Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: DÍA 8 DE MARZO, AS MULLERES DA MIÑA VIDA

O pasado 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración recollida no calendario escolar adicado ó día da Muller Traballadora, de novo, a BIBLIOTECA e DINAMIZACIÓN da Lingua Galega organizamos unha actividade na que participou toda a escola, e que levaba por título:

" AS MULLERES DA MIÑA VIDA"

Seguindo na liña iniciada de tentar trasladar ó entorno próximo as cuestións relativas á escola, en esta ocasión contamos coa colaboración do Concello, concretamente coa área de Cultura onde María José, como responsable de este ámbito colaborou con nós nas propostas da actividade que foi aberta a toda a comunidade educativa, e, realizada no auditorio "Sobrino Buhigas".

A actividade consistíu en dúas partes:

Na primeira, o alumnado de 5º e 6º fixo unha presentación relativa á historia do día 8 de marzo coa intención de facer reflexionar sobre a situación da muller ó longo da historia no ámbito da igualdade no plano laboral para, posteriormente nunha segunda parte facer un percorrido por mulleres relevantes a nivel mundial, estatal e galegas.

Por último, convidamos a varias mulleres de Campo Lameiro, con diversas profesións á unha rolda de preguntas/debate, que preparou o alumnado xuntos cos seus respetivos titores e titoras para saber un pouco máis sobre a profesión, experiencias e curiosidades en torno a estas mulleres tan próximas e que fan historia día a día na vida dos seus achegados.

Estas mulleres foron:

- "Chiña" antiga mestra da escola que nos ofreceu unha interesante visión do ámbito educativo con un ánimo francamente motivador e de respeto hacia a figura da muller e das mestras.

- A avoa de Carolina, que se adica á arte e á escultura, e que nos espuxo os seus inicios neste ámbito. Foi moi interesante, ademais de achegarnos a tempos pasados que, vemos moi lonxe pero que están perto aínda.

- Carmen, colaboradora como sempre, nai de Sofía, nos contou as súas experiencias nos invernadoiros que ten onde pranta todo tipo de plantas, legumes, árbores frutais etc.

- María José, que nos contou o seu traballo no Concello, ademais de todo o que fai na súa vida diaria a maiores, e como dinamiza a vida de Campo Lameiro no ámbito da cultura.

-Blanca, a farmacéutica do pobo, achegounos información sobre os estudos que realizou para chegar ó seu posto de traballo, as asignaturas que lle gustaban máis  e recomendacións varias que nos encantaron.

-  Dona Nucha, que nos falou da súa paixón pola costura que segue practicando inda na actualidade e algo moi interesante ó que se adicou durante 27 anos, ser TELEFONISTA!!!

- Marga, a nosa querida carteira que accedeu a contarnos como é o seu traballo dende dentro, e o moito que disfruta del.

Foi unha experiencia fantástica, pero imos achegarvos fotos do evento que quedou moi, pero que moi interesante.

Aquí tedes ás protagonistas, co regaliño que lles fixemos por vir: un libro de Pedro Antonio Cerviño, e unha rosa branca...porque.... nos gustou para elas!!! jejjeje...

Susana presenta a actividade a grandes e pequen@s facendo fincapé na importancia de escoitar atentísim@s as experiencias destas persoas que nos acompañan hoxe, xa que fan historia día a día....

 

 

 

A rapazada expoñendo a historia do día da Muller Traballadora nun power point ilustrativo, con figuras relevantes ata centrarnos nas " reinas do acto", as mulleres de Campo Lameiro.

 

O alumnado facendo preguntas por turnos, e, o grupo de 6º curso, tomando notas para o noso periódico escolar " O Cervo Dixital".

Por último, mostrámosvos os gañadores do concurso de debuxo organizado nesta ocasión onde 4 alumnos e alumnas gañaron os premios, porque, para todos non podía haber, xa que non daba o presuposto, pero dende aquí felicitamos e agradecemos a todos os nenos e nenas da escola a participación no certame " Debuxa as mulleres da túa vida". Mil grazas ás familias tamén porque sabemos que lles botades unha man e que participades con todas as propostas que vos facemos..

 

Debuxo de Brais de Educación Infantil 1 de 3 anos, premio recollido pola súa mamá.

Debuxo de Sara de 2º curso, onde nos explica quén son as mulleres máis importantes na súa vida, entre elas, a súa PEDIATRA, como toque anecdótico...jjjjj...a saúde é moi importante non?

 

Debuxo de David, de 3º curso, onde nos debuxou con moita agarimo a tres " mulleronas" da súa vida polos seus valores e mimos...a nai, a avoa e a bisavoa...a coidalas!!!

 

Maravillosa adicatoria de Sergio de 5º a súa avoa de quen nos dí que non ten un minuto para ela, xa que llo adica todo ós demais....moi bonita definición de unha muller importante na súa vida...bravo!!!

Aquí vai unha mostra da entrega dos premios ós gañadores:

Para pechar esta entrada deixámosvos algunhas imaxes máis seleccionadas sobre debuxos presentados polo alumnado ó certame, e desexándovos un feliz día da Muller a todas:

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.