Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) En maio sucedeu tamén todo isto na nosa aula

Ó longo do mes de maio ademais de todo o que xa vos comentamos noutras entradas, como celebrar os cumpreanos, celebrar a semana das Letras galegas, continuar a nosa investigación sobre Henry Moore e rematar a nosa película de animación "O veleno máxico", tamén sucedeu todo isto:

 

Revisando os tellados para as "casas do beebot":

Unha mañá o profe troúxonos un tellado para as casiñas do beebot, que nos fixeran cunha "impresora en "3D" para que o revisásemos e lle contásemos ó que nos parecía.

 

Despois de probalo e aportar ideas do que nos parecía, fomos anotando as nosas conclusións.

 

Enviámoslle as nosas conclusións á Susana, quen nos creará este tellado, para que nos faga un tellado "coas nosas recomendacións". 

 

Creando gradacións de cores:

Por equipos cooperativos creamos unha gradación dunha mesma cor, de máis claro a máis escuro, tan só engadíndolle un pouco de negro de cada vez.

 

Como xa o fixéramos facendo a gradación "de escuro a claro", cada equipo foi quen de facer a gradación de forma autónoma, tomando decisións e chegando a acordos sobre que cor empregar e como levar a cabo este traballo.

 

Así quedaron as nosas creacións unha vez rematadas.

 

Rematando o libro dos "números da miña vida".

Rematamos durante estas semanas os libro "dos números da miña vida", nos intercambios cando nos xuntamos os compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos das dúas aulas.

 

Nesta ocasión anotamos o noso número de roupa, o número da casa e o noso teléfono.

 

Pola súa banda os de 3 anos, tamén nos intermcabios, xogamos a indentificar tamaños, cores e repetir series.

 

 

Visitando a biblioteca do centro.

Cada semana, acompañados pola profe Marga, visitamos a biblioteca do colexio, onde nos le libros con historias fantásticas.

 

 

Dramatizando e expresándonos co corpo.

Nas sesións de psicomotricidade xogamos a "representar historias co noso corpo" que os demais tiñan que adiviñar. Para facelo en grupo había que poñerse antes dacordo.

 

Tamén de forma individual repesentamos obxectos, animais... para que os nosos compañeiros e compañeiras puidesen descubrilo.

 

 

Xogando co paracaídas:

Xa no pavillón pasámolo de medo xogando co paracaidas, coordinando os nosos movementos cos dos compañeiros para poder levar a cabo os diferentes retos.

 

Encantounos "relaxarnos" tras tanto esforzo distribuidos polas diferentes cores do paracaidas.

 

Un circuito de equilibrio:

Un boneco serviunos de protagonista dun circuito de equilibro... estabamos tan tranquilos xogando con el e o chan comezouse a convertir en "lava".

 

Así que tivemos que rescatalo levándoo ó lombo, para que non se queimase, recorrendo en zigzag un bosque tenebroso.

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.