(2018-2019) Celebramos os aniversarios de decembro cunha festa de Nadal
Como cada fin de mes celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpriron anos nas últimas semanas. Nesta ocasión ademais de celebrar os cumpreanos de ADÁN e de HÉCTOR, tamén fixemos unha pequena festa de Nadal.
Como sempre os homenxeaod escolleron a súa tarta favorita no libro de receitas (que podes atopar no recanto de infantil desta web) e decoraron as dúas coroas ;)
Tódolos compañeiros e compañeiras asinaron na súa camiseta "conmemorativa", ademais de colaborar na súa decoración.
Así de fantásticas quedaron unha vez rematadas, con pase de modelos incluído.
Un día antes da celebración, os homenaxeados, coa inestimable axuda dos compañeiros e compañeiras, fron elaborando a tarta escollida seguindo as instruccións escritas na receita.
Cando chegou o día da celebración, tras cantarlles "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti", sopraron a candea o número de anos que cumprían.
Os homenaxeados foron repartindo tarta entre os seus convidados... estaba boísima!!.
Rematada a tarta fixemos unha pequena de Nadal, na que había tamén postres típicos do Nadal.
E por suposto non podía faltar a música coa que bailar.