(2014-2015) Nas últimas semanas....
No pasado mes de decembro, ademáis de algunhas propostas que xa comentamos en anteriores entradas, coma a dos caracois, os preparativos para o festival de Nadal ou os cumpreanos, tamén aconteceron outras.
O NADAL
Entre todos os nenos de infantil decoramos o corredoiro cunhas alegres e coloridas campás, que primeiro pintamos con témpera e ás que engadimos purpurina e estrelas prateadas e douradas.
Tamén decoramos o corredoiro cunha árbore de Nadal, que este ano os profes se encargaron de montar, pois estaba feita co paos de madeira, e nós os nenos e nenas, nos encargamos de preparar os adornos coa axuda das nosas familias, que pendurarían dela así como pintar a estrela que a coroaba, que tamén estaba feita con paos.
Na aula, por equipos tamén fixemos un enorme boneco de neve para decorar a porta de infantil, que estaba xusto ó ladiño da árbore.
Primeiro elaboramos un boceto en gran grupo, pensando cómo queríamos que fose e levase, para logo non olvidar nada.
Cada equipo encargouse de facer unha parte do boneco: sombreiro, cabeza e bufanda, unha bola de barriga xunto cos brazos e outra bola de barriga...e...nun pispás estaba feito! Pero qué bo é facer as cousas de xeito cooperativo!
Aquí está un dos equipos facendo o sombreiro.
E aquí está o noso boneco rematado!
Ademáis tamén elaboramos a nosa postal de Nadal para felicitar ás familias e ter un recordo. As fixemos empregando a témpera con pinturas abstractas para a parte onde estaba escrita a felicitación e para a parte exterior pegamos a nosa foto cun gorro de Papá Noel nunha estrela rodeada de moitos puntiños de témpera, pois empregamos a técnica do "estarcido" para que quedase así de curiosa.
Non temos fotos das postais pero sí temos cada un a súa en casa así que xa sabedes de qué estamos a falar .
NOVO PROXECTO-CHARLIE CHAPLIN
No mes pasado tamén iniciamos un novo proxecto, pero con moita calma pois estábamos rematando o dos caracois.
A partir dunha imaxe que vimos na pizarra da aula de informática, imaxe na que aparecían fotografías de moitos homes de todas as idades e con rasgos diferentes, fixemos diferentes tipos de lecturas do que víamos, semellanzas e diferenzas, cousas en común e que diferían e unha delas era a de Charlie Chaplin.
E ahí empezou todo
Aquí estamos decorando o noso mural do proxecto onde anotamos os coñecementos previos e o que nos gustaría averiguar.
Isto volo contaremos noutra entrada, con máis detalle.
AS PRANTACIÓNS
No mes de decembro tiñamos planificado prantar aguacate e perexil pero por motivos de tempo tivemos que pospoñelo para xaneiro, que tamén temos dúas planificadas.
De todos xeitos seguimos regando, observando e medindo as prantaciós feitas ata agora e así quedaban o último día.
A ver cómo as atopamos á volta das vacaciónse....
INTERCAMBIOS POR IDADES
En novembro e decembro seguimos a levar a cabo cantidade de actividades e experiencias en dúas sesiós semanais, por un lado todos os de 3 anos
-No momento de xuntarnos para introducir unha nova letra no muro das palabras, por exemplo a O e a Y
repasándoas no encerado na dirección correcta, facéndoas con paos, pedras e diferentes materiais no chan,..buscádoas nos nosos nomes,....
-E con outro tipo de propostas como:
O musicograma- que é un dictado de sons que temos que levar a cabo en función de ónde indique o director de orquesta.
- -Xogos co corpo,
como adiviñar de quén se trataba
ou xogar con follas de periódico (que posteriormente utilizamos para encher algunhas figuras que colocamos no corredoiro) traballando algúns conceptos espaciais .
ademáis de contos, cancións e bailes.
e por outro os de 4 e 5
Que traballamos sobre todo propostas de lóxica-matemática.
-Dictados de números (de maneira colectiva) ou individualmente en papel.
-Percorridos co noso robot beebot- que tiña que chegar dun número a outro (e que estaban colocados de xeito desordeado).
-Actividades sobre "cantidades"- lectura das mesmas, recopilando o material necesario e representación desas cantidades con distintos tipos de estratexias.
-Medicións con elementos convencionais
e non convencionais.
Vémonos á volta das vacacións!!