(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de outubro
Neste mes de outubro o único compañeiro que cumplía anos era NICOLÁS, así que tivo que buscar "axudantes" para poder elaborar a súa tarta de cumpreanos, á que logo convidaría ós demais compañeiros e compañeiras.
Seguindo os pasos da receita que escollera do noso libro "das tartas" foron elaborándoa.
Ata que quedou así de fantástica... tan só faltaba metela no frigorífico ata o día seguinte, cando tería lugar a gran festa.
Chegado o día da festa, xa coa tarta lista, NICOLÁS soprou as 4 candeas non sen antes terlle cantado o "cumpleaños feliz"
Coa axuda de dous compañeiros que el mesmo escolleu, como bo anfitrión, foi repartindo anacos da tarta entre os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.
Estaba fantástica ;)
Rematada a tarta continou a festa con patacas fritidas, gusatinos e zume de piña, que é o noso favorito.
Tan só nos queda agardar a que remate o mes de novembro para ter unha nova celebración de cumpreanos, podes ver quenes serán os "homenaxeados" no calendario online de INFANTIL 1 e INFANTIL 2