Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) En xaneiro tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Ademais de rematar a investigación sobre as tartarugas e recibir a nosa nova amiga "Rayo", así como de participar nas actividades do Día da Paz, tal como xa comentamos noutras entradas anteriores deste blogue; no mes de xaneiro tamén sucedeu todo isto na nosa aula. 

Nas sesións de robótica, nos intercambios dos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos, de ámbalas dúas aulas, xogamos a "que os beebots se desen un bico", para o que por parellas había que calcular, e programar, canto tiñan que moverse, e cara onde, para poder bicarse, sen chocar entre eles.

 

Tentamos reproducir a programación dun código escrito nos beebot. Sería capaz de chegar o punto indicado? Só se metíamos ben o código.

 

Conseguimos tamén que os ozobots percorresen o nome de "NURIA", pero o primeiro foi escribilo correctamente con tódalas súas letras.

 

Debuxamos as diferentes letras nun erorme papel para ver se facía o percorrido.

 

Tendo que buscar solucións para que "saltase dunha letra á seguinte".

 

Ata que conseguimos que percorrese todo o nome sen axuda.

 

 

Nos intercambios, cos compañeiros/as de 3 anos, xogamos a facer series con colares, seguindo diferentes consignas:

Para divertirnos logo comparando a súa lonxitude.

 

Investigamos pola aula buscando obxectos das cores de cada un dos aros que había na mesa. Contando logo cantos había en cada caso.

 

 

Continuamos a completar o noso diccionario xigante.

 

E o noso diccionario individual.

 

Empregando tamén a aplicación informática, cada venres levamos un libro da biblioteca de aula para casa.

 

Que tamén lemos xuntos, entre as dúas aulas, nunha sesión semana.

 

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón exploramos as nosas habilidades de equilibrio, coordinación, movemento...

 

Ou desplazarnos segundo o ritmo marcado co pandeiro, de diferentes formas.

 

Organizar xogos por equipos, decidindo con que material xogar, para logo ir "rotando" entre as diferentes zonas.

 

E exploramos as nosas posibilidades motrices nos xogos tradicionais do patio, e entre as árbores.

 

Preparamos o traballo para a celebración do Día da Paz:

Tal como vos comentamos noutra entrada sobre o noso traballo e celebración do día da Paz, centrámolo en torno ó conto do "Pez Arco da Vella", así foi como o preparamos na nosa aula.

Visualizamos o conto a través dun vídeo.

 

Participamos na elaboración deste mural sobre a historia, indicando o que fai falla para ser amigos. (máis detalles na entrada ó respecto neste mesmo recanto)

 

Plasmamos nunha folla, para levar para casa, todo o que acordáramos que era preciso para ser amigos.

 

E así estaba preparado todo para poder levalo para casa.

 

Lembra que na entrada do recanto de infantil, sobre a celebración do día da Paz tamén poderás ver o ben que o fixemos coa nosa interpretación deste conto.

 

 

Exploramos as noas posibilidades creativas pintando con témpera:

Debuxando o peixe de cores, tendo coidado de non "mesturar as cores das diferentes escamas".

 

Organizados en equipos acordamos as cores que iamos empregar para pintar "círculos de cores".

 

Tamén debuxamos a nosa nova tartaruga (ver entrada ó respecto).

 

Que empregaremos como portada do noso dossier da investigación. 

 

Continuamos a traballar en equipos cooperativos, asumido diferentes responsabilidades en cada ocasión, e levando a cabo a auto-avaliación ó rematar.

 

Xogamos a pensar, para desenvolver as nosas habilidades de pensamento, a través do diálogo. Empregando diferentes imaxes e historias, como o vídeo "lévame a casa", que podes atopar no apartado correspondente do recanto de infantil.

 

Lembra que, ademais de todo isto, sucederon outras moitas cousas que podes ver nas correspondentes entradas deste blog.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.