(2014-2015) Finalizando o proxecto dos caracois
Nestas últimas semanas antes do comezo das vacacións de Nadal, continuamos a dar resposta a algunhas das preguntas do noso proxecto.
Unha das preguntas era sobre os seus ollos. Nos pensabamos que tiñan 4 e despois de ver nas fotografías e libros e de ler nalgúns textos coa axuda da profe,
descubrimos que aínda que teñen catro tentáculos, nos superiores están os ollos, e nos inferiores o olfato, co que realmente se orientan pois non ven demasiado.
O escribir no ordenador ollos dos caracois, nos aparecían moitos outros de outros animais, que nos encantaron e que tratamos de adiviñar, así que fixemos entre todos, a través dos equipos cooperativos un panel con estes ollos de animais para logo poñer no corredoiro e que os nen@s de primaria adiviñen.
Outra das preguntas era saber cómo son o corazón e o cerebro dun caracol.
Tratamos de observalos por un microscopio que temos na aula, aínda que resultou complicado; quizais precisemos utilizar un microscopio máis moderno..
así que tamén buscamos en internet fotografías onde amosaban a anatomía dun caracol, é dicir, o seu corpo por dentro. Localizamos entre todos na pizarra,
escribindo os nomes para logo copialos no noso dossier individual.
A outras preguntas como "Cando durmen?" demos resposta a través da observación na aula e tamén lendo os libros e así descubrimos que durmen moito, tanto de día como de noite e hibernan nas épocas do ano que fai moito frío, meténdose na súa cuncha e selándoa cun teíña que eles mesmos fan.
Agúns compañeiros trouxeron máis caracois
e algúns días incluso os sacamos ó patio,
na procura de máis e lle buscábamos herba e follas.
Alberto un día tróuxonos uha revista onde descubrimos moitísimas cousas interesantes sobre os caracois, e algunhas delas contóunolas él mesmo.
As incluimos no noso mural facéndoo a través dos equipos.
Así, Alberto e Ceciliar encargáronse de escribir e debuxar sobre os dentes dos caracois, que poden chegar a ter 14179. Asombroso verdade? e están na lingua do caracol, que se chama rádula.
Outros equipos escribiron sobre a enorme forza que poden ter os caracois, que poden chegar a soportar 8 veces o seu peso.
Tamén descubrimos cousas sobre a baba do caracol...pero imos deixalo aquí e xa o veredes no noso mural en xaneiro.
Ademáis, sabedes que fixéramos selos para estampar con forma de espiral, como o caparazón do caracol..pois, despois de facer unha entre todo o grupo, por equipos, escollendo un material da aula, fixemos grandes espirais.
con outro tipo de construccións
Aproveitamos as nosas creacións para fotografialas e así logo escribir a partir da fotografía o material utilizado.
Tamén aprendimos unha poesía dun caracol, traballando no texto de distintos xeitos: buscando letras, palabras determinadas, fixándonos nos espacios entre as palabras,..
Só nos falta darlle uns retoques ao noso mural para colocalo no corredoiro, como fonte expositiva e informativa.