Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Salón do Libro de Pontevedra 2017

O pasado xoves asistimos á  XVIII edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, que este ano tiña como lema "O mundo que queremos". Durante a xornada, os nenos/as do colexio puideron pasar unha mañá moi divertida, xa que asistiron a diferentes obradoiros, charlas e exposicións relacionadas ca importancia do respeto, o valor diversidade cultural, ou coidado do medio ambiente.

A continuación deixámosvos un breve resumo do noso paso, un ano máis, por esta bonita experiencia.

1- Confección da "maleta viaxeira"

Os noso alumnos/as coñeceron da man de Dora as 7 marabillas do mundo, recopilando contos típicos e postais dos países de orixe. Todo iso metémolo nunha maleta que fomos elaborando entre tódolos cursos.

 

2- Unha vez rematada tivemos que despedirnos dela...

 

3- Velaí vai a nosa "maleta viaxeira" camiño do Salón do Libro

4- Chegou o día: Visita ao Salón do Libro

Menudo recibimento nos dou a mascota! 

5- Comezamos a mañá cun obradoiro para aprender a ilustrar. Anxo Fariña amosounos algunhas técnicas para mellorar os nosos debuxos!

 

6- Seguimos cunha visita guiada polas distintas exposicións.

  

7- Finalmente atopamos a nosa maleta na sala de exposicións. Que contentos se puxeron os nenos e nenas ao vela!

A nosa e ben chula, pero tamén había traballos moi interesantes...

Con isto remata o noso paso polo Salón do Libro. Moi boa experiencia para os nenos/as. Para o ano repetimos!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.