Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) E no mes de xaneiro... experimentos, cartas e moito máis.

Ó longo do mes de xaneiro, ademais do que vos fomos contando noutras entradas, tamén sucedeu todo isto.

 

UN NOVO EXPERIMENTO: AS PONTES DE CORES

Comezamos este novo ano poñendo en práctica na aula un novo experimento ciéntifico, nesta ocasión o das "pontes de cores" baseado no fenómeno da CAPILARIDADE (lembra que podes ver os vídeos dos experimentos que imos facendo aquí)

Antes de comezar plantexamos hipóteses de que se podía "facer con eses material" e xurdiron ideas moi interesantes.

 

Finalmente puxémonos mans á obra e comezamos por mesturar témpera de cores con auga en tres vasos.

 

E metemos dentro unhas servilletas de papel moi aprentadas a modo de "pontes".... que sucedería?... novamente plantexamos hipóteses aínda que non tivemos moito tempo porque a algo comezou a suceder.

 

A pintura de cor ía "subindo" polas pontes de papel ata tocarse coa outra. Por que tería sucedido? Novamente plantexamos hipóteses do que estaba a suceder e finalmente acordamos que seguramente os papel "tiña buratiños pequenos polos que súbia o líquido de cor". Cando posteriomente vimos o vídeo a explicación, descubrimos que eses buratiños se chamaban "capilares" e o fenómeno físico que acabábamos de observar era a CAPILARIDADE.

 

Cada un dos equipos cooperativos repetiu o experimento, poñéndose dacordo en como levalo a cabo e quen faría cada parte do proceso. Todos eles deron feito o experimento e observado novamente o fenómeno da capilaridade.

 

Plasmamos o experimento no noso "caderno de campo", anotando os materiais, o proceso do mesmo (incluíndo unha fotografía do experimento no equipo) e un debuxo esquemático do proceso para levalo a cabo.

 

Como sempre cada equipo cooperativo, unha vez rematado o traballo, avaliou como funcionou o mesmo e cada uno dos encargados.

 

SOMOS UNS ARTISTAS:

Exploramos as nosas habilidades creativas pintando con témpera, eso si acordando a forma de organización cos demais compañeiros e compañeiras e establecendo estratexias, para poder empregar un número limitado de pinceis entre todos e todas.

 

Tamén creamos a nosa propia interpretación do "símbolo da paz", empregando diferentes cores.

 

Quedaron moi interesantes e divertidas.

 

MURO DAS PALABRAS E PRÉSTAMOS DE LIBROS DA BIBLIOTECA DE AULA:

O ordenador da aula seguinos servindo para aumentar o diccionario das palabras cada semana e para anotar, de forma autónoma o libro que levamos para casa cada venres (lembra que podes coñecer como funcionan estas dúas tarefas en entradas precedentes deste blogue)

 

BEEBOT E CARTAS ÓS COMPAÑEIROS/AS:

Co beebot tivemos que "averiguar" a forma en superar diferentes obstáculos, programándoo de forma axeitada.

 

Por turnos, mentras uns traballaban co Beebot, outros adicáronse a escribir cartas ós compañeiros e compañeiras.

 

Meténdoas no buzón persoal de cada un, para que puidese recibilas, xa fose na nosa como na outra aula.

 

 

CONTINUAMOS COS INTERCAMBIOS:

En dúas sesións á semana continuamos agrupándonos por idades, por unha banda os de tres anos e por outra os de 4 e 5, de ámbalas dúas aulas.

Na aula de EI2 os de tres anos, entre outras actividades dramatizamos o conto dos tres porquiños, deixando voar a nosa imaxinación e desenvolvendo aspectos simbólicos.

 

Pola súa banda, os de 4 e 5 anos comezaron a completar "o libro dos números da súa vida" anotando o que saltaban e canto medían... e aínda quedan moitos "números da vida por anotar".

 

Deste xeito estamos a traballar a serie numérica desde un punto de vista funcional e unido á realidade. 

 

E POR SUPOSTO... DESNVOLVENDO A NOSA PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN.

Nas nosas sesións de psicomotricidade no pavillón xogamos a "orientarnos no espacio" e a "coordinar os nosos movementos" cos dos compañeiros e compañeiras en diferentes xogos e circuitos.

 

Sen esquecernos do xogo simbólico.

 

Ou o "xogo das croquetas" nas que había que empurrar a un compañeiro dando "tombos" sobre unha colchoneta.

 

E "traballando en equipo" para xogar á tirar da corda... aínda que o profe fixera trampas ;)

 

Como choveu moitos días, non puidemos baixar ó pavillón, e nesas ocasións tivemos a nosas sesións de psicomotricidade na sala de usos múltiples.

Alí xogamos a percorrer camiños sobre cordas.

 

Ou a pasar por debaixo delas, e cada vez estaba máis abaixo!

 

Serías capaz de recoñecer as voces dos compañeiros e copmañeiras cos ollos tapados? ... nós si.

 

Seguimos ritmo que foron marcando tódolos compañeiros e compañeiras, por turnos, deténdonos cando se paraba o son.

 

Por suposto movendo o corpo en diferentes posicións.

 

Ou "atravesando un tunel" moi estreito sen tocar ós compañeiros e compañeiras.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.