Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Acordamos as normas de aula.

Nestes dias de setembro xurdiron na clase moitas situacións e momentos nos que nos decatamos de que necesitábamos ter unhas normas, como en anos anteriores, para así ter un ambiente tranquilo na aula.

Despois duns diálogos recordando algunhas destas situacións, suxerimos algunhas das normas que considerábamos necesarias para intentar que estes comportamentos non se repitan.

Unha vez acordadas por todos e todas e anotadas na pizarra, nos agrupamos por parellas e algún grupo de tres, para escenificar e fotografiar cada unha delas e así telas expostas nalgún lugar visible, como facemos todos os cursos.

Éstas foron as normas que propuxemos, aínda que seguro que irán xurdindo máis:

*Falar baixo, sen dar berros.

          

 

*Moverse pola clase despacio, sen carreiras.

*Levarnos ben.

 

 *Escoitar ós demais, cando falan.

   

 

*Agarrarse ó pasamans cando subimos e baixamos as escaleiras (para ir a clase de música e a informática e biblioteca).

  

 

*Poñer as tapas ós pegamentos e rotuladores para que non sequen.

*Gardar as cousas no seu sitio e recoller cando desordeamos algo.

             

 

*Coidar o material e xoguetes da aula. Como un compañeiro rompera un libro de clase, decidimos sacarlle unha fotografía para así acordarnos ben desta norma.

 

Temos as nosas normas pegadas nunha zona moi transitada na aula e onde podemos acceder a elas fácilmente.

 

Cando xurde algún problemiña deseguido acudimos a elas!!

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.