Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Temos novos equipos cooperativos. Queres coñecelos?

Como con cada novo proxecto de investigación, chegou o momento de organizarnos en novos equipos cooperativos. Estes equipos xa os manteremos ata que remate o curso.

Cada un dos equipos tivo que acordar e plasmar no seu panel:

  • un nome para o equipo, que tivo que escribilo no panel
  • unha cor para o seu equipo, que foi o que empregaron na folla do seu panel.
  • un debuxo do seu equipo, segundo o que indicase o nome que acordaron.
  • pegar unha fotografía do seu equipo
  • escribir os nomes dos integrantes do equipo.

 

Como sempre cada equipo tivo que acordar os diferentes roles dentro do mesmo, e anotalo no caderno dos "encargados" e, por suposto, tiveron que respectar as catro regras do traballo por equipos cooperativos, que serían o que logo auto-avaliasen o rematar cada tarefa plantexada:

  • TRABALLAR XUNTOS E PARTICIPAMOS TODOS
  • FALAR PARA ACORDAR
  • RECOLLEMOS Ó REMATAR
  • REMATAMOS A TEMPO.

 

Cada equipo organizouse para buscar en internet unha fotografía ou debuxo significativo en cada cada, escribindo en google-imaxes o nome do seu equipo, para imprimirlo e pegalo posteriormente.

 

Velaquí os nosos equipos cooperativos para este remate de curso:

EQUIPO "LOBO"

 

EQUIPO "PATRULLA CANINA"

 

EQUIPO "NINJA"

 

EQUIPO "POU"

 

Como podedes comprobar gústanos moito poñer "caras raras", para que queden simpáticas no noso panel do equipo.

Finalmente tras cada unha tarefas levamos a cabo unha avaliación "figuro-analóxica", valorando ademais do noso traballo como equipo nos aspectos que antes se indicaban, tamén o papel desempeñado por cada un dos encargados dentro do equipo:

  • Encargado de material
  • Encargado de escoitar
  • Encargado de non berrar

 

A partir de agora xa nos verás traballando "en equipo" en diferentes momentos, nas diferentes entradas que se vaian publicando neste blog.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.