Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(204-2015) Facemos experimentos científicos para elaborar o traballo do Salón lo libro

Este an o XVI Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, ten como tema "Da ciencia á ficción", e por tal motivo as aulas de Educación Infantil imos a elaborar un libro coa visión científica e "ficticia" de varios experimientos científicos que levaremos a cabo na aula, que levará o título de "CIENCIA OU FICCIÓN"?

Con cada experimiento ademáis de elaborar un "caderno de campo", tamén crearemos historias de ficción onde as personaxes sexan os obxectos ou feitos físicos e químicos que teñan lugar nos expermientos.

Contámosvos de seguido os primeiros experimentos que xa puxemos en práctica na aula. 

 

O RELOXO PATACA: A PILA PATACA

O primeiro dos expermientos que fixemos foi o de crear unha pila a partir de patacas. Este era todo o material que iamos precisar.

 

Antes de nada comprobamos que o reloxo funcionaba correctamente, conectándoo a unha pila.

 

Co voltímetro comprobamos tamén que cando tocabamos a pila "aparecían uns números" pero cando tocabamos outro obxecto non... despois dun duro debate acordamos que seguro que os números indicaban "a cantidade electrícidade que tiña a pila".  Así por exemplo a pataca non tiña electricidade... Como podería facer funcionar o reloxo?

 

Introducindo unha moeda e un tornillo na pataca comprobamos que o voltímetro si indicaba que había electricidade... pero aínda non era suficiente... xa que o número era menor que o que indicaba a pila... farían falta máis patacas.

 

Cuns cables de "cabeza de caimán" (un nome que nos pareceu moi simpático" ) e asegurándonos de conectar os cables segundo a polaridade ("positiva ou negativa") o reloxo comezou a funcionar con dúas patacas, que o profe nos dixo que estaban "conectadas en serie".


Por que as patacas se convertiron agora en pilas?

Establecemos un diálogo no que cada quen plantexou as súas hipóteses, algunhas delas confrontadas con ideas de outros compañeiros e compañeiras. Finalmente acordamos que a causa era que "líquido das patacas" ó xuntarse coa moeada e o tornillo, que era de metal, creaban electrícidade.... pero moi pouca.

 

Como xa todos sabiamos facer a nosa pila pataca, chegou o turno de que cada un dos equipos se puxese mans á obra para facer, xa sen axuda o mesmo expermiento... entre todos e todas deron lembrado tódolos pasos para facer funcionar o reloxo.  (preme nas imaxes para amplialas)

 

 

Deixamos o reloxo funcionando... e cando marchamos para casa, xa pasaran máis de 3 horas e aínda seguía funcionando.

 

 

COMEZAMOS O NOSO CADERNO DE CAMPO:

Como bos científicos que somos, elaboramos un caderno de campo onde ir anotando o proceso, materiais e resultado dos nosos experimentos. Traballando nos equipos cooperativos fomos axudánonos a elaboralo.

 

En cada experimento indicamos, ademais do número de experimento de que se trata, os materiais que precisamos, o resultado do experimento (incluíndo unha fotografía do mesmo) e representamos gráficamente o proceso do mesmo. Segundo a idade escribindo máis ou menos texto.

 

 

ELECTRICIDADE ESTÁTICA:

O segundo dos nosos expermientos comezou cunha pregunta... Como podía o profe facer que se pegase un plástico o cristal sen usar pegamento?... 

Repitiu o proceso varias veces ata que descubrimos "o truco".... se frotaba o plástico coa la este quedaba pegado ó crista... e por suposto fomos todos e toda a probar se tamén nos funcionaba a nos. 

 

Pero o máis curioso foi cando frotamos un globo contra a la e ó acercalo ó noso pelo ... este quedaba pegado.... igual que o plástico ó crisal?

 

Dialogamos e formulamos hipóteses sobre cal podería ser a razón de que esto sucedese. Como bos científicos que somos non aceptamos as hipóteses que aseguraban que se trataba de maxia, respostando os compañeiros e compañeiras que esa non podía ser a resposta. 

Algúns planexaron que seguramente se trataba de un imán, como o que tiñamos no recanto do científico, que estaba dentro da la, pero comprobamos que non estaba alí...  Finalmente alguén plantexou se tería electricidade como as patacas pila... cando os obxectos se cargaban de electricidade (ó frotarse coa la) pegaban como os imáns? 

O profe comentounos que ese tipo de electricidade se chamaba electricidade estática, e nun vídeo que vimos explicaban que se cargaban de elecricidade e por iso "atraían os electróns de outros obxectos".

