Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018

Tal como vos comentamos nunha entrada anterior, para participar nas actividades do Salón do Libro 2018 creamos unha serie de libros sobre "mulleres de conto", que podes ver na seguinte ligazón:

24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo 

 

 

O 9 de abril puidemos participar nas actividades organizadas polo Salón do Libro 2018, onde puidemos ver o noso traballo, visitar a exposición e participar nunha serie de obradoiros.

Os de infantil asistiron a un contacontos sobre mulleres imporantes na historia.

Os de primeiro e segundo participaron noutra sesión de contacontos.

Os de terceiro e cuarto así como os de quinto e sexto participaron en cadanseu obradoiro.

Podes ver de seguido algunha fotografía da nosa visita.

 

 

 

Alí puidemos ver o noso traballo, na exposición, xunto ó dos restantes compañeiros e compañeiras doutros centros.

 

Podes ver tódalas fotografías da nosa visita e participación nas actividades do Salón do Libro na GALERÍA FOTOGRÁFICA, podes facelo directamente desde aquí.

Atoparás información  máis específica sobre cada curso,  nas entradas publicadas nos diferentes blogues da web.

Se queres visitar "O Salón do libro" de forma gratuita, podes consultar os horarios na seguinte ligazón:

www.salondolibro.gal

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.