Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas

Este curso celebramos a semana das Letras Galegas descubrindo a vida e a obra da autora homenaxeada, María Victoria Moreno.

 

Os compañeiros e compañeiras de Educación infantil crearon un mural cunha das ssúas poesías, que falaba dun can, posto que lle encantaban os animais e estaban moi presentes na súa obra. Engadiron no mural fotografías cos nomes das mascotas de cada un deles.

 

Descubriron tamen a María Victoria Moreno os compañeiros e compañerias de primaria, a través de diferentes actividades levadas a cabo na aula.

 

Ó día seguinte da celebración das Letras galegas, organizouse un acto de celebración na Biblioteca do centro.

 

Nesa celebración algúns compañeiros contáronnos, a través dunah presentación, diferenetes momentos da vía e obra de María  Victoria Moreno.

 

 

Tamén asisitimos á interpretación de varias composicións musicais da tradición galega.

 

Os representantes da ANPA entregaron os premios do concurso Literario que organizaron, xunto coa colaboración do Concello e da editorial Kalandraka.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.