Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

DÍA DO LIBRO: GRAN TROCO DE LIBROS NA BIBLIOTECA

Outra das actividades levadas a cabo en esta semana tan laboriosa na biblioteca onde os protagonistas como non, foron os libros, levamos a cabo outra actividades que, foi novedosa na escola:

 GRAN TROCO DE LIBROS:

"Trae un libro e levas outro" ( de similares características).

A rapazada da escola foi traendo ó longo da semana libros que tiña na súa casa e que logo serían expostos nun stand para posteriormente, ser trocados por outros que os compañeiros traían, tendo en conta o criterio de similitude, claro está para ser xustos, que iso tamén é importante.

 Así de bonito quedou o stand coa colaboración dos nen@s de 6º curso que o decoraron e coa inestimable axuda de dúas colaboradoras da biblioteca de Dora: Silvia e Helena, quens procederon a elaborar listados, organizar espazos, atender ó alumnado, repartir vales, etc.

E para mostra, un botón!!! Fagan sitio ás imaxes que o recrean:

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.