Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Celebrámo-lo Magosto cunha camiñada ata "San Antoniño de Penalva"

Este curso celebramos a festa do Magosto en "San Antoniño de Penalva" que está nun monte preto do noso colexio.

Os compañeiros e compañeiras de 3º a 6º fixeron unha camiñada ata o lugar da celebración.

Pola súa banda os de infantil,1º e 2º subiron nun autobús, aínda que todos baixaríamos xuntos camiñando ata o colexio. 

 

Mentras se levaban a cabo os preparativos coas castañas para a celebración do Magosto...

 

... os compañeiros de primaria foron a visitar uns petroglifos que había "preto" de alí.

 

Como era moita distancia para ir os de infantil exploraon o entorno a ver que atopaban en contacto coa natureza.

 

Á volta participamos en xogos tradicionais dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto curso, e organizado polo profe Paulo (EF).

 

Con todo xa listo, chegou o momento de repartir as castañas asadas entre todos e todas.

 

E de pintarnos a cara coa "borralla" ;)

 

Rematada a celebración tan só nos quedaba desfrutar dun paseo camiñando ata chegar o colexio... menos mal que era costa abaixo e aquí si puidemos participar os nenos e nenas de todo o colexio.


Lembra que podes ver moitas máis fotografías da nosa celebración do Magosto na seguinte galería:

Así como nas diferentes entradas publicadas en cada recanto.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.