Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Participación dende EF no Salón do Libro.

Un ano máis celébrase en Pontevedra o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano trata sobre a ciencia e a ficción.

 

 

Dende a nosa área quixemos participar aportando un traballo que preparamos entre todo o alumnado de primaria.

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º adicouse a crear xogos ou deportes fantásticos. Para elo fixemos os seguintes pasos:

1º) Repartímonos en cada aula en equipos e escollemos cada un un conto que tivesemos na clase. Cos ollos pechados tiñamos que pousar o dedo nalgunha parte do texto e ir anotando as tres primeiras palabras que nos aparecesen.

Esas tres palabras serían as que nos darían as pistas para inventar o noso xogo de ciencia ficción (Por exemplo: helicóptero-amigos-cama)

2º) Logo decidimos onde se ía xogar, os materiais que se empregarían, se sería de equipo ou individual,...e, ao final, explicamos cal sería o obxectivo do xogo.

O mesmo fixeron en todas as aulas destes cursos, lendo os estranos resultados finais aos compañeiros. 

3º) Os compañeiros de 5º e 6º , pola contra, en lugar de inventar xogos fantásticos, buscaron información sobre xogos ou deportes que xa existen pero que son tan estranos ou descoñecidos que tamén parecían de ciencia ficción.

4º) Cando xa tivemos todos os datos que precisabamos, fomos pasando en pequenos ratiños nas clases de EF no pavillón as fichas a limpio para poder compoñer o dossier que enviaríamos ao Salón así como os debuxos de cada un deles.

5º) Xa os maiores déronlle os toques finais facendo a portada e rematando unha maqueta de reloxo cun circuito eléctrico traseiro que fai que cando a súa agulla toca o nome dun xogo ou deporte de ciencia ficción ilumínase unha das súas bombillas, namentras que se é real non pasa nada.

O producto final xa está xunto co lobo Orbil no Salón. 

O vindeiro venres visitarémolo as aulas que prepararon traballos cos seus titores.

Todos os demais recordade que estará aberto en horario de tarde con entrada gratuita durante dúas semanas.

Aquí vos deixo o enlace á programación do Salón do Libro deste ano 2015.

 http://www.salondolibro.org/

Que o desfrutedes!

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.