Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) Así nos foi nos primeiros días deste curso “tan diferente”. Queres saber como nos organizamos agora coa COVID?

Neste novo curso, a nosa clase non é como era outros anos, todo está cambiado por mor da COVID. Por esa razón agora moitas cousas non son como antes, pero agardamos poder voltar á normalidade o antes posible.

Ata entón, así é como temos organizada a nosa aula con tódolos protocolos hixiénico-sanitarios do protocolo COVID.

Temos que estar organizamos en equipos, pero como vedes moi separados uns dos outros, e non podemos cambiar nunca de equipo. Ademais o noso sitio e cadeira no equipo non podemos cambialo; si, xa sabemos que é "un rollo", pero agardamos que moi pronto poidamos voltar a normalidade de sempre.

 

Cada un de nós ten unha caixa co seu material, que non podemos compartir cos compañeiros e compañeiras. Estamos desexando poder voltar a usar o material común dentro de pouco, cando desapareza o coronavirus.

Para manter ó coronavirus a raia, lavamos as mans 5 veces ó día, alomenos durente 40 segundos.

Ás veces lavámolas con xabón e outras co "hidroxel", pero sempre limpando as palmas, o dorso e cada un dos dedos. Sen esquecernos da uñas por suposto.

Cada vez que lavamos as mans anotámolo nun rexistro, para comprobar que non nos esquecemos de ningunha das 5 veces.

Pese a todas estas normas tentamos que a vida na aula se pareza o máis posible a como era antes...

Continuamos a ler libros da biblioteca de aula, pero claro sen compartilos e deixándoos cando rematemos na "caixa de corentena do coronavirus", onde estarán ata o día seguinte.

 

Temos que facer o mesmo cando xogamos cos xoguetes ou outro material da aula, despois de empregalo cada un de nós (sen compartilo), deixámolo na caixa de corentena ata o día seguinte, cando voltamos a poñelos no seu sitio.

Cada día continuamos a facer as rutinas do encargado. Por quendas cada un de nos é o encargado, cuha chea de funcións por levar a cabo.

 

Anotar o día no "calendario online" (limpiando o EDI antes de despois de que o toque alguén), dándolle de comer ás nosas tartarugas, anotado quen falta e quen veu ó cole cada día, así como tempo que fai no rexistro do tempo...

Para poder "usar o calendario online", e outras moitas couss que están por chegar, precisamos ter os nosos carnets con código QR. Por iso adicamos algún tempo nestes días a facelos.

 

Tamén temos que desinfectar o teclado do ordenador antes e despois de usalo, ó final ata resulta divertido estar limpándoo todo ;)

 

Plastificamos os nosos carnets e xa estaban listos para ser usados...

 

... pero antes había que probar que funcionasen correctamente. 

 

Outra das cousas ás que lle adicamos algún tempo nestes días, foi a facer as nosas novas bandexas para merendar. Por certo, sabíades que na merenda tampouco podemos compartila nin tocar a dos outros?, cousas da COVID.

Cada quen escolleu no ordenador que imaxe quería imprimir, para recortala e pegarla na súa bandexa.

Despois de escribir o noso nome nas bandexas, decorámolas con pegatinas.

Tan só faltaba plastificalas para que quedasen listas para ser usadas.

Este curso temos que gardalas dentro da nosa caixa, posto que non poden "tocarse" unhas coas outras... de novo "cousas da COVID"

Tamén nos reencontramos co BEEBOT, un dos nosos robots, eso si mantendo tamén as medidas hixiénicas oportunas, limpándoo antes e despois de que o tocase alguén, e de un en un.

 

Ó longo das semanas iremos traballando con este e con tódolos demais robots que iremos descubrindo.

Cada día, antes de marchar para casa temos que limpar as mesas e as cadeiras... e claro, un baileciño de vez en cando, respectando a distancia de seguridade tampouco ben mal ;)

Nos vindeiros días continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula, pemanecede atentos a este blogue.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.