Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Proxecto A Prehistoria-II

Como vos contamos nunha entrada anterior, andivemos a investigar en torno á Prehistoria, dando resposta a unha serie de preguntiñas que nós mesmos plantexamos e traballando dun xeito globalizado.

Como éste foi un proxecto de centro, elaboramos todo o cole un enorme mural onde quedaría reflexado sobre qué andaba a investigar e traballar cada aula.

Cada grupo estaba representado por un "homínido". O noso era o homo neandertal, o cal pintamos e escribimos pretiño del que nós investigaríamos sobre os petroglifos. 

Pero qué eran iso dos homínidos? Tiñamos unha lixeira idea pois un compañeiro trouxera unha fotografía e nos explicou; ademáis os compañeiros de Infantil 2 tamén nos contaran algo no seu proxecto sobre cómo se fixo o mundo.

Pero volvimos a xuntarnos para que nos contaran iso e máis pois estiveran vendo uns videos moi interesantes, nos que sin palabras explicaban moi ben esta evolución dos homínidos.

Os nosos compañeiros tamén reflexaron moi ben no seu mural aqueles descubrimentos e o máis característico do homo neandertal

Ademáis, aproveitamos para contar todo isto no noso dossier e coas letras móviles montamos estas palabras tan longas.

Fumos buscando as respostas en distintos medios e plasmándoas no mural, sempre de xeito cooperativo, e tamén xurdiron dúas preguntas relacionadas cos petroglifos:

-Qué significan?

-Para qué sirven?

Pero antes destas preguntas, deixamos reflexados os nosos coñecementos previos sobre o que son os petroglifos, dun xeito especial, en grabacións que nas xornadas das familias utilizaríamos para a nosa exposición.

Aquí podedes ver este video sobre o que pensábamos.

As respostas a estas preguntas e outras máis dos petroglifos que foron xurdindo, as atopamos do xeito máis sinxelo: na nosa visita ao parque arqueolóxico e de arte rupestre de Campo Lameiro, onde nos explicaron moi moi ben todo isto e mais.

Outras propostas en torno aos petroglifos, coas que traballamos tamén contidos do currículo:

 - Interpretamos unha fotografía dun "petroglifo", ademáis de representala a través do debuxo e escribir as nosas conclusións.

Observamos, pensamos, imaxinamos que veíamos dende un señor con telescopio, ata un laberinto, un mar revolto,... e o expuxemos aos compañeiros.

- Buscamos en internet a imaxe dun petroglifo  do mundo que nos gustara, e o cal formaría parte da nosa exposición final.

Tamén por equipos, cada un co seu ordenador, fomos buscando e escollendo e con axuda da profe copiando e pegando nunha carpeta.

O petroglifo escollido xunto con algún máis que eliximos en grupo, os pegábamos no mural xunto co seu nome e o nome do lugar onde se atopaba, ademais de nun grande mapa mundi e posteriormente noutro máis pequeno do noso dossier.

 

- Representamos en masa branca os petroglifos atopados.

Visionamos videos relacionados co tema, limos en libros e fotocopias traídas de casa, buscamos fotografías, diseñamos petroglifos nunha aplicación de internet que temos na web, pintamos petroglifos con témpera

e nas clases de psicomotricidade  nos convertimos en nenos e nenas da prehistoria, a través de historias contadas pola profe sobre a súa vida e que representamos en diferentes circuitos.

 

Seguirémosvos contando!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.