Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Ademais no mes de abril: regalos para a nai, preparando a visita ó Salón do libro e moito máis...

Durante este mes de abril, ademais de todo o que xa vos contamos en anteriores entradas deste blogue, e da creación da nosa animación en "stop-motion", da que vos daremos máis información moi pronto; na nosa aula sucedeu todo isto.

 

PREPARANDO O NOSO CALENDARIO:

Como cada comezo de mes preparamos o noso calendario online, engadindo as iconas de todo o que tiñamos previsto que sucedera no mesmo, sinalando deste xeito, tamén no calendario en papel, eses feitos tan significativos.

Tamén revisamos o libro dos aniversarios para ver "quen cumpría anos nese mes" e "anotar cando o iamos celebrar".

 

 

INVENTAMOS UN BICHO PARA A BIBLIOTECA:

Atendendo á invitación que nos fixera Dora, a mascota da bilioteca do centro, deseñamos un bicho para "pendurar do teito". O primeiro foi ir a "investigar" onde o iamos poñer para pensar de que tamaño queríamos que fose. 

 

Xa na aula comezamos a deseñar o noso bicho entre todos e todas.

 

Engadíndolle cada un, por quendas, un novo elemento ó dos restantes compañeros e compañeiras.

 

Para finalmente entre todos e todas acordar como podería chamarse. Despois de escribilo entre todos no encerado engadímoslle o seu nome "BICHOPUENTE" xunto ó propio deseño.

 

Todos xuntos calculamos cantas copias precisaríamos do noso deseño para poder levar un para casa cada un, e dirixímonos á sala de mestres onde, na fotocopiadora, introducimos ese mesmo número para conseguir tantas copias como compañeiros e compañeiras había na aula.

 

Despois de colorealo entre todos, e de plastificalo, fómolo pendurar no seu sitio á biblioteca do centro. Alí está o noso "bichopuente" para que todos e todas poidan velo.

 

Tan só faltaba decorar o noso propio bichopuente.

 

 

CREAMOS O NOSO MAPA PARA "CHEGAR Ó SALÓN DO LIBRO":

Como xa vos contamos noutra entrade deste blogue, participamos e visitamos as actividades do salón do libro, como podes ler nas seguintes entradas:

- 09/04/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016 

- 19/03/16 - INFANTIL 2 (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas

 

Para poder asistir tivemos que planificar a viaxe, e facer unha chea de cousas que precisabamos para poder asistir.

Anotamos nunha listaxe os nosos nomes a medida que iamos traendo a autorización.

 

Visualizamos nun mapa interactivo, que estaba na zona de mapas do noso recanto, o percorrido que teríamos que facer para chegar do colexio ata o Pazo da Cultura de Pontevedra, comentando cada un dos lugares polos que iríamos pasando.

 

Decidimos que o mellor para "non perdernos" era facer o noso propio mapa, cos lugares relevantes polos que iríamos pasando, para o cal o primeiro foi calcular canta copias do mapa do ordenador, iamos precisar para que cada quen tivese o seu mapa.

 

Sobre o mapa sinalamos o percorrido e fomos pegando, segundo un código de números, as imaxes dos lugares polos que pasaríamos.

 

Escribindo tamén como se chamaba cada un deles.

 

Así puidemos empregar o noso mapa durante a viaxe, tal como xa contamos na entrada citada anteriormente.

 

 

CREAMOS UNHA CAIXA DE BOMBÓNS PARA AS NOSAS NAIS, DECIDINDO A PLANIFICACIÓN DO NOSO TRABALLO:

Entre as datas que tiñamos anotadas no noso calendario estaba a de facer un regalo para as nosas nais, polo día da nai. Nesta ocasión faríamos unha caixa de bombóns decorada por nos.

O primeiro, despois de traer a caixa da nosas casas, foi pintala da cor que quixeramos. A tapa dunha cor e o resto doutra diferente.

 

Unha vez seca debuxamos á nosa nai e escribimos o seu nome, para pegalo dentro da caixa.

 

Convertimos a nosa caixa nunha "cara" debuxando e recortándolle ollos, boca e nariz.

 

Que unh vez secos decoramos para que quedase así de divertida.

 

Tan só restaba decidir cantos bombóns iamos meter en cada caixa, xa que tiñamos unha chea deles que clasificamos en 5 "categorías"...  despois de varias ideas e de discutir algunhas propostas descubrimos que en cada plato había máis bombóns que nenos, así que poderíamos meter un bobón de cada tipo dentro da caixa. En total tería 5 bombóns a nosa caixa.

