e colocándoo onda o meco para informar aos demais.

E aquí estamos todos disfrazados!!

E o venres...como xa sabedes e vistes, nos vestimos de "trogloditas", da época de "prehistoria".

e así foi a ....

ELABORACIÓN DOS DISFRACES

Como xa sabedes, todo o colexio está inmerso nun proxecto en torno á Prehistoria, por iso a temática deste ano no entroido.

Así pois, o noso elemento motivador do que partimos, ademáis de ter a oportunidade de levar a cabo unha tarefa común de centro, foi o visionado dunha canción de Barrio Sésamo, "Somos trogloditas"

  Se pinchas nesta imaxe podes acceder a ela directamente.

Ademáis, á hora de pensar en cómo facer o traxe, con qué materiais, vimos en internet algúns modelos para ter claro cómo tiña que ser.

Así, atopamos na clase distintas cousas con este tipo de estampado (abrigos, peluches, ata un pixama....).

Establecido o material, e os pasos a seguir, nos puxemos mans á obra.

-cortamos trozos de ironfish marrón para pegar nas nosas bolsas que serían o noso vestido e para as cintas da cabeza dos nenos.

 

 

-nos axudamos, por parellas, a colocar o cinturón con ironfix negro.

 

 

 

-recortamos os ósos, que pegaríamos no cinturón. Decidimos que serían 8.

  4 por diante,  e 4 por detrás.

 - pintamos con témpera a nosa ferramenta, unha machada.

e...listos para o desfile!!!

ata nos deu tempo a facer unha roda no patio traseiro mentres esperábamos ao resto de compañeiros.

E despois de dar unhas voltas arredor do colexio, saúdando as familias e cantando a nosa canción dos troglodita, marchamos para a aula onde degustamos todo tipo de postres de entroido traídos polas familias.

Uummm qué rico estaba todo!!

 

Se queres ver o album no que saímos cada un de nós disfrazado de troglodita pincha na seguinte foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.