Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Entroido 2017- Confeccionamos o noso disfraz nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido.

 

A semana pasada celebramos o entroido no cole e  en Infantil, o disfraz que levaríamos todos non podía ser outro que de dragón chinés, xa que a nosa viaxe con Dora foi á muralla chinesa e o noso libro para o Salón do Libro Infantil, trataba da lenda dos catro dragóns, que os profes representaron en teatro de sombras.

Como os dragóns tiñan catro cores, tivemos que votar a sortes de qué cor sería o noso: amarelo, vermello, branco ou negro.

E para non facernos un lío, qué mellor que anotarnos nun enorme papel,  clasificado por cores, a medida que escollíamos un anaco de papel a cegas.

Os profes tamén elixiron a cegas a súa cor, como Nuria, na foto, que lle tocou a cor branca.

 

E así quedou o sorteo!

 

Unha vez feito o sorteo, había que poñerse mans á obra elaborando un de proba, para facer as instruccións para as nosas familias.

Como en Infantil 1 están investigando sobre os dragóns chineses, unha compañeira dasúa clase veu contarnos algo que averiguaran sobre o seu corpo.

Cecilia contoulle ós compañeiros de Infantil 2 que o corpo dun dragón chinés está composto por diferentes partes de nove animais: escamas  de peixe, cornos de cervo, bigotes de bagre, nariz de can, morro de camello, melena de león, garras de águia, cola de serpe e ollos de langosta.

 

Nas dúas aulas elaboramos entre todos o disfraz que levarían os profes, e así fomos fotografiando cada paso  

e dictando que queríamos escribir nas instruccións.

 

Os distintos pasos dictados, os profes os ían anotando nun documento, que todos veíamos na pizarra e co que se montarían as instruccións coas fotos.

 

Tamén elaboramos as nosas de aula, con frases máis curtas.

 

 

Así quedaron os disfraces de proba, que tamén servirían de modelo o día do obradoiro.

 

Nós, ademáis tamén tivemos que pintar con témpera marrón as nosas melenas para a máscara.

 

 

E chegou o día do obradoiro, no que fomos preparando o material que precisaríamos, por cores. 

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro coas familias. Tamén tivemos a sorte de que viñeran axudar a algúns compañeiro/as, primos ou irmáns maiores.

 

 

 

 

E así quedaron tódolos nosos traxes unha vez rematados, fai click na imaxe para poder velos todos.

 


 

Ademáis, sempre elaboramos algunha pancarta para o desfile. Os compañeiros/as de Infantil 2 comezaron a mesma elaborando unha muralla chinesa

que quedou así de chula.

 

En Infantil 1 encargámonos de completala, pintando os catro dragóns, pintando con témpera negra letras chinesas

e  poñéndolle o título.

 

 

E chegou o día do desfile, xa tiñamos todo o que necesitábamos para desfilar, incluida a canción!

 

Polo noso percorrido polo pobo tamén fixemos unha parada diante da galiña azul para saúdar ós nosos antigos compañeiros e profesoras.

 

E xa de volta, despois de tan animado paseo, nos esperaban os ricos doces que entre todos aportamos para rematar a xornada con moitos sabores na boca!

Apertas e a seguir desfrutando!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.