(2014-2015) A pementa que fuxe- Primeiro experimento e historia para o Salón do Libro
No mes de xaneiro comezamos a participar nun obradoiro de experimentos que levamos a cabo semanalmente.
Cos catro primeiros levados a cabo, elaboramos tamén o noso libro co que participaremos no Salón do Libro.
Este libro é conxunto cos nen@s de Infantil 2 e consiste en darlle unha perspectiva literaria a cada experimento, inventando unha historia na que as persoaxes teñan certo paralelismo cos materiais empregados. E por iso ao noso libro o chamaremos "Ciencia ou ficción" .
Vos contamos nesta entrada o primeiro deles e a historia que inventamos a partir desta experimentación.
A PEMENTA QUE FUXE
Materiais empregados: prato con auga, pementa, xabón.
Así o reflexamos no noso dossier.
Botamos auga nun prato, engadimos pementa, e probamos a ver qué pasa se poñemos un dedo no centro do prato..............non pasa nada.
Falta o xabón.
ANTICIPAMOS QUE PODE SUCEDER
-Vamos a mezclar todo.
-Cuando juntemos todo, va a arder. Si lo pruebas, porque la pimienta arde.
-Si echamos jabón, se va a volver verde.
-Entra la pimienta dentro del jabón y se hunde.
-Olerá a jabón y pimienta.
-La pimienta se va para el fondo.
A continuación botamos un pouco de xabón na punta do dedo e o poñemos no centro do prato.
¿qué sucede agora?
A pementa escapa para os bordes do vaso.
DEDUCIMOS que sucede porque..
-Porque el jabón es más fuerte y la separa.
-Los granitos de la pimienta son más pequeños y los del jabón más grandes.
-Porque el jabón salió muy fuerte. El dedo de Nayra fue a mucha velocidad. (probamos a facelo moito máis despacio e sucede o mesmo).
A explicación científica é a seguinte:
A pementa flota enriba da superficie da auga. Na superficie hai unha capa de auga máis firme pola súa maior forza entre moléculas. Isto chámase tensión superficial. Ó introducir o xabón esta tensión disminúe no centro, facendo fuxir a pementa. Nos bordes onde o sabón aínda non chegou, a capa tira do centro cara fóra.
E pasamos á parte literaria, pensando e decidindo as persoaxes que sustituirán aos protagonistas do experimento. Así, na nosa historia, a pementa serían as follas de árbores; o vaso con auga, un río, e o xabón un lóstrego.
Así nos quedou a historia:
CANDO OS ANIMAIS FALABAN, NUN RÍO DUN LUGAR DE AMÉRICA, NO QUE NON VIVÍA NINGUÉN POIS A SÚA AUGA ESTABA CHEA DE VENENO DE ESCORPIÓNS.
UN DÍA COMEZARON A CAER SOBRE AS AUGAS DO RÍO MOITAS FOLLAS DE ÁRBORES QUE TINGUIRON A AUGA DE NEGRO.
ESTA TINTA NEGRA MEZCLADA CO VENENO DE ESCORPIÓN, FACÍAO MÁIS POTENTE E PELIGROSO.
UNHA NOITE DE TRONADA, UN LÓSTREGO CAEU SOBRE AS AUGAS DO RÍO PROVOCANDO UNHA INUNDACIÓN, E QUE O VENENO, AS FOLLAS E A COR NEGRA SAÍRAN DO RÍO E DENDE ESE DÍA TODO VOLVEU A ESTAR EN CALMA E NO RÍO XA SE PODÍA VIVIR.
E REMATOU O CONTO E TODOS CONTENTOS.
O equipo dos cans ocupouse de ilustrar a historia así como escribir o comezo e o final da mesma e o título do experimento.
Unha vez rematada, Iker dalle os últimos retoques.
Ademáis, cada día que levamos a cabo un experimento, facemos un rexistro do mesmo nun dossier individual, onde pegamos os materiais, escribimos os seus nomes e do experimento, o numeramos, debuxamos o proceso e escribimos unha explicación do mesmo.
Esta parte tamén vai no noso libro para o Salón, acompañando á literaria.
Estade atentos que aínda nos quedan moitos experimentos d e historias que contarvos, e curiosidade e inventiva non nos faltan!