 

 

O CARTÓN QUE SE QUEDA PEGADO Ó VASO COA AUGA:

No terceiro dos nosos experimentos iamos traballar con auga, vasos cartóns (ou plásticos), eran materiales moi coñecidos por nós... que experimento sorprendente se podería facer con eles?

 

O profe pediulle a un dos compañeiros que enchese un vaso de auga, que lle puxese enriba un plástico e que lle dese a volta....  Antes de facelo todos comentamos que o que ía pasar era que a auga ía caer, pero misteriosamente quedou pegado ó vaso!!!

 

Cada un dos equipos foi probando que sucedia sempre o mesmo, empregando diferentes vasos, cartóns e plásticos... e sempre sucedía o mesmo, a auga non caía ata que se tocaba o cartón, aínda que fora moi puquiño.

 

Novamente tentamos buscar unha resposta ó sucedido, plantexando diferentes hipóteses que fomos descartando comprobando que non eran certas. Entre elas que o vaso tiña pegamento, ou que só pasaba co plástico porque tería electrícidade estática, como no último experimento. Esta última hipóteses pareceunos un pouco rara porque cremos que non pode haber electricidade na auga, pero a é algo que non temos moi claro ;)

Observamos máis de preto, tal como nos pediuo profe,  e vimos como dentro do vaso a auga tempre tiña enriba un pouco de "aire"... e unha pequena burbulla... seguro que algo tiña que ver con que quedase pegado o cartón... por iso cando tocamos o cartón, como entraba máis aire a auga caía.

Chegamos á conclusión que o "aire empurraba a cartolina cara arriba" e como había máis aire fora do vaso que dentro mantiña o cartón pegado.

 

CREANDO O PANEL DOS EXPERIMENTOS:

Ademais de ir completando os nosos cadernos de campo con cada experimiento, creamos tamén un panel onde ir pegando fotografías dos experimentos que fósemos facendo.

 

Escribíndo o seu nome seguro que ninguén se esquecía de ningún, e co seu número todos e todas saberían en que orde os fixemos.

 

 

O OVO DE GOMA:

O último dos experimentos que vos contaremos nesta entrada, aínda nos quedan outros moitos por facer, consistía en convertir un ovo normal nun "ovo de goma" que puidese rebotar. Neste caso JOAQUÍN dixo que sabía como se podía facer, porque llo contara unha compañeira de sexto no autobús.

 

O primeiro foi, como sempre, explorar os materiais cos que iamos traballar. Cheiramos e probamos o vinagre... que "sabía a ensalada" e picaba... porque era un ácido, así o poñia na botella.

 

Comprobamos que os ovos estiveran crus e non cocidos, para non facer trampas... e efectivamente ó deixalo caer rompía.  Tocamos a textura da clara e da xema... e pareceunos moi pegañento.

 

Comezmos o noso experimento incluíndo o que o profe chamou "ovo de control"... que era un ovo que iamos deixar nun vaso sen nada, para ver se lle sucedía o mesmo que o que iamos meter en vinagre. A proposta de algún de nos creamos o "ovo de control 2" que era meténdoo en auga... para ver se sucedía o mesmo que co ovo en vinagre.

 

Cada equipo preparou o seu "ovo saltarín"... cubríndoo con vinagre nun vaso.

 

Agora tan só quedaba agardar uns días para ver os resultados, acordamos que cinco días serían suficientes... así o anotamos na lista de material que escribriamos antes e cada día fomos "restando un día" ós que que quedaban...

 

Observamos ó día seguinte como a cáscara do ovo desaprecera e os ovos estaban "moi gordos"... todos agás os de control... e os vasos cheiraban bastante mal.

 

Falando sobre o que estaba a pasar dentro do vaso, tras formular algunhas hipóteses, chegamos ó acordo de que o ácido do vinagre estaba a "comer a cáscara dos ovos" e auaga non porque "non era ácido porque non picaba".

 

Xa vos contaremos como quedaron os ovos "saltarines" e outros moitos expermientos en futuras entradas. Ata entó algúns de nós xa comentamos que convencemos ós nosos pais e nais para facer na casa o mesmo experimento. Sucedera o mesmo??

Creamos xa tamén algunhas das historias de ficción para o noso libro para o Salon do libro, nelas suceden feitos "que inventamos" sobre estes expermientos... pero iso xa o contaremos noutra entrada, xunto os restantes experimentos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.