Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

CHARLA-COLOQUIO ESCOLA DE PAIS

 

 

 

O pasado día 16 de maio tivo  lugar no colexio unha charla informativa a cargo da asociación ADAHPO, á que acudiron nais/pais preocupados pola educación dos seus fillos/as.

Nesta reunión xurdiron moitas preguntas e moitas inquietudes ás que se deron resposta, pero quedamos con ganas de saber máis...

 

 


A nosa intención dende o Centro é a creación dun ESCOLA DE PAIS E NAIS que dé resposta a todas esas dúbidas que surxen a cerca da educación dos nosos filos, das súas relacións,etc..

 Propiciar un maior acercamento dos pais/nais á institución educativa, co fin de lograr un maior compromiso por parte de todos, como axentes formadores dos seus fillos/as.




 


É importante destacar osbeneficios que ten uha escola de pais:

- Os pais que asisten á escola aumentan a súa seguridade persoal.

- Os pais síntense máis satisfeitos co seu papel de primeiros educadores.

- Melloran as súas relacións cos seus fillos.

- Traballan con outros pais que se atopan na mesma situación.

- Descobren novas estratexias educativas para os seus fillos/as.

-Disfrutan do diálogo e da reflexión.


 

 


   Os obxectivos desta ESCOLA DE PAIS serían:

- Por un lado, brindar aos pais  elementos de análisis e reflexión, a través de charlas e talleres especializados para instruirse acerca de como facer máis efectiva a súa labor como pais.

- E, por outra banda,  comprometer aos pais de familia na educación directa cos seus fillos, facendo un seguimento máis profundo  do comportamento,actitudes,motivación,valores,normas etc...dos estudantes.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA                    COLABORACIÓN!!!!

Volvemos a vernos para o curso que vén...

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.