 

Pero como xa era venres, e ese día había que levar o regalo para casa, tivemos que organizar todo o que tiñamos previsto facer ese día. Así cada un de nos "no contrato" foi escollendo en que orde prefería facer todo o que tiñamos pendente ó longo da xornada.

 

Algúns decidiron comezar facendo o papel de regalo, decorando papel de periódico par crear un papel de regalo reciclado.

 

A medida que iamos facer aquelo que elexíramos o anotábamos "no contrato" para saber canto nos quedaba.

 

Pouco a pouco todos fomos completando as tarefas ó longo do día, asumindo as consecuencias das decsións tomadas e actuándo con responsabilidade e autonomía na toma de decisións.

 

Finalmente todos e todas demos feito o traballo e así de chulas quedaron as nosas caixas de bombóns.

 

E, por suposto, os bobóns que sobraron repartímolos entre todos e todas ;)

 

 

PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN:

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón continuamos explorar as posiblidades do noso corpo, a nosa coordinación de movementos tanto individual como en relación cos restantes compañeiros e compañeiras.

 

Tamén chegamos a acordos para levar a cabo tarefas conxuntas, como deseñar un circuito por equipos, co material que acordáramos.

 

E cando chovía, aula de usos múltiples convertiuse nun "pavillón improvisado"

 

 

EXPLORANDO AS POSIBLIDADES CREATIVAS DA TÉMPERA:

Traballando coa témpera descubrimos que partindo dunha cor podíamos conseguir diferentes "tonos" de máis escuro a máis claro. Tan só mesturándolle branco pouco a pouco.

 

Tamén creamos obras con "puntillismo" para o que vimos algúns exemplos.

 

Cada equipo tivo que escoller que tres cores quería empregar, chegando a un acordo, e pensar cantos pinceis ía precisar.

 

Cada quen elaborou unha composición empregando só "puntiños"... quedaron moi intersantes.

 

E por suposto, cada un dos equipos, antes de facer a súa autoavaliación "coas cariñas", tivo que deixar limpa a súa zona de traballo, novamente de forma acordada e coordinada.

 

 

CONTINUAMOS A AUMENTAR O DICCIONARIO DAS PALABRAS:

Descubrindo novas palabras e cidades do mundo fomos ampliando o nos diccionario xigante das palabras.

 

Que tamén fomos engadindo no noso diccionario persoal, buscando as palabras no diccionario online do recanto de infantil e escollendo cantas precisamos imprimir para poder logo pegalas e escribir a palabra correspondente.

 

LEMOS LIBROS XUNTOS:

Unha vez á semana, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula continuamos a ler "libros por parellas".

 

REXISTRANDO OS LIBROS QUE LEVAMOS PARA CASA:

E empregando a aplicación de biblioteca do recanto de infantil desta web, fomos conseguindo as portadas dos libros que queríamos levar o fin de semana, escribindo o seu número.

 

Para logo empregalas no caderno de rexistro do préstamo de libros.

 

PROGRAMANDO A BEEBOT PARA SOLUCIONAR OS SEUS "PROBLEMAS DE LÓXICA"

Continuamos a programar o BEEBOT para axudalo a atopar un número concreto...

 

... ou superar obstáculos como este.

 

E moi pronto na nosa aula teremos novos robots cos que continuar os nosos xogos de programación lóxica, pero iso xa o contaremos nunha próxima entrada do blogue.

 

 

ASISTIMOS A UN CONCERTO DE "MAMA-CABRA" EN "AFUNDACIÓN" DE PONTEVEDRA:

Para asistir ó concerto "15 primaveras" de "Mama Cabra", despois de investigar e descubrir que era o que iamos ver e onde, anotamos nunha listaxe aqueles que iamos asistir a medida que iamos traendo a correspondente autorización.

 

Xa o día da saída camiñamos polas rúas de Pontevedra ata chegar ó edifición de "Afundaci

 

Dentro había moitísimos colexios que coma nos viñan a asisitir ó concerto.

O concerto pareceunos moi interesante.

 

Aproveitamos para merendar unha parte do edificio,  como tiña as paredes de cristal podíamos ver toda a cidade desde alí.

 

Así puidemos ver a DAVID, o noso compañeiro que non puido asistir que estaba na beirarúa debaixo de nos. Despois de moito saúdalo conseguimos que nos mirase ;)

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.