Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019/2020) Semana do Libro: contos, música, manualidades, receitas e moito máis!

Como temos que seguir quedando na casiña ahí vos deixamos unha chea de recursos de páxinas webs... 

Como ler sempre é un bo plan e xa non temos máis libros na casa, aquí atoparedes libros, música, obras de teatro, manualidades, xogos, audiolibros, maxia, receitas...

E para continuar co noso proxecto ECO, BIO, SAN propoñemos receitas e hábitos saudables e ata un xogo con nutrientes! 


 Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego. Para todas as idades! Podes ler “Feliz Feroz, o lobiño riquiño”, “Fred Quincalla o nómade do mar”, “Vaia tropa” orixinal e divertido libro de poemas, e “Dragal IV. A estirpe do dragón”. Novas lecturas sen saír da casa!

https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/


 Neste blogue compártense libros e lecturas moi interesantes!! Visita moi recomendada!

http://redelectura.blogspot.com/


 Baía edicións está con nós na casa agasallándonos con varios libros que podemos ler en formato pdf. E para todas as idades! Dende os 4 anos ata maiores de 12. A desfrutar da lectura!

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


 En KalandraTV atoparás unha chea de contos contados!

http://www.kalandraka.tv/es/index.php


 Bruño abre a porta á lectura para que poidamos ler na casa e publica seis libros moooi chulos!! Botade un ollo porque paga a pena!

https://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164


 Para que non decaia o noso proxecto ECO, BIO, SAN nesta páxina atoparedes información nutricional, xogos, receitas fáciles e divertidas e con tarefas para que poidades axudar divididas por idades, actividades e moitas cousas máis! A cociñar!!

https://www.nutriplatonestle.es/


 

 E xa que este curso non puidemos visitar o Salón do Libro, pois temos un Salón virtual con: actividades, contos, vídeos, xogos, receitas, manualidades… A diversión esta asegurada!

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/


 E non podía faltar a música!! En Radio Picariña poderás escoitar unha morea de cancións, e as que ti escollas!!! Unha delicia para os oídos! Sube o volume e a desfrutar!!!

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina


 Nesta páxina atoparedes obras de teatro, maxia, manualidades, receitas, experimentos… Para os máis pequenos e tamén para as familias!  

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa


 Gústache a papiroflexia? Pois prepárate, porque nesta páxina o primeiro que farás será unha ra brincadora, pero este é o primeiro reto porque haberá máis…

https://www.gadis.es/noticia/papiroflexia-con-gadisencasa


 Nesta páxina de audiolibros poderás escoitar unha chea de títulos en varios idiomas! Pode ser unha boa forma de mellorar o teu inglés! Collede os vosos auriculares e dádelle ao play!

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21103929011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dbb_0-0

 


O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela proponnos uns obradoiros para o confinamento. O primeiro deles trata sobre os caracois! Moi interesante, botade un ollo!

http://www2.usc.es/museohn/today/Novidades-do-mhn/nova.html

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.